viernes, 10 de diciembre de 2021

DÍA 4 NA CASA!

MOI BOS DÍAS BALEAS!!!! 

  COMO ESTADES?? ESPERO QUE BEN!!! 

 HOXE CHEGOU A SORPRESA DE TEDI!!! ESTÁ MOI MOI CONTENTO PORQUE CADA DÍA ESTAMOS MÁIS CERCA DE VOLVER AO COLE PERO ANTES... COMO VOS BOTA MOITO DE MENOS, DECIDIU ENVIARNOS ESTA MENSAXE!!!! 

 


 AQUÍ VOS DEIXO O CONTO DE TEDI! QUE ADEMAIS, CANDO VOLVAMOS, ÍMOLO TER NA BIBLIOTECA DE CLASE.


TEDI COLLEUNO PRESTADO DA BIBLIO DO COLE, ACORDÁDESVOS A PRIMEIRA VEZ QUE FOMOS A NOVA BIBLIOTECA?? COMPÁRTOVOS UNHAS FOTOS PARA REFRESCAR A MEMORIA!


 E TAMÉN VOS DEIXO TAREFAS MOI FÁCILES PARA HOXE! ESPERO QUE VOS GUSTEN! VOLVEN SER DE NADAL!

Puzzle navidad, una ficha interactiva de aida_oitaven
liveworksheets.com

 

TAMÉN VOS RECORDO A RECETA DE NEVE QUE FIXEMOS O ANO PASADO, POR SE NA FIN DE SEMANA, APETÉCEVOS FACELA!

 
 
 
QUE TEÑADES  UNHA FIN DE SEMANA ESTUPENDA!!!
BÓTOVOS MOITO DE MENOS!!!
💗

jueves, 9 de diciembre de 2021

DÍA 3 DE COLE NA CASA!

 MOI BOS DÍAS BALEAS!!!!!

ESPERO QUE ESTEDES TODOS E TODAS MOI BEN!!!! EU BÓTOVOS MOITO DE MENOS E TEDI TAMÉN! TANTO QUE ME ENVIOU ALGUNHAS ACTIVIDADES PARA VÓS... E DÍXOME QUE SE AS FACIAMOS BEN MAÑÁ TERÍA UNHA SORPRESA!

XA QUEDA MOI POUCO PARA VOLVER AO COLE E SEGUIR CO NOSO CALENDARIO DE CASIÑAS QUE SEGUE AGARDANDO CON MOITAS SORPRESAS!!!!

 HOXE AS ACTIVIDADES SON DE NADAL. PRIMEIRO DÉIXOVOS UNHAS CANCIÓNS:


 

 

E TAMÉN ALGUNHAS ACTIVIDADES:



Navidad, una ficha interactiva de aida_oitaven
liveworksheets.com
 
Cuentanavideño, una ficha interactiva de AuroMG
liveworksheets.com
 
 

 
REMATAMOS CUN CONTO! 

 QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO BALEAS!!!!! 💓

lunes, 6 de diciembre de 2021

DÍA 2 (DE COLE) NA CASA

 MOI BOS DÍAS BALEAS!!!!

QUE TAL ESTADES??? SUPOÑO QUE CON MOITAS GANAS DE XOGAR NOS RECANTOS E DE VER A TEDI... QUE NOS ESTARÁ ESPERANDO CON MOITAS SORPRESAS!! TEMOS QUE TER UN POUQUIÑO DE PACIENCIA PERO PRONTO VOLVEREMOS😊

DEIXOVOS TRABALLIÑOS PARA HOXE:

- UNHAS ACTIVIDADES DE REPASO DOS PALEONTÓLOGOS.

- UN CONTO MOI ESPECIAL DE ANIMAIS RAROS E, MOITOS DELES, EN PERIGO POR CULPA DOS HUMANOS.

TÍTULO: HOLA, HOLA. ANIMALES PARA CONOCER Y PROTEGER
AUTOR: BRENDAN WENZEL
EDITORIAL EL PIRATA

- UNHA PROPOSTA PARA CREAR OS VOSO ANIMAIS A PARTIR DAS PEGADAS DOS VOSOS DEDOS.


Paleontólogos, una ficha interactiva de aida_oitaven
liveworksheets.com



 
 
SE QUEREDES COÑECER OS NOMES DOS ANIMAIS DO CONTO DÉIXOVOLOS A CONTINUACIÓN:





 
PROPOSTA DE ANIMAIS COS DEDOS:


QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO BALEAS!!!!

viernes, 3 de diciembre de 2021

DÍA 1 NA CASA!

