lunes, 8 de junio de 2015

OS XIRASOLES COÑECEMOS INDIANA BILL!

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS DO QUE É XA UNHA TRADICIÓN NO NOSO COLE: A EXCURSIÓN A INDIANA BILL. AÍNDA FOMOS O MÉRCORES E XA ESTAMOS DESEXANDO VOLVER... ESPERARAMOS IMPACIENTES AO PRÓXIMO ANO!

sábado, 6 de junio de 2015

OUTROS CADROS DE VAN GOGH DENDE OS NOSOS OLLOS

ESTE CURSO COÑECEMOS MOITAS COUSAS DE VAN GOGH. QUEREMOS AMOSARVOS TRES CADROS QUE TRABALLAMOS.

O PRIMEIRO DELES, "MALEZA CON DÚAS FIGURAS", ENCANTOUNOS XA QUE ESCOLLEMOS ENTRE TODOS FACELO E OS PASOS PARA QUE QUEDARA O MÁIS PARECIDO POSIBLE AO DE VAN GOGH.

DECIDIMOS USAR UNHA CARTOLINA VERDE, POIS ALGÚN XIRASOL PENSABA QUE NON FACÍA FALTA PINTALA SE XA EXISTÍA. DESPOIS DECATÁMONOS DE QUE TIÑA RAÍÑAS FACENDO A MALEZA E PENSAMOS QUE CON UN GARFO QUEDARÍA BEN. TAMÉN LLE PUXEMOS UNHA LIÑA NEGRA NA PARTE SUPERIOR, XA QUE NOS PARECÍA QUE ERA DE NOITE. PARA REMATAR PINTAMOS AS FLORES CO DEDO, PEGAMOSLLE AS ÁRBORES E ESCOLLEMOS PARELLAS PARA SACAR AS FOTOS. ESTE É O RESULTADO!


O SEGUINTE CADRO É "MELOCOTOEIRO EN FLOR". SAIMOS AO REDOR DO COLE A BUSCAR ÁRBORES QUE ESTABAN FLORECENDO. FIXÁMONOS EN COMO ERA O CADRO E COMPARÁMOLOS COAS ÁRBORES QUE ATOPAMOS. PINTAMOS O TRONCO CON CERA, DESPOIS CUN BASTONCIÑO AS FLORES E O CHAN CON ESPONXA.


PARA REMATAR DEIXÁMOSVOS UNHA FOTO DE "OS LIRIOS" QUE FIXEMOS CON ESPONXA, TALADROS DE FLOR E GOMETS.