ESTE É O BLOG DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS DO CEIP REBOREDA. QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS ESTA ETAPA DE XOGOS, RISAS E IMAXINACIÓN!
As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun comentario para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
NESTAS PRIMEIRAS SEMANAS ESTAMOS FACENDO MOITAS ACTIVIDADES MANIPULATUVAS E COAS QUE TAMÉN PRECISAMOS MOVERNOS POLO COLE PARA CONSEGUIR OS INGREDIENTES, ASÍ COÑECEMOS POUCO A POUCO OS SEUS ESPAZOS. COMPARTIMOS UNHA DELAS QUE NOS ENCANTOU: AREA MÁXICA.
CADA DÍA ESTAMOS MELLOR NO COLE, ADAPTÁNDONOS ÁS RUTINAS, ESPAZOS E PROFES E, AGORA TAMÉN, Á NOVA REALIDADE NA QUE TEMOS QUE PASAR MÁIS TEMPO SENTADOS POLA SITUACIÓN COVID. ESTÁMOLO FACENDO MOI MOI BEN!
SAIMOS AO PATIO COA MÁSCARA E AO BAÑO TAMÉN. HOXE QUIXEMOS COÑECER O PATIO DOS XOGUETES E, AÍNDA QUE NON PODEMOS TOCAR NADA, FOMOS A VER OS CAMIÓNS E AS CARRETILLAS COAS QUE MOI PRONTO ESPERAMOS VOLVER A XOGAR!
HOXE CONTAMOS TAMÉN DOUS CONTIÑOS MOI CURTOS DO POLO PEPE (O POLO PEPE APRENDE A VOAR E O POLO PEPE VAI DE PASEO). DENDE QUE O COÑECEMOS ENCÁNTANOS E TODOS OS DÍAS NOS PREGUNTAMOS QUE ANDARÁ A ARGALLAR ESTE POLO TAN SIMPÁTICO...
O SEGUNDO DÍA DE COLE CANTAMOS A CANCIÓN DO POLO PEPE MENTRAS QUE MIRABAMOS O CONTO, XOGAMOS AS ESTATUAS COA SÚA MÚSICA E PINTÁMOLO CON TÉMPERA E PINCEL.
COMPARTO CON VÓS UN VÍDEO DO CONTO COA CANCIÓN, POR SE LLES APETECE VELO NA CASA, E TAMÉN UNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA!
COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA E SUPERAMOS ESTE PRIMEIRO DÍA TAN TEMIDO POR TOD@S AS FAMILIAS!!!! PORTÁMONOS MOI MOI BEN E XOGAMOS AOS COCHES, NA CASIÑA, COA PLASTILINA, CANTAMOS, LEMOS ALGÚN CONTO (NALGÚN DOS EQUIPOS) E CASE TODOS SAIMOS CUN SORRISO QUE, NESTES MOMENTOS, É O QUE MÁIS NOS IMPORTA!
A SEMANA PRÓXIMA OS EQUIPOS ESTÁN MOI SEGUIDOS E ENTRE ELES, TEÑO QUE DESINFECTAR, POLO QUE SE ESTADES A RECOLLELOS 5 MINUTIÑOS ANTES DA HORA MELLOR, ASÍ COMÉNTOVOS QUE TAL PASARON A XORNADA. TAMÉN PEDIRVOS QUE NON CHEGUEDES AO COLE (CANDO OS VINDES A DEIXAR) MOITO ANTES, XA QUE AS ESPERAS PARA ELES SON DIFÍCILES.
COMPARTIMOS UNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA QUE SEMPRE QUEDARÁ NA NOSA MEMORIA. ALGÚNS NEN@S SAEN MÁIS QUE OUTROS, XA VOS PIDO PERDÓN POR ADIANTADO, PERO COLLÍA A CÁMARA CANDO PODÍA. OUTROS NEN@S PREFERÍAN NON SAÍR OU BAIXABAN A CABEZA POLO QUE NON INSISTO.