 BOS DÍAS BALEAS!!!!

DÉIXOVOS UNHAS ACTIVIDADES DE REPASO SOBRE OS DINOSAUROS:


TAMÉN VOS DEIXO UN ENLACE AO CONTO A VIAXE DAS BOLBORETAS 👉AQUÍ

QUE TEÑADES MOI BO DÍA!

UN BICO ENORME!

sábado, 27 de noviembre de 2021

ASÍ CELEBRAMOS O 25 N AS BALEAS!

BOAS FAMILIAS!!!!

ETE 25 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO RESUMO DE TODO O QUE FIXEMOS!

💜ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!💜



sábado, 30 de octubre de 2021

SAMAÍN

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O SAMAÍN AO GRANDE! 

LEMOS MOITOS CONTOS RELACIONADOS COA TEMÁTICA 

(PREME NA IMAXE PARA VER TODOS OS CONTOS) 


 DECORAMOS UNHA CABAZA ENORME:


E TAMÉN TROUXEMOS CADANSÚA CABAZA DA CASA


FIXEMOS MERENDAS TERRORÍFICAS


DISFRAZÁMONOS 










E VISIONAMOS CURTAS DE MEDO!!! 

PASÁMOLO MOI MOI BEN! 

FOI UNHA SEMANA FANTÁSTICA!!!!

GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!

viernes, 29 de octubre de 2021

MAGOSTO NO COLE

O XOVES CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLE. FIXEMOS UN BOTE PARAS AS CASTAÑAS E DESFRUTAMOS DO DÍA FACENDO UN PÍCNIC CON ROSQUILLAS (AGASALLO DA ANPA) E CASTAÑAS. DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DESTE DÍA!



miércoles, 20 de octubre de 2021

CABAZAS PERSONALIZADAS

PRACTICAMOS COAS TESOIRAS E FIXEMOS CADANSÚA CABAZA PERSONALIZADA: CON DENTES, SEN DENTES, FELICES, ASUSTADAS, GRANDES, PEQUENAS... DESPOIS DECORAMOS A NOSA PORTA CON ELAS.



martes, 19 de octubre de 2021

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

 ESTE MES ESTIVERON DE ANIVERSARIO GAEL E ENZO V!

DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTIÑOS DOS SEUS DÍAS!








 

 










viernes, 15 de octubre de 2021

O DINOUTONO DAS BALEAS

CHEGOU O OUTONO A AULA DAS BALEAS E QUIXEMOS RELACIONALO CO NOSO PROXECTO: OS DINOSAURIOS. 

CON ESTES DOUS ELEMENTOS CREAMOS CADANSÚA OBRA FACENDO LIÑAS HORIZONTAIS COAS CORES DO OUTONO AO QUE, FINALMENTE, PÉGAMOSLLE UNHA SOMBRA DE DINOSAURIO. FIXÉMOLO NUNHA MESA REDONDA, FOMOS MOVENDO O NOSO PAPEL EN SENTIDO CIRCULAR E PASANDO POR TODAS AS CORES.

QUEDARON MOI BONITAS POLO QUE LLE PUXEMOS UN TÍTULO (DINOUTONO, IDEA DE ROQUE) E COLOCÁMOLAS NO CORREDOR.



 

jueves, 14 de octubre de 2021

PLANETARIO

HOXE TIVEMOS A VISITA DUN PLANETARIO NO COLE. ENCANTOUNOS E APRENDEMOS MOITAS COUSAS DAS ESTRELAS, DA LÚA, DOS PLANETAS...

COMPARTIMOS UN VÍDEO DE ALGÚNS ANACOS DESTA VISITA!




miércoles, 13 de octubre de 2021

VOLCÁNS NO PATIO

NA CLASE FALAMOS MOITO DO VOLCÁN DA PALMA E TAMÉN, CO PROXECTO DOS DINOSAURIOS, DE COMO DESAPARECERON ESTES, POLO QUE NOS PARECEU BOA IDEA FACER ESTE EXPERIMENTO. 

EN EQUIPOS FIXEMOS VOLCÁNS AOS QUE LLE METEMOS UNHA TAZA CON BICARBONATO. CADA EQUIPO TIÑA OUTRA CON VINAGRE QUE MESTURARON E... PODEDES VER NO VÍDEO O QUE OCORREU!



domingo, 10 de octubre de 2021

PRIMEIROS DÍAS DE COLE NA CLASE DAS BALEAS

COMPARTIMOS ALGUNAS FOTOS DOS PRIMEIROS DÍAS DE COLE.

AS FOTOS DO PRINCIPIO SON DO DÍA QUE COMEZAMOS ESTE NOVO CURSO. DESPOIS TEMOS DOS PATIOS, DOS RECANTOS E DA PRIMEIRA SESIÓN DE LUZ NEGRA.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO VOLVER A VERNOS!

lunes, 27 de septiembre de 2021

OS MANISAURIOS DAS BALEAS!!!

SE QUEREDES SABER COMO FIXEMOS ESTES SIMPÁTICOS DINOSAURIOS COAS MANS... ESPERADE AO FINAL DO VÍDEO!

viernes, 17 de septiembre de 2021

ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO

EN SETEMBRO ESTIVEMOS DE CELEBRACIÓN: ADEMAIS DE FACER OS ANIVERSARIOS DE DARÍO, ÁNGEL E SABELA (QUE ESTIVERON EN SETEMBRO DE CUMPLE) CELEBRAMOS TAMÉN O DE DYLAN E ALICIA QUE ESTIVERON NO MES DE AGOSTO.

FIXEMOS O NOSO "RITUAL" HABITUAL DE CANTAR, SOPRAR AS VELAS E DAR AS VOLTIÑAS AO SOL PERO, DESTA VEZ, ADEMAIS TOMAMOS FLOCOS DE MILLO E FIXEMOS UNHA MINI SESIÓN DE CINE.

DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS FOTIÑOS!



 
 







 


domingo, 23 de mayo de 2021

EXPOSICIÓN NO COLE!

 O MÉRCORES TIVEMOS NO COLE A EXPOSICIÓN DOS NOSOS TRABALLOS REALIZADOS NO SEGUNDO TRIMESTRE. ESTE CURSO AS CONDICIÓNS NON NOS PERMITIRON FACER A FEIRA DOS CURSOS ANTERIORES, POLO QUE, DENDE O CENTRO ORGANIZOUSE UNHA EXPOSICIÓN. TODOS OS TRABALLIÑOS SEGUEN A TEMÁTICA DO PROXECTO DO CENTRO: O CAMBIO CLIMÁTICO.

O NOSO É SOBRE OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA. COMPARTIMOS TRES VÍDEOS: 

- O PRIMEIRO DE COMO ELABORAMOS O MURAL

- O SEGUNDO DO MODELADO E PINTADO DOS ANIMAIS 

- O ÚLTIMO DA EXPOSICIÓN. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE AQUELES QUE NON PUIDERON VIR, QUE O DESFRUTEN EN VÍDEO.




miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NO COLE. CADA CLASE FIXO UN VÍDEO CANTANDO, RECITANDO, RAPEANDO... A ROSALÍA. COMPARTIMOS O NOSO VÍDEO E SE QUEREDES VER O RESTO PODEDES FACELO NO BLOG DA BIBLIOTECA, NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://biblioblogreboreda.blogspot.com/2021/02/dia-de-rosalia.html

 



domingo, 14 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO!

 BO DÍA!!!!

COMPARTIMOS UN VÍDEO QUE RESUME A NOSA SEMANA DE ENTROIDO: ORDES DO MECO, DISFRACES, MAXIA, ORELLAS E MÚSICA!



viernes, 12 de febrero de 2021

RETRATOS DE E NTROIDO

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO VOCABULARIO DE COMPLEMENTOS DO ENTROIDO. CHEGOU A HORA DE MANIPULAR E COLOCARNOS AQUELES QUE MÁIS NOS GUSTAN, PINTARNOS PERRUCA E AGOCHARNOS DETRÁS DE GAFAS E BIGOTES...

IGUAL NIN NOS COÑECEDES!!!!



jueves, 11 de febrero de 2021

XOGO DE ANTEFACES!

ESTA SEMANA ESTAMOS XOGANDO E APRENDENDO MOITAS COUSAS DO ENTROIDO. NOS EQUIPOS ESTAMOS FACENDO DISTINTOS XOGOS. HOXE ESTIVEMOS BUSCANDO AS METADES DOS ANTEFACES. DEIXAMOS O ENLACE DO XOGO POR SE O QUEREDES USAR NA CASA😊

👉PREME ENRIBA DA FOTO PARA DESCARGALO:


 


lunes, 8 de febrero de 2021

IMPRIMIBLES DE ENTROIDO

HOXE NA CLASE ESTIVEMOS RECORDANDO PALABRAS DE ENTROIDO E COÑECENDO OUTRAS NOVAS. FIXÉMOLO A TRAVÉS DE TARXETAS DE IMAXES. COMPÁRTOAS POR SE PODEN SER DE UTILIDADE PARA ALGUÉN MÁIS.

👉PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER AO PDF

MOI BO DÍA!

miércoles, 3 de febrero de 2021

MOI BO DÍA BALEAS!!!!!! (DÍA 4)

👐 BO DÍA BALEAS!!!!

COMO ESTAMOS? ESPERO QUE MOI BEN E CON MOITAS GANAS DE VOLVER AO COLE. A VER SE MAÑÁ PODEMOS VERNOS DE NOVO!!!! 

COMEZAMOS O DÍA CUNHA CANCIÓN DIFERENTE, XA QUE HOXE TEMOS DE ANIVERSARIO A ÁLEX!!!!!!! MAÑÁ SE ESTAMOS NO COLE FAREMOS A COROA E DARÁ AS SÚAS VOLTIÑAS AO SOL... XA VAN CATRO!!!!!!!





 HOXE IMOS A CANTARLLE CADA UN DENDE A NOSA CASA PARA QUE LLE CHEGUE O NOSO CARIÑO A DISTANCIA 💕 E QUE SOPLE VIRTUALMENTE A TARTA DO CATRO!

 
 

PARA O DÍA DE HOXE TEMOS DÚAS TAREFAS: VER UN CONTO E FACER UN DEBUXO E UN XOGO DE PREGUNTAS.

O CONTO É CHOCOLATA


 E O XOGO DE PREGUNTAS PARA PENSAR 👇 TÉÑENVOS QUE LER AS PREGUNTAS MAMÁ, PAPÁ, AVÓ, AVOA, IRMÁ... ESPERO QUE VOS GUSTE!

 

 

QUE TEÑADES UN DÍA FANTÁSTICO!!! E QUE MAÑÁ POIDAMOS SAUDARNOS EN PERSOA E NON POR UNHA PANTALLA! 

UN BICO ENORME

martes, 2 de febrero de 2021

BO DÍA BALEAS! (DÍA 3)

 MOI BOS DÍAS BALEAS!!!

COMO ESTADES?? ESPERO QUE BEN E CON GANAS DE VOLVER AO COLE!!!!

ESCOITAMOS OS BOS DÍAS!!!

E OS DÍAS DA SEMANA


HOXE IMOS XOGAR COAS BALEAS. PRIMEIRO FACEMOS SERIES:

Series, an interactive worksheet by aida_oitaven
liveworksheets.com
 
AGORA ESCOITAMOS A CANCIÓN DO CONTO LA BALLENA LLENA E DESPOIS FACEMOS A ACTIVIDADE: QUE TEN A BALEA NA BARRIGA?
 

 
La ballena llena, an interactive worksheet by aida_oitaven
liveworksheets.com
 
ESPERO QUE PRONTO POIDAMOS SEGUIR NO COLE...
UN BICO ENORME BALEAS!!!!! 

lunes, 1 de febrero de 2021

BO DÍA BALEAS! (DÍA 2)

 MOI BO DÍA!!!! ESPERO QUE SIGADES TOD@S BEN!!! 

IMOS COMEZAR CANTANDO, COMO NO COLE. DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN DOS BOS DÍAS E A DO DINOSAURIO (QUE SEMPRE PIDE HUGO😉) DOS DÍAS DA SEMANA.


SE TENDES PAPEL E LÁPICES OU CERAS PODEDES DEBUXAR O VOSO MONIGOTE E POÑERLLE O NOME, COMO FAI O ENCARGADO NO COLE.


