HOXE SEGUIMOS CELEBRANDO O SAMAÍN NO COLE. O MÉRCORES, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL MESTURÁMONOS E FIXEMOS OBRADOIROS. HOXE CONTINUAMOS CO SAMAÍN, VIÑEMOS MOOOI TERRORÍFICOS AO COLE, CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE SETEMBRO (NAZARET) E OUTUBRO (BREO) E TAMÉN, DESPOIS DO PATIO, COMEMOS CASTAÑAS NO MAGOSTO. VOS DEIXAMOS UN RESUMO DESTE DÍA TAN COMPLETO. ESPERAMOS QUE O DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS!
ESTE É O BLOG DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS DO CEIP REBOREDA. QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS ESTA ETAPA DE XOGOS, RISAS E IMAXINACIÓN! As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun comentario para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
viernes, 2 de noviembre de 2018
miércoles, 31 de octubre de 2018
OBRADOIROS DE SAMAÍN
PARA CELEBRAR O SAMAÍN, COMO EN ANOS ANTERIORES, FIXEMOS UNS OBRADOIROS MOI DIVERTIDOS. NA CLASE DO PROFE ESTEBAN PROXECTÁBANSE CURTAS DE SAMAÍN E ADEMAIS HABÍA MAQUILLAXE TERRORÍFICO! NA CLASE DA PROFE ROSA CONTACONTOS DE MEDO E NA NOSA UN OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE ANTIFACES.
FIXEMOS TRES EQUIPOS NOS QUE ESTABAN NEN@S DAS TRES IDADES MESTURADOS E ROTAMOS POLOS DIFERENTES OBRADOIROS. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DO TALLER DE ANTIFACES E MÁIS ABAIXO UNHAS FOTOS DO GUAP@S QUE QUEDAMOS MAQUILLAD@S.
jueves, 18 de octubre de 2018
FACEMOS CHULAS DE CABAZA COS NEN@S DE 2º!
POLO SAMAÍN NON PODEN FALTAR AS CHULAS DE CABAZA! ESTE ANO, NO HORTO DO COLE, MEDRARON MOITAS CABAZAS QUE PLATAMOS A FINAIS DO CURSO PASADO. OS NEN@S DE 2º FIXERON CHULAS E CREMA E CONVIDÁRONNOS A PREPARAR AS CHULAS CON ELES!
AO PRINCIPIO MOITOS DE NÓS NON QUERIAMOS PROBALAS... PERO FINALMENTE NON QUEDOU NINGUNHA CHULA! ENCANTÁRONNOS!
AO PRINCIPIO MOITOS DE NÓS NON QUERIAMOS PROBALAS... PERO FINALMENTE NON QUEDOU NINGUNHA CHULA! ENCANTÁRONNOS!
GRACIAS Á PROFE MARTINA E AOS NENOS DE 2ºA POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS E DEIXARNOS PARTICIPAR!
sábado, 6 de octubre de 2018
LECTURA SILENCIOSA NA BIBLIOTECA DE REDONDELA
ESTE XOVES COMEZAMOS COA LECTURA SILENCIOSA QUE FACEMOS TODOS OS XOVES E VENRES DURANTE O CURSO. PARA INAGURALA, BAIXAMOS Á BIBLIOTECA A REDONDELA CAMIÑANDO E ALÍ LEMOS COAS FAMILIAS. VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS! GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
domingo, 30 de septiembre de 2018
TOMA DE CONTACTO!
AQUÍ VOS AMOSAMOS UNHAS FOTOS DESTE NOVO CURSO QUE COMEZOU! ESTAMOS NOS RECUNCHOS E NO PATIO CO BO TEMPO QUE NOS ACOMPAÑOU!
jueves, 31 de mayo de 2018
AS CURUXAS EN INDIANA BILL
A SAÍDA A INDIANA BILL É UN CLÁSICO NO NOSO COLE. AS CURUXAS ESTABAMOS DESEXANDO COÑECER O PARQUE.
COMO SEMPRE, NON NOS DEFRAUDOU PASÁMOLO XENIAL!!!
COMO SEMPRE, NON NOS DEFRAUDOU PASÁMOLO XENIAL!!!
sábado, 28 de abril de 2018
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
DURANTE TODA A SEMANA DO 23 DE ABRIL REALIZAMOS DIFERENTES ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO.
PRIMEIRO AS NENAS DE 6ºA ESCENIFICARON O CONTO "O MONSTRO DAS CORES" E CANTÁRONNOS A SÚA CANCIÓN. ADEMAIS OS CONTOS DA BIBLIOTECA ESTENDÉRONSE POR TODO O COLE E DISFRUTAMOS DELES EN CADA RECUNCHO.
POR ÚLTIMO TIVEMOS DÚAS LECTURAS SILENCIOSAS MOI ESPECIAIS: O XOVES AO AIRE LIBRE E O VENRES COAS FAMILIAS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS DESTES DÍAS!
PRIMEIRO AS NENAS DE 6ºA ESCENIFICARON O CONTO "O MONSTRO DAS CORES" E CANTÁRONNOS A SÚA CANCIÓN. ADEMAIS OS CONTOS DA BIBLIOTECA ESTENDÉRONSE POR TODO O COLE E DISFRUTAMOS DELES EN CADA RECUNCHO.
POR ÚLTIMO TIVEMOS DÚAS LECTURAS SILENCIOSAS MOI ESPECIAIS: O XOVES AO AIRE LIBRE E O VENRES COAS FAMILIAS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS DESTES DÍAS!
sábado, 14 de abril de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)