miércoles, 25 de noviembre de 2020

BOLBORETAS PARA O 25 DE NOVEMBRO

 Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, unímonos á proposta do CONCELLO DE REDONDELA  e decoramos o cole e a vila con bolboretas!

Con elas recordamos e homenaxeamos as irmáns Mirabal , coñecidas como As Bolboretas.

PARA REALIZAR AS NOSAS BOLBORETAS, PINTAMOS SOAMENTE A METADE, DOBLÁMOLAS, APLASTAMOS, ABRIMOS E... MAXIA! AS DÚAS ÁS APARECEN PINTADAS IGUAIS!



domingo, 22 de noviembre de 2020

COROA DE RENOS PARA O NADAL

 ESTA SEMANA PUXÉMONOS MANS Á OBRA COA DECORACIÓN DE NADAL!

COMEZAMOS CUNS RENOS MOI SINXELOS PERO MOI BONITOS! 

ENROSCÁMOSLLE LA A UN TRIÁNGULO DE CARTÓN. DESPOIS BUSCAMOS DOUS PAUCIÑOS PARA POÑERLLE OS CORNOS. POR ÚLTIMO PUXÉMOSLLE OLLOS E NARIZ.

 


 

AGORA ESTAMOS DECORANDO A PORTA, IRÉMOSVOS ENSINANDO O PROCESO PERO COS RENOS FIXEMOS UNHA COROA MOOOI BONITA


 






sábado, 21 de noviembre de 2020

FACEMOS UN MANTEL DE OUTONO

APROVEITANDO A PAISAXE TAN BONITA QUE TEMOS EN OUTONO, SAIMOS A OBSERVAR AS CORES DAS ÁRBORES, A XOGAR COAS FOLLAS E, DE PASO, COLLEMOS AS QUE MÁIS NOS GUSTARON. 

CANDO VOLVEMOS A CLASE, FIXEMOS UNHA CREACIÓN LIBRE NUNHA CARTULINA A3 CON CORES DO OUTONO E PEGÁMOSLLE A NOSA FOLLA. POR ÚLTIMO ESTAMPÁMOSLLE O NOSO NOME E PLASTIFICÁMOLO.

ESTA É UNHA ACTIVIDADE QUE SEMPRE  FAGO EN TRES ANOS, XA QUE NO COLE,  CANDO MERENDAMOS, UTILIZAMOS UN MANTEL. DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL NON PODEMOS USAR MANTEL NO COLE, POLO QUE ESTE CURSO ESPERO QUE AS BALEAS O DESFRUTEN NA CASA! 

 


viernes, 20 de noviembre de 2020

CABAZAS DE SAMAÍN

ESTE VÍDEO CHEGA CON RETRASO, É DO SAMAÍN. SON AS CABAZAS QUE FIXEMOS PARA QUE A NOSA CLASE ESTIVERA TERRORÍFICA!

jueves, 19 de noviembre de 2020

FACEMOS PAN

 HOXE A MAÑÁ DEU PARA MOITO!!!

ONTE LEMOS O CONTO DE MARÍA (VERSIÓN EN CASTELÁN) OU MARUXA (A VERSIÓN EN GALEGO) DE OQO. ENCANTOUNOS E CON EL DESCUBRIMOS QUE INGREDIENTES PRECISAMOS PARA FACER O PAN. 

 


DESPOIS ESCOITAMOS ESTAS CANCIÓNS NA QUE NOS EXPLICABAN COMO FACELO.


 


 

UNHA VEZ PREPARADOS, HOXE, A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ FIXEMOS PAN. MESTURAMOS OS INGREDIENTES E DEIXAMOS DURMIR A MASA DURANTE UNHA HORA. DESPOIS DIVIDÍMOLA EN ANACOS E REPARTÍMOLA PARA QUE CADA UN FIXERA A SÚA BARRA, O SEU BOLO OU A FORMA QUE MÁIS NOS GUSTOU A CADA UN. 

FORNEÁMOLO, COMÉMOLO E DECORAMOS UN SOBRE PARA LEVAR O ANAQUIÑO QUE NOS SOBROU. DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS FOTIÑOS AQUÍ PARA QUE POIDADES VER O BEN QUE O FACEMOS!



domingo, 8 de noviembre de 2020

2ª SESIÓN CON LUZ NEGRA: ÁRBORES DE OUTONO

 O venres fixemos a nosa segunda sesión con luz negra!

Esta vez a temática foi o outono. Primeiro creamos unha árbore con pezas de madeira, despois colocamos as follas na nosa creación. Apagamos a luz e sopramos para q as follas caeran da nosa árbore.

Tamén tivemos un anaco para xogar libremente e crear o que nos apetecera: un dinosaurio, un peixe, un xardín... iso si, todo con esta luz tan especial e escoitando a música!


 

jueves, 5 de noviembre de 2020

PSICOMOTRICIDADE AO SOL

ESTA SEMANA NON TIVEMOS A ALGÚNS PROFES CON NÓS, PERO NON POR ISO ESQUECEMOS AS SÚAS CLASES. 

APROVEITANDO O SOL, NA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE, SAIMOS AO PATIO A FACER UN CIRCUITO. TIVEMOS QUE SALTAR DUN ARO A OUTRO, MANTER O EQUILIBRIO SOBRE OS LADRILLOS, SALTAR ALTO ENRIBA DUNS CONOS, CAMIÑAR SOBRE UNHA CORDA E ATRAVESAR UNHA FILA DE RODAS (CADA UN AO SEU XEITO). 

 QUEREDES VER QUE BEN O FIXEMOS???👇




miércoles, 4 de noviembre de 2020

FACEMOS SERIES

HOXE NO COLE ESTIVEMOS FACENDO SERIES. COMEZAMOS CON SERIES SINXELAS, DE DOUS ELEMENTOS. PARA ISTO UTILIZAMOS MOITAS COUSAS DISTINTAS QUE SEGURO QUE TENDES NA CASA:

- FROITOS DO OUTONO

- CUNCHAS E PEDRAS 

- BOTÓNS

- PEZAS DE MADEIRA

- ANACOS DE CHURROS DE PISCINA


PRIMEIRO, PARA ENTENDER A DINÁMICA, FIXEMOS UNHA SERIE MOI LONGA ENTRE TODOS DE CABAZAS E PIÑAS. DESPOIS CADA UN NO SEU EQUIPO.

FIXÉMOLO ASÍ DE BEN!!!!



lunes, 2 de noviembre de 2020

INICIAIS CON PLASTILINA

HOXE ESTIVEMOS XOGANDO A BUSCAR AS NOSAS INICIAIS. DESPOIS, CUNHAS PLANTILLAS PLASTIFICADAS, MODELÁMOLAS. 

CADA UN FÍXOO COMO MÁIS LLE GUSTOU: FACENDO CHURROS, BOLAS... TODAS AS LETRAS QUEDARON ESTUPENDAS!




domingo, 1 de noviembre de 2020

SAMAÍN E MAGOSTO!

O VENRES CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO. ESTE ANO FOI UN POUCO DISTINTO, NON SAIMOS, COMO SEMPRE, A XOGAR CON TODOS @S COMPAÑEI@S AO PATIO CUBERTO. ESTE ANO XOGAMOS POR AULAS, NÓS NA NOSA ZONA DO PATIO. 


 

ANTES DE SAÍR, BAILAMOS CANCIÓNS DE MEDO NA CLASE, COMEMOS ROSQUILLAS QUE NOS TROUXERON DENDE A ANPA E DESFRUTAMOS MOITO DAS NOSAS VESTIMENTAS...  TIVEMOS BRUXAS, ESQUELETES, UN DEMO... E ATA O LOBO QUE QUERÍA COMER A CABACIÑA! ESTABAMOS TOD@S MOOOI GUAP@S!

DESPOIS DO PATIO XOGAMOS A ENCESTAR CASTAÑAS E COMEMOS MOI A GUSTIÑO AO SOL. COMPARTIMOS ALGUNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA DIFERENTE!