SEGUIMOS TRABALLANDO AS VOGAIS, NESTE CASO TEMOS QUE IDENTIFICALAS E COLOCALAS ENRIBA DA QUE É IGUAL:

Las vocales, an interactive worksheet by SoniaAyL
liveworksheets.com
 
OUTRA ACTIVIDADES ALGO MÁIS DIFÍCIL: ESCOLLEMOS QUE PALABRAS COMEZAN POLA LETRA A??? (LETRA DE ALÉN, ALICIA, ÁLEX, ÁNGEL E AIDA) 
 
Letra a, an interactive worksheet by michuk
liveworksheets.com
 
POR ÚLTIMO UNHA DE NÚMEROS FACILIÑA: UNE O NÚMERO COA CANTIDADE. 
 
 
Número y cantidad, an interactive worksheet by Laura1920Rut
liveworksheets.com
 

RECORDADE QUE SE QUEREDES VER CONTOS OU ESCOITAR MÚSICA (QUE ESCOITAMOS NO COLE) PODEDES IR AO CAIXÓN DO LADO DEREITO. 

QUE TEÑADES UN DÍA FANTÁSTICO E QUE PRONTO NOS VOLVAMOS VER NO COLE! 

💗UN BICO ENORME BALEAS!💗

viernes, 29 de enero de 2021

MOI BO DÍA BALEAS!

MOI BO DÍA BALEAS!!!

HOXE COMEZAMOS O DÍA DUN XEITO DIFERENTE... COMO TODOS OS DÍAS NA ASEMBLEA, NON FALAMOS DO SONO QUE TEMOS  E DO BEN QUE ESTABAMOS NA CAMIÑA... XA QUE HOXE PUDEMOS DURMIR UN POUQUIÑO MÁIS.

ESPERO QUE TOD@S ESTEDES MOI BEN😊

HOXE CELEBRARIAMOS O DÍA DA PAZ NO COLE, POLO QUE IMOS COMPARTIR A CANCIÓN QUE OS NOSOS COMPAÑEIROS VAN A CANTAR E TAMÉN UN CONTO QUE SE TITULA "A GUERRA DOS NÚMEROS" PARA COÑECER COMO OS NÚMEROS POIDERON VIVIR EN PAZ!

ESTE CONTO É MOI ESPECIAL, XA QUE O PREPARARON TRES NENAS DO COLE PARA OS NENOS E NENAS DE INFANTIL 💕. UNHA DESTAS NENAS SEGURO QUE VOS RESULTA COÑECIDA... SOBRE TODO A IRENE CASTRO! 

É UNHA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA BIBLIOTECA E QUE IMOS REPETIR AO LONGO DO CURSO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
 


 COMO NON ESTAMOS NO COLE PARA CANTAR A CANCIÓN DA PAZ, PREPAREI ESTE VÍDEO E PODER SENTIRNOS O MÁIS CERQUIÑA POSIBLE! 

 
 

FINALMENTE COMPARTO UN XOGO PARA ESCOLLER O NOME VOSO E DOS COMPAÑEIROS/AS. TENDES QUE CLICAR NO NOME CORRECTO, AO FINAL PODEDES VER CANTOS ACERTOS TENDES. VAI EN TRES ENLACES XA QUE SOMOS MOITOS E NON COLLÍAN TODOS NO MESMO.


 
 
 
 
Os nosos nomes 3, an interactive worksheet by aida_oitaven
liveworksheets.com
 
QUE TEÑADES UN DÍA FANTÁSTICO NAS VOSAS CASAS! 
DESFRUTADE DA FAMILIA
UN BICO ENORME
💕 

sábado, 23 de enero de 2021

FOLERPAS CON SAL

 VOLVEMOS DAS VACACIÓNS CON MOOITO FRÍO PERO TAMÉN CON MOITAS GANAS!!!! 

ADEMAIS DE SEGUIR TRABALLANDO NO PROXECTO DAS BALEAS, COMEZAMOS TAMÉN CON ACTIVIDADES DO INVERNO. ESTREÁMONOS CON ESTAS FOLERPAS DE SAL. NO VÍDEO EXPLICAMOS O PROCESO DE COMO AS FIXEMOS!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!



jueves, 21 de enero de 2021

DESPEDÍMONOS DA PROFE IRIA

Hoxe despedímonos da profe Iria! Fixémolo con moita tristeza porque ímola botar moito de menos, pero tamén moi agradecid@s de coñecela e desfrutala estes meses!

Gracias por axudarnos, acompañarnos, ensinarnos e querernos! 

Un anaquiño do corazón das Baleas sempre estará reservado para ti💕

Ata sempre profe Iria!