jueves, 24 de diciembre de 2020

BO NADAL!

 MOI BO NADAL DE PARTE DE TODAS AS BALEAS!!!!!!!

ESTE É O VÍDEO CO QUE FELICITAMOS ÁS FAMILIAS, AO RESTO DE COMPAÑEIR@S DO COLE, AOS PROFES E A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA! PASÁMOLO MOI BEN FACÉNDOO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

DEIXÁMOSVOS TAMÉN O ENLACE AO DO RESTO DOS VÍDEOS DO COLE.

MOI BO NADAL!!!!!



martes, 22 de diciembre de 2020

DECORAMOS E REUTILIZAMOS

ESTE NADAL, COMO NORMA DE CENTRO, DECIDIMOS UTILIZAR PARA A NOSA DECORACIÓN MATERIAL RECICLADO. TRABALLAMOS ARREO PARA DECORAR OS CORREDORES, A PORTA, A ENTRADA... PERO O RESULTADO ENCANTOUNOS!

DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO DE COMO O FIXEMOS!

viernes, 18 de diciembre de 2020

NADAL E LUZ NEGRA

OS VENRES DE DECEMBRO, SEGUIMOS FACENDO OS OBRADOIROS DE LUZ NEGRA QUE TANTO NOS GUSTAN!

UN DELES FOI NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE COA PROFE IRIA E O PROFE SERGIO. COLOREAMOS UNHA PLUMA BRILLANTE E CONVERTÉMONOS EN AUTÉNTICOS INDIOS!

OS OUTROS DOUS VENRES ADICÁMOLOS AO NADAL:

NUNHA DAS SESIÓNS COLOREAMOS MANDALAS MOI SINXELAS. 

NA OUTRA XOGAMOS COA PLASTILINA BRILLANTE UTILIZANDO UNS PATRÓNS CON MOTIVOS DO NADAL. ESTES PATRÓNS ESTABAN COLOREADOS PARA QUE BRILLARAN COA LUZ NEGRA E PLASTIFICADOS PARA QUE NON SE ESTROPEEN COA PLASTILINA. SE QUEREDES UTILIZAR OS PATRÓNS PODÉDELOS DESCARGAR 👉AQUÍ

PASÁMOLO MOI BEN, RELAXÁMONOS MOOOITO. CADA DÍA MELLOR 😀


miércoles, 16 de diciembre de 2020

COCIÑA DE NADAL

ENCÁNTANNOS COCIÑAR! AÍNDA QUE ESTE CURSO ESTAMOS MÁIS LIMITADOS POLA SITUACIÓN NON QUEREMOS DEIXAR DE FACELO, POLO QUE CADA NEN@ PREPARA A SÚA RECETA INDIVIDUALMENTE. 

NESTA OCASIÓN NON FIXEMOS UNHA RECETA NADA SAUDABLE... PERO TEMOS QUE DICIR QUE ESTABA MOI RICA 😋

TEDI DEIXOUNOS MASA NA CAIXA MÁXICA E ESCONDEUSE DETRÁS DUNS BOTES DE CREMA DE CACAO. EXPLICOUNOS NUNHA NOTIÑA O QUE TIÑAMOS QUE FACER: ÁRBORES DE CHOCOLATE!!! NON O DUBIDAMOS E PUXÉMONOS MANS Á OBRA!



martes, 15 de diciembre de 2020

FACEMOS NEVE!

TEDI SEGUE DEIXÁNDONOS SORPRESAS CADA DÍA... NESTA OCASIÓN UN CONTO FERMOSÍSIMO SOBRE UN COPO DE NEVE QUE SE FAI NUBE. A PARTIR DA SÚA HISTORIA FIXEMOS NEVE CON BICARBONATO, CONVERTEMOS NEVE EN AUGA E AUGA EN VAPOR E BUSCAMOS FORMAS NAS NUBES.

 

ADEMAIS, CON ESTE CONTO PODEMOS TRABALLAR OUTROS TEMAS MÁIS PROFUNDOS, COMO A PERDA (NON FOI O NOSO CASO, PERO POR SE O PRECISAMOS NALGUNHA OCASIÓN).

 DEXÁMOSVOS UN VÍDEO XOGANDO COA NEVE:



lunes, 7 de diciembre de 2020

XOGOS DE NADAL NOS RECANTOS

COMEZOU O MES DE DECEMBRO E OS NOSOS RECANTOS TINGUÍRONSE DE NADAL. TEMOS UN XOGO POR EQUIPO E ÍMOLOS ROTANDO. CON ELES TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA, A ATENCIÓN, A MEMORIA, ASOCIACIÓN E A CREATIVIDADE.

FACÉMOLO MOI BEN!

miércoles, 2 de diciembre de 2020

PAPÁ NOEL ENVÍANOS UNHA MENSAXE!!!!!

HOXE POLA MAÑÁ CHEGOUNOS, POR MENSAXERÍA URXENTE, UNHA CAIXA DE NADAL Á CLASE DAS BALEAS!!!!!

DENTRO HABÍA UN PEN CUN VÍDEO, UN ELFO  E UNHA NOTIÑA. NO VÍDEO, PAPÁ NOEL EXPLICÁBANOS QUE TIÑAMOS QUE FACER CON TODAS ESAS COUSAS:

- O ELFO É UN ENVIADO DE PAPÁ NOEL PARA TRAERNOS SORPRESAS!!! O QUE PASA É QUE É MOOOI XOGUETÓN E TEMOS QUE TER COIDADO COAS SÚAS TRASNADAS... DE NOITE O ELFO CONTARALLE A PAPÁ NOEL AS COUSAS QUE FACEMOS E Á VOLTA, POLA MAÑÁ, TEMOS QUE BUSCALO, XA QUE CADA DÍA APARECE NUN LUGAR DIFERENTE!

- A NOTIÑA ERA UNHA PETICIÓN DE PAPÁ NOEL... E DECÍANOS QUE AOS CORREDORES DO COLE TAMÉN DEBÍA CHEGAR O NADAL, POLO QUE DEBEMOS DECORALOS.

- O PEN TIÑA UN VÍDEO MOOOI ESPECIAL, UNHA MENSAXE DE PAPÁ NOEL. ESTE VÍDEO CHEGOUNOS PORQUE A PROFE IRIA TEN CONTACTO DIRECTO CON PAPÁ NOEL E FÍXONOS O FAVOR DE PEDIRLLE ESTE AGASALLO QUE TANTA ILUSIÓN NOS FIXO.

A PARTIR DE HOXE, E ATA QUE VEÑA PAPÁ NOEL, ESTE ELFO (AO QUE LLE PUXEMOS O NOME DE TEDI) VAI QUEDAR CON NÓS, DEIXÁNDONOS UNHA SORPRESIÑA CADA DÍA! ESTAMOS IMPACIENTES!!!!

COMPARTIMOS O VÍDEO POR AQUÍ, XA QUE TEMOS A MARIO ENFERMIÑO E NON QUEREMOS QUE O PERDA! 

👉HOXE LEVARON UN RECADO PERO POR SE ALGÚNS SE ESQUECEN DEIXOO POR AQUÍ: SE PODEDES, POR FAVOR, ENVIARNOS UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO USADA (DE REFRESCO, AUGA...) DA IGUAL GRANDE OU PEQUENA. SE PODE SER LAVADA, QUE É PARA CORTAR.

GRAZAS!