miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NO COLE. CADA CLASE FIXO UN VÍDEO CANTANDO, RECITANDO, RAPEANDO... A ROSALÍA. COMPARTIMOS O NOSO VÍDEO E SE QUEREDES VER O RESTO PODEDES FACELO NO BLOG DA BIBLIOTECA, NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://biblioblogreboreda.blogspot.com/2021/02/dia-de-rosalia.html

 



domingo, 14 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO!

 BO DÍA!!!!

COMPARTIMOS UN VÍDEO QUE RESUME A NOSA SEMANA DE ENTROIDO: ORDES DO MECO, DISFRACES, MAXIA, ORELLAS E MÚSICA!



viernes, 12 de febrero de 2021

RETRATOS DE E NTROIDO

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO VOCABULARIO DE COMPLEMENTOS DO ENTROIDO. CHEGOU A HORA DE MANIPULAR E COLOCARNOS AQUELES QUE MÁIS NOS GUSTAN, PINTARNOS PERRUCA E AGOCHARNOS DETRÁS DE GAFAS E BIGOTES...

IGUAL NIN NOS COÑECEDES!!!!



jueves, 11 de febrero de 2021

XOGO DE ANTEFACES!

ESTA SEMANA ESTAMOS XOGANDO E APRENDENDO MOITAS COUSAS DO ENTROIDO. NOS EQUIPOS ESTAMOS FACENDO DISTINTOS XOGOS. HOXE ESTIVEMOS BUSCANDO AS METADES DOS ANTEFACES. DEIXAMOS O ENLACE DO XOGO POR SE O QUEREDES USAR NA CASA😊

👉PREME ENRIBA DA FOTO PARA DESCARGALO:


 


lunes, 8 de febrero de 2021

IMPRIMIBLES DE ENTROIDO

HOXE NA CLASE ESTIVEMOS RECORDANDO PALABRAS DE ENTROIDO E COÑECENDO OUTRAS NOVAS. FIXÉMOLO A TRAVÉS DE TARXETAS DE IMAXES. COMPÁRTOAS POR SE PODEN SER DE UTILIDADE PARA ALGUÉN MÁIS.

👉PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER AO PDF

MOI BO DÍA!

miércoles, 3 de febrero de 2021

MOI BO DÍA BALEAS!!!!!! (DÍA 4)

👐 BO DÍA BALEAS!!!!

COMO ESTAMOS? ESPERO QUE MOI BEN E CON MOITAS GANAS DE VOLVER AO COLE. A VER SE MAÑÁ PODEMOS VERNOS DE NOVO!!!! 

COMEZAMOS O DÍA CUNHA CANCIÓN DIFERENTE, XA QUE HOXE TEMOS DE ANIVERSARIO A ÁLEX!!!!!!! MAÑÁ SE ESTAMOS NO COLE FAREMOS A COROA E DARÁ AS SÚAS VOLTIÑAS AO SOL... XA VAN CATRO!!!!!!!





 HOXE IMOS A CANTARLLE CADA UN DENDE A NOSA CASA PARA QUE LLE CHEGUE O NOSO CARIÑO A DISTANCIA 💕 E QUE SOPLE VIRTUALMENTE A TARTA DO CATRO!

 
 

PARA O DÍA DE HOXE TEMOS DÚAS TAREFAS: VER UN CONTO E FACER UN DEBUXO E UN XOGO DE PREGUNTAS.

O CONTO É CHOCOLATA


 E O XOGO DE PREGUNTAS PARA PENSAR 👇 TÉÑENVOS QUE LER AS PREGUNTAS MAMÁ, PAPÁ, AVÓ, AVOA, IRMÁ... ESPERO QUE VOS GUSTE!

 

 

QUE TEÑADES UN DÍA FANTÁSTICO!!! E QUE MAÑÁ POIDAMOS SAUDARNOS EN PERSOA E NON POR UNHA PANTALLA! 

UN BICO ENORME

martes, 2 de febrero de 2021

BO DÍA BALEAS! (DÍA 3)

 MOI BOS DÍAS BALEAS!!!

COMO ESTADES?? ESPERO QUE BEN E CON GANAS DE VOLVER AO COLE!!!!

ESCOITAMOS OS BOS DÍAS!!!

E OS DÍAS DA SEMANA


HOXE IMOS XOGAR COAS BALEAS. PRIMEIRO FACEMOS SERIES:

Series, an interactive worksheet by aida_oitaven
liveworksheets.com
 
AGORA ESCOITAMOS A CANCIÓN DO CONTO LA BALLENA LLENA E DESPOIS FACEMOS A ACTIVIDADE: QUE TEN A BALEA NA BARRIGA?
 

 
La ballena llena, an interactive worksheet by aida_oitaven
liveworksheets.com
 
ESPERO QUE PRONTO POIDAMOS SEGUIR NO COLE...
UN BICO ENORME BALEAS!!!!! 

lunes, 1 de febrero de 2021

BO DÍA BALEAS! (DÍA 2)

 MOI BO DÍA!!!! ESPERO QUE SIGADES TOD@S BEN!!! 

IMOS COMEZAR CANTANDO, COMO NO COLE. DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN DOS BOS DÍAS E A DO DINOSAURIO (QUE SEMPRE PIDE HUGO😉) DOS DÍAS DA SEMANA.


SE TENDES PAPEL E LÁPICES OU CERAS PODEDES DEBUXAR O VOSO MONIGOTE E POÑERLLE O NOME, COMO FAI O ENCARGADO NO COLE.


SEGUIMOS TRABALLANDO AS VOGAIS, NESTE CASO TEMOS QUE IDENTIFICALAS E COLOCALAS ENRIBA DA QUE É IGUAL:

Las vocales, an interactive worksheet by SoniaAyL
liveworksheets.com
 
OUTRA ACTIVIDADES ALGO MÁIS DIFÍCIL: ESCOLLEMOS QUE PALABRAS COMEZAN POLA LETRA A??? (LETRA DE ALÉN, ALICIA, ÁLEX, ÁNGEL E AIDA) 
 
Letra a, an interactive worksheet by michuk
liveworksheets.com
 
POR ÚLTIMO UNHA DE NÚMEROS FACILIÑA: UNE O NÚMERO COA CANTIDADE. 
 
 
Número y cantidad, an interactive worksheet by Laura1920Rut
liveworksheets.com
 

RECORDADE QUE SE QUEREDES VER CONTOS OU ESCOITAR MÚSICA (QUE ESCOITAMOS NO COLE) PODEDES IR AO CAIXÓN DO LADO DEREITO. 

QUE TEÑADES UN DÍA FANTÁSTICO E QUE PRONTO NOS VOLVAMOS VER NO COLE! 

💗UN BICO ENORME BALEAS!💗