APROVEITANDO A PAISAXE TAN BONITA QUE TEMOS EN OUTONO, SAIMOS A OBSERVAR AS CORES DAS ÁRBORES, A XOGAR COAS FOLLAS E, DE PASO, COLLEMOS AS QUE MÁIS NOS GUSTARON.
CANDO VOLVEMOS A CLASE, FIXEMOS UNHA CREACIÓN LIBRE NUNHA CARTULINA A3 CON CORES DO OUTONO E PEGÁMOSLLE A NOSA FOLLA. POR ÚLTIMO ESTAMPÁMOSLLE O NOSO NOME E PLASTIFICÁMOLO.
ESTA É UNHA ACTIVIDADE QUE SEMPRE FAGO EN TRES ANOS, XA QUE NO COLE, CANDO MERENDAMOS, UTILIZAMOS UN MANTEL. DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL NON PODEMOS USAR MANTEL NO COLE, POLO QUE ESTE CURSO ESPERO QUE AS BALEAS O DESFRUTEN NA CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario