lunes, 30 de mayo de 2016

O NOSO CENTRO MÉDICO

DENTRO DO PROXECTO DESTE ANO, "EDUCANDO PARA UNHA VIDA SÁ", NESTE ÚLTIMO TRIMESTRE, ESTAMOS A TRABALLAR O NOSO PROPIO CORPO.

COMO VIÑERON A MAMÁ DE ANDREA E O PAPÁ DE JAUME E VICENT, QUE SON ENFERMEIRA E MÉDICO, DECIDIMOS CREAR NA CLASE O NOSO PROPIO RECUNCHO DO CENTRO MÉDICO. AS FAMILIAS DE CADA XIRASOL PUXERON O SEU GRAN DE AREA, ENVIANDONOS MATERIAL, PARA QUE NOS QUEDARA CHULÍSIMO E O DISFRUTARAMOS TANTO.

 A CONTINUACIÓN VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS DA VISITA E DO NOSO NOVO RECUNCHO.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox

viernes, 27 de mayo de 2016

O NOSO SEGUNDO ANO EN INDIANA BILL

COMO XA É TRADICIÓN, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, FOMOS DE EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A INDIANA BILL. É A NOSA SAÍDA PREFERIDA E LEVABAMOS TODO O CURSO Á ESPERA...


domingo, 22 de mayo de 2016

ALMORZAMOS NO COLE

COMO XA CONTAMOS ANTERIORMENTE, TEMOS UN TRASNO NA NOSA CLASE, UN TRASNO AO QUE LLE ENCANTA COMER. CADA SEMANA UN DE NÓS É O ENCARGADO DE LEVALO PARA CASA, COIDALO E DARLLE MOI BEN DE COMER SE NON QUERE QUE O TRASNO FAGA DAS SÚAS... TAMÉN, CANDO O TRAEMOS DE VOLTA, COMPARTIMOS UN ALIMENTO COS COMPAÑEIROS. NESTA OCASIÓN, IMOS AMOSAR O QUE DECIMOS FACER COA CESTA DO TRASNO QUE TROUXO DAVID E QUE VIÑA CARGADIÑA DE CEREALES. DESPOIS DE DARLLE VOLTAS, DECIDIMOS ALMORZAR NO COLE.


viernes, 20 de mayo de 2016

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

OUTRO ANO MÁIS, NO COLE, CELEBRAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. ESTE ANO O AUTOR HOMENAXEADO FOI MANUEL MARÍA.

COMEZAMOS A SEMANA CO IZADO DE BANDEIRAS, UNHAS PEQUENAS LECTURAS DOS MAIORES DO COLE E CANTANDO O HIMNO GALEGO.

TAMÉN XOGAMOS, NO DÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS QUE, DENDE FAI TRES CURSOS, SON SOLIDARIOS. ESTE ANO A CAMPAÑA FOI DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS. AO REMATAR AGASALLÁRONNOS CON UN CONTO PARA A NOSA CLASE.

POR ÚLTIMO, ACUDIMOS AOS TÍTERES A REDONDELA. AOBRA QUE DISFRUTAMOS FOI "LUPPO" DE BAOBAB TEATRO. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS DESTES DÍAS.