COMO SABEMOS O PROXECTO DESTE ANO ESTÁ DEDICADO Á EDUCACIÓN PARA UNHA VIDA SAUDABLE. DENTRO DESTE QUIXEMOS DESTACAR A ALIMENTACIÓN E, EN CONCRETO, AS LEGUMES XA QUE O ANO 2016 É O ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES. POR ISTO, UNHA SEMANA POR TRIMESTRE SERÁ DEDICADA A ESTUDAR UNHA LEGUME E A SEGUINTE A COCIÑALA. NESTE TRIMESTRE A LEGUME FOI O FEIXÓN.
CADA CURSO DE INFANTIL FIXO UNHA RECEITA CON FABAS: OS APOLOS FIXERON FABADA, OS COQUIÑOS UNHA ENSALADA E NÓS, OS XIRASOLES, FABAS CON TOMÁTE (BAKED BEANS) TÍPICAS DO ALMORZO INGLÉS.
MIRADE QUE BOA PINTA TIÑAN!
ESTE É O BLOG DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS DO CEIP REBOREDA. QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS ESTA ETAPA DE XOGOS, RISAS E IMAXINACIÓN! As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun comentario para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario