sábado, 17 de octubre de 2015

FACEMOS BATIDOS DE FROITAS!!!!!

A SEMANA PASADA, COQUIÑOS E XIRASOLES, SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE A ALIMENTACIÓN SAUDABLE, CONCRETAMENTE SOBRE A FROITA E AS COUSAS QUE PODEMOS FACER CON ELA. DECIDIMOS MESTURALOS CON LEITES DIFERENTES (DE VACA E DE SOJA) E DESFRUTAR DO SEU SABOR E AS SÚAS VITAMINAS!

PARA ISTO FIXEMOS EQUIPOS QUE NÓS MESMOS ESCOLLEMOS EN FUNCIÓN DOS NOSOS GUSTOS. TODOS TIÑAMOS MEDIO PLÁTANO NA MAN QUE TIVEMOS QUE MESTURAR COA FROITA QUE MÁIS NOS GUSTARA, POLO QUE QUEDARON OS SEGUINTES EQUIPOS:
  • O EQUIPO DA MAZÁ: HUGO B., IVÁN, HUGO R., MAURO, RUBÉN, JOEL, MARCO E MATEO P. 
  • O EQUIPO DO MELÓN: GORKA, NUNO, LEIRE, PEDRO, JOEL S., ABEL, RAÚL, HUGO F. E SARA S. 
  • O EQUIPO DA LARANXA: ELSA, CANDELA, CARLA, NICOLÁS, EVA E ALÁN.
  • O EQUIPO DO KIWI: MATEO A., DAVID, ANTÍA, BRAIS E ERIK. 
  • O EQUIPO DA PIÑA: IRIA, ANDREA, INÉS, ÁLEX E ESTELA. 

CORTAMOS E PELAMOS A FROITA, MESTURÁMOLA CO LEITE E UN POUQUIÑO DE AZUCRE, BATÉMOLA E... ESTE FOI O RESULTADO!!!!



 GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

1 comentario:

  1. Seguriño que vos quedaron uns batidos ben deliciosos. Así da gusto aprender. Un saúdo desde AulaTic. Boa finde.

    ResponderEliminar