jueves, 31 de diciembre de 2015

SORPRESAS ANTES DE NADAL!!

O VENRES ANTES DAS VACACIÓNS TIVEMOS DÚAS GRANDES SORPRESAS. PRIMEIRO APARECEU O PAXE REAL A RECOLLER AS NOSAS CARTAS. DESPOIS FOMOS A UNHA GRAN FESTA ORGANIZADA POLA ANPA. ALÍ BAILAMOS, CANTAMOS, XOGAMOS E PRESENCIAMOS UN ESPECTÁCULO DE MAXIA QUE NOS ENCANTOU. Á VOLTA, TODOS QUERIAMOS SER MAG@S!!!!!

miércoles, 30 de diciembre de 2015

ESTAMPAMOS CON PATATA ADORNOS DE NADAL

COMO ESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS TRABALLANDO A ALIMENTACIÓN, OCORRÉUSENOS ESTAMPAR BOLAS DE NADAL CON PATATA. DESPOIS, FIXEMOS DIFERENTES FORMAS E CREAMOS TAMÉN UNHA ÁRBORE CON CADRADOS DE PATATA QUE POSTERIORMENTE ADORNAMOS CON GOMETS.


martes, 29 de diciembre de 2015

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO E DECEMBRO

EN NOVEMBRO TIVEMOS DE CUMPLE A ELSA E A SARA PERO, POR UN PROBLEMIÑA DE SAÚDE SARA NON PUDO ESTAR, POLO QUE CELEBRAMOS O SEU ANIVERSARIO EN DECEMBRO CON NICOLÁS.

EN NOVEMBRO A MAMÁ DE JOEL OTERO E A MAMÁ DE HUGO RODRÍGUEZ VIÑERON A ENSINARNOS UN BAILE MOI DIVERTIDO!

EN DECEMBRO TAMÉN NOS ACOMPAÑARON ALGUNHAS MAMÁS PERO COMO NON HABÍA ACTIVIDADE MAURO E TEO CANTARON UNHA CANCIÓN E A PROFE VERO CONTOUNOS UN CONTO: " O HOMIÑO DE MAZAPÁN". AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS!

lunes, 28 de diciembre de 2015

OS XIRASOLES NO FESTIVAL DE INVERNO!

ESTE ANO, NO FESTIVAL DE INVERNO, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS CANTAMOS "MUÑECO DE NIEVE EN NAVIDAD" XUNTO COS DEMAIS COMPAÑEIROS DE EDUCACIÓN INFANTIL. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS DO GUAPOS E GUAPAS QUE ESTABAMOS E UN VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN!

jueves, 24 de diciembre de 2015

RECICLANDO NO NADAL!

ESTE NADAL FIXEMOS AS MANUALIDADES CON MATERIAL DE REFUGALLO. COMEZAMOS POR BUSCAR CREBACABEZAS VELLOS, AOS QUE XA LLE FALTABAN PEZAS. CON ESTAS FIXEMOS UN MARCO, PINTÁMOLO E PUXÉMOSLLE PURPURINA DE CORES. PARA REMATAR COLOCÁMOSLLE UNHA FOTO E UN FÍO PARA COLGALO.
ADEMAIS, PARA DECORAR OS CORREDORES PINTAMOS UNS ROLOS DE PAPEL DE COCIÑA QUE TRANSFORMAMOS, CUNS ADORNIÑOS, NUNHA ÁRBORE DE NADAL! A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS O RESULTADO.

martes, 8 de diciembre de 2015

PREPARAMOS COMIDA ITALIANA COA MAMÁ DE ESTELA E OS PAIS DE INÉS!

ESTE TRIMESTRE OS XIRASOLES ESTAMOS MOI BEN ACOMPAÑADOS DE UNS PAPÁS E MAMÁS MOI BOS COCIÑEIROS!!!!

NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS A MAMÁ DE ESTELA VEU A PREPARAR PIZZA CON NÓS. FIXEMOS A MASA COA SÚA AXUDA E CADA UN ELABOROU A SÚA PROPIA MINI PIZZA CON INGREDIENTES QUE NÓS MESMOS ESCOLLEMOS.



UNS DÍAS DESPOIS OS PAIS DE INÉS VIÑERON A PREPARAR OUTRA ESPECIALIDADE ITALIANA: PASTA! PARECEUNOS MOI FÁCIL E ENCANTOUNOS USAR A MÁQUINA PARA FACER ESPAGUETIS!


domingo, 6 de diciembre de 2015

A MAMÁ DE IRIA SORPÉNDENOS CON DÚAS RECETAS DELICIOSAS!!!!!

SE ALGO SABEMOS OS XIRASOLES É QUE A MAMÁ DE IRIA TEN MOI BOA MAN COA COCIÑA, POLO QUE ESTE TRIMESTRE APROVEITÁMONOS UN POUQUIÑO DA SÚA CONFIANZA... CANDO ESTIVEMOS TRABALLANDO AS FABAS, VEU A PRESENTARNOS UN PLATO TÍPICO DE BRASIL QUE FAI A AVOA DE IRIA,  E QUE ADEMÁIS É UNHA DAS SÚAS COMIDAS PREFERIDAS.  CHÁMANLLE "PRATO FEITO" PORQUE LEVA UN POUCO DE TODO: FEIXÓNS, VERDURAS, ARROZ E CARNE. TRABALLARON MOI DURO XA QUE NOLO PREPARARON PARA TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL. QUERÉMOS AGRADECERLLE ÁS DÚAS O SEU ESFORZO!!!!!!



PERO ISTO NON REMATA AQUÍ, ESTA SEMANA CARMEN VOLVEU A VISITARNOS PARA PREPARARNOS UN POSTRE! UNHAS MAGDALENAS DELICIOSAS QUE DECORAMOS CON CARAS DE RENOS POIS O NADAL ESTÁ A VOLTA DA ESQUINA! PODEDES FACELAS NA CASA XA QUE SON MOI FÁCILES E SE MIDE TODO CUN VASIÑO DE IOGUR.



GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN CARMEN!!!!