viernes, 11 de septiembre de 2020

PRIMEIRO DÍA SUPERADO!!!!

 OLA FAMILIAS!!!!

COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA E SUPERAMOS ESTE PRIMEIRO DÍA TAN TEMIDO POR TOD@S AS FAMILIAS!!!! PORTÁMONOS MOI MOI BEN E XOGAMOS AOS COCHES, NA CASIÑA, COA PLASTILINA, CANTAMOS, LEMOS ALGÚN CONTO (NALGÚN DOS EQUIPOS) E CASE TODOS SAIMOS CUN SORRISO QUE, NESTES MOMENTOS, É O QUE MÁIS NOS IMPORTA!

A SEMANA PRÓXIMA OS EQUIPOS ESTÁN MOI SEGUIDOS E ENTRE ELES, TEÑO QUE DESINFECTAR, POLO QUE SE ESTADES A RECOLLELOS 5 MINUTIÑOS ANTES DA HORA MELLOR, ASÍ COMÉNTOVOS QUE TAL PASARON A XORNADA. TAMÉN PEDIRVOS QUE NON CHEGUEDES AO COLE (CANDO OS VINDES A DEIXAR) MOITO ANTES, XA QUE AS ESPERAS PARA ELES SON DIFÍCILES.

 COMPARTIMOS UNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA QUE SEMPRE QUEDARÁ NA NOSA MEMORIA. ALGÚNS NEN@S SAEN MÁIS QUE OUTROS, XA VOS PIDO PERDÓN POR ADIANTADO, PERO COLLÍA A CÁMARA CANDO PODÍA. OUTROS NEN@S PREFERÍAN NON SAÍR OU BAIXABAN A CABEZA POLO QUE NON INSISTO. 

ESPERO QUE VOS GUSTE 😊

 
 
ATA O LUNS! BOA FIN DE SEMANA!



No hay comentarios:

Publicar un comentario