COMO SABEMOS O PROXECTO DESTE ANO ESTÁ DEDICADO Á EDUCACIÓN PARA UNHA VIDA SAUDABLE. DENTRO DESTE QUIXEMOS DESTACAR A ALIMENTACIÓN E, EN CONCRETO, AS LEGUMES XA QUE O ANO 2016 É O ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES. POR ISTO, UNHA SEMANA POR TRIMESTRE SERÁ DEDICADA A ESTUDAR UNHA LEGUME E A SEGUINTE A COCIÑALA. NESTE TRIMESTRE A LEGUME FOI O FEIXÓN.
CADA CURSO DE INFANTIL FIXO UNHA RECEITA CON FABAS: OS APOLOS FIXERON FABADA, OS COQUIÑOS UNHA ENSALADA E NÓS, OS XIRASOLES, FABAS CON TOMÁTE (BAKED BEANS) TÍPICAS DO ALMORZO INGLÉS.
MIRADE QUE BOA PINTA TIÑAN!
ESTE É O BLOG DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS DO CEIP REBOREDA. QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS ESTA ETAPA DE XOGOS, RISAS E IMAXINACIÓN! As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun comentario para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
domingo, 25 de octubre de 2015
sábado, 17 de octubre de 2015
FACEMOS BATIDOS DE FROITAS!!!!!
A SEMANA PASADA, COQUIÑOS E XIRASOLES, SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE A ALIMENTACIÓN SAUDABLE, CONCRETAMENTE SOBRE A FROITA E AS COUSAS QUE PODEMOS FACER CON ELA. DECIDIMOS MESTURALOS CON LEITES DIFERENTES (DE VACA E DE SOJA) E DESFRUTAR DO SEU SABOR E AS SÚAS VITAMINAS!
PARA ISTO FIXEMOS EQUIPOS QUE NÓS MESMOS ESCOLLEMOS EN FUNCIÓN DOS NOSOS GUSTOS. TODOS TIÑAMOS MEDIO PLÁTANO NA MAN QUE TIVEMOS QUE MESTURAR COA FROITA QUE MÁIS NOS GUSTARA, POLO QUE QUEDARON OS SEGUINTES EQUIPOS:
CORTAMOS E PELAMOS A FROITA, MESTURÁMOLA CO LEITE E UN POUQUIÑO DE AZUCRE, BATÉMOLA E... ESTE FOI O RESULTADO!!!!
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

- O EQUIPO DA MAZÁ: HUGO B., IVÁN, HUGO R., MAURO, RUBÉN, JOEL, MARCO E MATEO P.
- O EQUIPO DO MELÓN: GORKA, NUNO, LEIRE, PEDRO, JOEL S., ABEL, RAÚL, HUGO F. E SARA S.
- O EQUIPO DA LARANXA: ELSA, CANDELA, CARLA, NICOLÁS, EVA E ALÁN.
- O EQUIPO DO KIWI: MATEO A., DAVID, ANTÍA, BRAIS E ERIK.
- O EQUIPO DA PIÑA: IRIA, ANDREA, INÉS, ÁLEX E ESTELA.
CORTAMOS E PELAMOS A FROITA, MESTURÁMOLA CO LEITE E UN POUQUIÑO DE AZUCRE, BATÉMOLA E... ESTE FOI O RESULTADO!!!!
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
sábado, 10 de octubre de 2015
ENCÁNTANOS O OUTONO!
TODOS OS OS DÍAS NOS FIXAMOS NO TEMPO QUE FAI E NAS ÁRBORES DO PATIO, QUE XA NOS INDICAN QUE CHEGOU O OUTONO. O LUNS PASADO SAIMOS A RECOLLER FOLLAS QUE CLASIFICAMOS, PINTAMOS, ESTAMPAMOS E APROVEITAMOS PARA FACER UN BONITO CADRO DURANTE A SEMANA.
DE CAMIÑO, AGARDÁBANOS UNHA AGRADABLE SORPRESA POIS ACABÁBANOS DE SAÍR UN XIRASOL DOS QUE PLANTAMOS A FINAIS DO CURSO PASADO. AQUÍ VOS DEIXAMOS TODO ISTO!
DE CAMIÑO, AGARDÁBANOS UNHA AGRADABLE SORPRESA POIS ACABÁBANOS DE SAÍR UN XIRASOL DOS QUE PLANTAMOS A FINAIS DO CURSO PASADO. AQUÍ VOS DEIXAMOS TODO ISTO!
viernes, 9 de octubre de 2015
BOA FIN DE SEMANA!
PARA COMEZAR A FIN DE SEMANA CON RITMO COMPARTIMOS O VIDEOCLIP QUE FIXEMOS CO RESTO DE NENOS E NENAS DE INFANTIL PARA O 50 ANIVERSARIO! DISFRUTÁDEA MOITO!
lunes, 5 de octubre de 2015
AS NOSAS COMIDAS PREFERIDAS!
A SEMANA PASADA LEMOS O CONTO "A QUE SABE A LÚA" (QUE NOS ENCANTOU) E COMEZAMOS A FALAR DE CALES ERAN OS ALIMENTOS QUE MÁIS E MENOS NOS GUSTABAN. NO CONTO, UNS ANIMAIS INTENTAN COLLER UN ANACO DE LÚA E CANDO O CONSEGUEN A CADA UN SÁBELLE A COUSA QUE MÁIS LLE GUSTA. NÓS TAMÉN VOS QUEREMOS AMOSAR A QUE NOS SOUBO O NOSO ANAQUIÑO DE LÚA:
ADEMAIS FOMOS A INFORMÁTICA A XOGAR AO SEGUINTE LIM. DEIXÁMOSVOLO AQUÍ POR SE VOS APETECE XOGAR NA CASA. ALGUNHAS PÁXINAS SON MOI DIFÍCILES PERO PÓDENSE PASAR OU CON AXUDA SEGURO QUE O CONSEGUIMOS!
(FAI CLIC SOBRE A IMAXE PARA IR AO XOGO)
Create a digital slideshow |
ADEMAIS FOMOS A INFORMÁTICA A XOGAR AO SEGUINTE LIM. DEIXÁMOSVOLO AQUÍ POR SE VOS APETECE XOGAR NA CASA. ALGUNHAS PÁXINAS SON MOI DIFÍCILES PERO PÓDENSE PASAR OU CON AXUDA SEGURO QUE O CONSEGUIMOS!
(FAI CLIC SOBRE A IMAXE PARA IR AO XOGO)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)