UNHA DAS ÚLTIMAS EMOCIÓNS QUE TRABALLAMOS FOI O ASCO. ATOPAMOS MOITÍSIMAS COUSAS QUE NOS DAN ASCO E, Á VEZ, QUE NOS FAN RIR. FOI UNHA MESTURA DE SENTIMENTOS: SENTÍMONOS MOI CONTENTOS MENTRAS EXPERIMENTABAMOS CO ASCO.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO ONDE PENSAMOS NAQUELAS COUSAS QUE NOS DAN OU NOS PODERÍAN FACER SENTIR ESTA EMOCIÓN. TAMÉN FIXEMOS BLANDI BLUB CON MAICENA, FARIÑA E COLORANTE. A CONTINUACIÓN, DEIXÁMOSVOS TAMÉN UN ENLACE ONDE EXPLICAN VARIAS FORMAS DE FACELO CON INGREDIENTES QUE TEREDES NA CASA, POR SE VOS APETECE REPETIR.
REPRESENTÁMOLA COA COR VERDE OSCURA IGUAL QUE "ASCO" DA PELI "DEL REVÉS"
ESTE É O BLOG DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS DO CEIP REBOREDA. QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS ESTA ETAPA DE XOGOS, RISAS E IMAXINACIÓN! As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun comentario para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
sábado, 26 de marzo de 2016
miércoles, 16 de marzo de 2016
AS EMOCIÓNS: O MEDO!
ESTE É MEDO
OS XIRASOLES TIÑAMOS MOI CLARO AS COUSAS ÁS QUE LLE TIÑAMOS MEDO. SOMOS BASTANTE MEDROSOS/A E AS CARAS TIÑÁMOLAS BASTANTE PRACTICADAS. AMOSÁMOSVOLAS A CONTINUACIÓN XUNTO COS NOSOS DEBUXOS (QUE QUEDARON CHULÍSIMOS).
lunes, 7 de marzo de 2016
AS EMOCIÓNS: COÑECEMOS A IRA!
ESTE FOI O DÍA MÁIS ESPERADO. TODOS OS XIRASOLES ESTABAN DESEXANDO COÑECER A IRA E QUE FORA O DÍA DO ENFADO.
AS CARAS DE ENFADADOS/AS SAÍANNOS ESTUPENDAMENTE AÍNDA QUE DECIDIR QUE COUSAS ERAN AS QUE ENFADABAN A CADA UN DE NÓS CUSTOU UN POUCO. DESPOIS DE TANTO ENFADO, DECIDIMOS QUE, OUTRO DÍA, O MELLOR SERÍA TRABALLAR A CALMA.
domingo, 6 de marzo de 2016
AS EMOCIÓNS: A TRISTEZA
DESPOIS DA ALEGRÍA, NA CLASE DOS XIRASOLES, DECIDIMOS TRABALLAR A TRISTEZA. PRIMEIRO COÑECÉMOLA:
E DESPOIS PENSAMOS EN CANDO ESTÁ PRESENTE NAS NOSAS VIDAS. TAMÉN FALAMOS DE QUE FACEMOS E COMO POÑEMOS A CARA CANDO ESTAMOS TRISTES.
PARA FINALIZAR FIXEMOS O MURAL DA TRISTEZA.
E DESPOIS PENSAMOS EN CANDO ESTÁ PRESENTE NAS NOSAS VIDAS. TAMÉN FALAMOS DE QUE FACEMOS E COMO POÑEMOS A CARA CANDO ESTAMOS TRISTES.
PARA FINALIZAR FIXEMOS O MURAL DA TRISTEZA.
sábado, 5 de marzo de 2016
AS EMOCIÓNS: A ALEGRÍA!
OS XIRASOLES COMEZAMOS A TRABALLAR AS EMOCIÓNS, UN TEMA MOI IMPORTANTE NO PROXECTO DESTE ANO "EDUCANDO PARA UNHA VIDA SÁ".
ANALIZAMOS PRIMEIRO QUE SON AS EMOCIÓNS:
DESPOIS DECIDIMOS QUE COUSAS QUEREMOS SABER SOBRE AS EMOCIÓNS:
CADA DÍA CENTRÁMONOS NUNHA EMOCIÓN, COÑECÉMOLA, BAILÁMOLA, SENTÍMOLA E RECORDÁMOLA. COMEZAMOS, COMO NON ÍA SER MENOS, POLA ALEGRÍA, PARA CONTINUAR COA TRISTEZA, O ENFADO, O MEDO, O ASCO E, POR ÚLTIMO A CALMA. AQUÍ VOS PRESENTAMOS A ALEGRÍA (DA PELÍCULA "DEL REVÉS") E O QUE É PARA NÓS.
ANALIZAMOS PRIMEIRO QUE SON AS EMOCIÓNS:
DESPOIS DECIDIMOS QUE COUSAS QUEREMOS SABER SOBRE AS EMOCIÓNS:
- CANDO ESTAMOS TRISTES (NUNO E IVÁN)
- CANDO ESTAMOS CONTENTOS (IRIA E INÉS)
- QUE PODEMOS FACER PARA NON TER MEDO (ESTELA)
- CANDO NOS ENFADAMOS (JOEL E DAVID)
- COMO PODEMOS FACER PARA ESTAR TRANQUILOS (NUNO)
CADA DÍA CENTRÁMONOS NUNHA EMOCIÓN, COÑECÉMOLA, BAILÁMOLA, SENTÍMOLA E RECORDÁMOLA. COMEZAMOS, COMO NON ÍA SER MENOS, POLA ALEGRÍA, PARA CONTINUAR COA TRISTEZA, O ENFADO, O MEDO, O ASCO E, POR ÚLTIMO A CALMA. AQUÍ VOS PRESENTAMOS A ALEGRÍA (DA PELÍCULA "DEL REVÉS") E O QUE É PARA NÓS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)