BOAS FAMILIAS!
CADA DÍA ESTAMOS MELLOR NO COLE, ADAPTÁNDONOS ÁS RUTINAS, ESPAZOS E PROFES E, AGORA TAMÉN, Á NOVA REALIDADE NA QUE TEMOS QUE PASAR MÁIS TEMPO SENTADOS POLA SITUACIÓN COVID. ESTÁMOLO FACENDO MOI MOI BEN!
SAIMOS AO PATIO COA MÁSCARA E AO BAÑO TAMÉN. HOXE QUIXEMOS COÑECER O PATIO DOS XOGUETES E, AÍNDA QUE NON PODEMOS TOCAR NADA, FOMOS A VER OS CAMIÓNS E AS CARRETILLAS COAS QUE MOI PRONTO ESPERAMOS VOLVER A XOGAR!
DE PASO, RECOLLEMOS FOLLAS E DEIXÁMOLAS A SECAR PARA FACER UN TRABALLIÑO DE OUTONO O LUNS. TENDES UNHA FOTO NO NOSO INSTAGRAM: https://www.instagram.com/sorrisosdexirasol/
HOXE CONTAMOS TAMÉN DOUS CONTIÑOS MOI CURTOS DO POLO PEPE (O POLO PEPE APRENDE A VOAR E O POLO PEPE VAI DE PASEO). DENDE QUE O COÑECEMOS ENCÁNTANOS E TODOS OS DÍAS NOS PREGUNTAMOS QUE ANDARÁ A ARGALLAR ESTE POLO TAN SIMPÁTICO...
O SEGUNDO DÍA DE COLE CANTAMOS A CANCIÓN DO POLO PEPE MENTRAS QUE MIRABAMOS O CONTO, XOGAMOS AS ESTATUAS COA SÚA MÚSICA E PINTÁMOLO CON TÉMPERA E PINCEL.
COMPARTO CON VÓS UN VÍDEO DO CONTO COA CANCIÓN, POR SE LLES APETECE VELO NA CASA, E TAMÉN UNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario