DESPOIS DE TANTA EMOCIÓN REVOLTA CHEGOU A HORA DE CALMARNOS. PENSAMOS CALES ERAN AQUELAS COUSAS QUE NOS TRANSMITÍAN CALMA E TAMÉN QUE SITUACIÓNS NOS POÑEN NERVIOSOS, ENFADADOS... E NAS CALES NECESITAMOS CALMARNOS. APRENDEMOS A PENSAR PAUSADAMENTE E A MEDITAR. ENCANTOUNOS...
NO COLE FIXEMOS UNHA PELOTA ANTIESTRÉS CON FARIÑA E GLOBOS PARA CADA XIRASOL E TAMÉN AS BOTELLAS DA CALMA CON AUGA, PINTURA, PURPURINA E COLA. COLOCÁMOLO TODO NO RINCÓN DAS EMOCIÓNS PARA USAR NO MOMENTO QUE CADA UN O NECESITE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario