HOXE POLA MAÑÁ CHEGOUNOS, POR MENSAXERÍA URXENTE, UNHA CAIXA DE NADAL Á CLASE DAS BALEAS!!!!!
DENTRO HABÍA UN PEN CUN VÍDEO, UN ELFO E UNHA NOTIÑA. NO VÍDEO, PAPÁ NOEL EXPLICÁBANOS QUE TIÑAMOS QUE FACER CON TODAS ESAS COUSAS:
- O ELFO É UN ENVIADO DE PAPÁ NOEL PARA TRAERNOS SORPRESAS!!! O QUE PASA É QUE É MOOOI XOGUETÓN E TEMOS QUE TER COIDADO COAS SÚAS TRASNADAS... DE NOITE O ELFO CONTARALLE A PAPÁ NOEL AS COUSAS QUE FACEMOS E Á VOLTA, POLA MAÑÁ, TEMOS QUE BUSCALO, XA QUE CADA DÍA APARECE NUN LUGAR DIFERENTE!
- A NOTIÑA ERA UNHA PETICIÓN DE PAPÁ NOEL... E DECÍANOS QUE AOS CORREDORES DO COLE TAMÉN DEBÍA CHEGAR O NADAL, POLO QUE DEBEMOS DECORALOS.
- O PEN TIÑA UN VÍDEO MOOOI ESPECIAL, UNHA MENSAXE DE PAPÁ NOEL. ESTE VÍDEO CHEGOUNOS PORQUE A PROFE IRIA TEN CONTACTO DIRECTO CON PAPÁ NOEL E FÍXONOS O FAVOR DE PEDIRLLE ESTE AGASALLO QUE TANTA ILUSIÓN NOS FIXO.
A PARTIR DE HOXE, E ATA QUE VEÑA PAPÁ NOEL, ESTE ELFO (AO QUE LLE PUXEMOS O NOME DE TEDI) VAI QUEDAR CON NÓS, DEIXÁNDONOS UNHA SORPRESIÑA CADA DÍA! ESTAMOS IMPACIENTES!!!!
COMPARTIMOS O VÍDEO POR AQUÍ, XA QUE TEMOS A MARIO ENFERMIÑO E NON QUEREMOS QUE O PERDA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario