lunes, 27 de febrero de 2017

SAÍDA AO MUNCYT E AO ACUARIO

O 15 DE FEBREIRO OS XIRASOLES XUNTO COS APOLOS, OS CHOQUETES E OS NENOS DE QUINTO E SEXTO VISITAMOS A CIDADE DE A CORUÑA.  O CAMIÑO FOI UN POUCO LONGO PERO O PASAMOS TAN BEN QUE VALEU A PENA.

AO CHEGAR VISITAMOS O MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA ONDE FIXEMOS UN ´HELICÓPTERO DE PAPEL E VISITAMOS UN AVIÓN DE VERDADE, COÑECEMOS A DOUS ROBOTS E EXPLORAMOS O FUNCIONAMENTO DE UNHA LUZ DE UN FARO.

DESPOIS DE COMER FOMOS AO ACUARIO ONDE COÑECEMOS A UN TIBURÓN CHAMADO GASTÓN, FOCAS, DISTINTOS PEIXES, TOCAMOS A PEL DE TIBURÓNS E MOITAS COUSAS MÁIS QUE VOS AMOSAMOS A CONTINUACIÓN.

DESPOIS DE TANTA VISITA DESCANSAMOS NO PARQUE DE SAN PEDRO.


sábado, 25 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017

REMATOU O ENTROIDO NO COLE QUE ESTE ANO SE ENCHEU DE SUPERHEROES.

 O MECO NON SE ESQUECEU DE NÓS E TAMÉN NOS DEIXOU MOITAS TARDEFAS PARA A SEMANA: VIR CON CAPA, CON UN ZAPATO DE CADA, DE ROSALÍA DE CASTRO E EN PIXAMA...

O VENRES, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESCOLLEMOS A LADY BUG E CHAT NOIR PARA OS NOSOS DISFRACES. COMO SEMPRE, AS FAMILIAS NOS AXUDARON A ELABORALOS E A ANPA NOS REPARTIU ORELLAS PARA MERENDAR. DESPOIS SAIMOS A DAR UN PASEO POR REBOREDA E CONTINUAMOS A FESTA NO COLE.

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS NOSAS FOTIÑOS:


domingo, 19 de febrero de 2017

A VISITA DE DÚAS SUPERMAMÁS!

A SEMANA PASADA VISITÁRONNOS MAR (MAMÁ DE MATEO PEREIRA) E NURIA (MAMÁ DE MATEO AMOEDO) PARA AMOSARNOS OS SEUS PODERES.

A MAMÁ DE MATEO P. NOS ENSINOU COMO PLANTAR DIFERENTES TIPOS DE PLANTAS E TAMÉN A DECORAR AS NOSAS MACETAS CUNHA GRAN VARIEDADE DE MATERIAIS.

A MAMÁ DE MATEO A. NOS ENSINOU COMO FACER UN BAÑO CUN PROGRAMA DE ORDENADOR E DESPOIS NOS REGALOU UNHAS DUCHAS MOI ESPECIALES QUE NOS ENCANTARON.

VOS MOSTRAMOS TODO NOS SEGUINTES VÍDEOS:




GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN! O PASAMOS XENIAL!