domingo, 6 de diciembre de 2015

A MAMÁ DE IRIA SORPÉNDENOS CON DÚAS RECETAS DELICIOSAS!!!!!

SE ALGO SABEMOS OS XIRASOLES É QUE A MAMÁ DE IRIA TEN MOI BOA MAN COA COCIÑA, POLO QUE ESTE TRIMESTRE APROVEITÁMONOS UN POUQUIÑO DA SÚA CONFIANZA... CANDO ESTIVEMOS TRABALLANDO AS FABAS, VEU A PRESENTARNOS UN PLATO TÍPICO DE BRASIL QUE FAI A AVOA DE IRIA,  E QUE ADEMÁIS É UNHA DAS SÚAS COMIDAS PREFERIDAS.  CHÁMANLLE "PRATO FEITO" PORQUE LEVA UN POUCO DE TODO: FEIXÓNS, VERDURAS, ARROZ E CARNE. TRABALLARON MOI DURO XA QUE NOLO PREPARARON PARA TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL. QUERÉMOS AGRADECERLLE ÁS DÚAS O SEU ESFORZO!!!!!!



PERO ISTO NON REMATA AQUÍ, ESTA SEMANA CARMEN VOLVEU A VISITARNOS PARA PREPARARNOS UN POSTRE! UNHAS MAGDALENAS DELICIOSAS QUE DECORAMOS CON CARAS DE RENOS POIS O NADAL ESTÁ A VOLTA DA ESQUINA! PODEDES FACELAS NA CASA XA QUE SON MOI FÁCILES E SE MIDE TODO CUN VASIÑO DE IOGUR.



GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN CARMEN!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario