jueves, 31 de diciembre de 2015

SORPRESAS ANTES DE NADAL!!

O VENRES ANTES DAS VACACIÓNS TIVEMOS DÚAS GRANDES SORPRESAS. PRIMEIRO APARECEU O PAXE REAL A RECOLLER AS NOSAS CARTAS. DESPOIS FOMOS A UNHA GRAN FESTA ORGANIZADA POLA ANPA. ALÍ BAILAMOS, CANTAMOS, XOGAMOS E PRESENCIAMOS UN ESPECTÁCULO DE MAXIA QUE NOS ENCANTOU. Á VOLTA, TODOS QUERIAMOS SER MAG@S!!!!!

miércoles, 30 de diciembre de 2015

ESTAMPAMOS CON PATATA ADORNOS DE NADAL

COMO ESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS TRABALLANDO A ALIMENTACIÓN, OCORRÉUSENOS ESTAMPAR BOLAS DE NADAL CON PATATA. DESPOIS, FIXEMOS DIFERENTES FORMAS E CREAMOS TAMÉN UNHA ÁRBORE CON CADRADOS DE PATATA QUE POSTERIORMENTE ADORNAMOS CON GOMETS.


martes, 29 de diciembre de 2015

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO E DECEMBRO

EN NOVEMBRO TIVEMOS DE CUMPLE A ELSA E A SARA PERO, POR UN PROBLEMIÑA DE SAÚDE SARA NON PUDO ESTAR, POLO QUE CELEBRAMOS O SEU ANIVERSARIO EN DECEMBRO CON NICOLÁS.

EN NOVEMBRO A MAMÁ DE JOEL OTERO E A MAMÁ DE HUGO RODRÍGUEZ VIÑERON A ENSINARNOS UN BAILE MOI DIVERTIDO!

EN DECEMBRO TAMÉN NOS ACOMPAÑARON ALGUNHAS MAMÁS PERO COMO NON HABÍA ACTIVIDADE MAURO E TEO CANTARON UNHA CANCIÓN E A PROFE VERO CONTOUNOS UN CONTO: " O HOMIÑO DE MAZAPÁN". AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS!

lunes, 28 de diciembre de 2015

OS XIRASOLES NO FESTIVAL DE INVERNO!

ESTE ANO, NO FESTIVAL DE INVERNO, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS CANTAMOS "MUÑECO DE NIEVE EN NAVIDAD" XUNTO COS DEMAIS COMPAÑEIROS DE EDUCACIÓN INFANTIL. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS DO GUAPOS E GUAPAS QUE ESTABAMOS E UN VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN!

jueves, 24 de diciembre de 2015

RECICLANDO NO NADAL!

ESTE NADAL FIXEMOS AS MANUALIDADES CON MATERIAL DE REFUGALLO. COMEZAMOS POR BUSCAR CREBACABEZAS VELLOS, AOS QUE XA LLE FALTABAN PEZAS. CON ESTAS FIXEMOS UN MARCO, PINTÁMOLO E PUXÉMOSLLE PURPURINA DE CORES. PARA REMATAR COLOCÁMOSLLE UNHA FOTO E UN FÍO PARA COLGALO.
ADEMAIS, PARA DECORAR OS CORREDORES PINTAMOS UNS ROLOS DE PAPEL DE COCIÑA QUE TRANSFORMAMOS, CUNS ADORNIÑOS, NUNHA ÁRBORE DE NADAL! A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS O RESULTADO.

martes, 8 de diciembre de 2015

PREPARAMOS COMIDA ITALIANA COA MAMÁ DE ESTELA E OS PAIS DE INÉS!

ESTE TRIMESTRE OS XIRASOLES ESTAMOS MOI BEN ACOMPAÑADOS DE UNS PAPÁS E MAMÁS MOI BOS COCIÑEIROS!!!!

NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS A MAMÁ DE ESTELA VEU A PREPARAR PIZZA CON NÓS. FIXEMOS A MASA COA SÚA AXUDA E CADA UN ELABOROU A SÚA PROPIA MINI PIZZA CON INGREDIENTES QUE NÓS MESMOS ESCOLLEMOS.



UNS DÍAS DESPOIS OS PAIS DE INÉS VIÑERON A PREPARAR OUTRA ESPECIALIDADE ITALIANA: PASTA! PARECEUNOS MOI FÁCIL E ENCANTOUNOS USAR A MÁQUINA PARA FACER ESPAGUETIS!


domingo, 6 de diciembre de 2015

A MAMÁ DE IRIA SORPÉNDENOS CON DÚAS RECETAS DELICIOSAS!!!!!

SE ALGO SABEMOS OS XIRASOLES É QUE A MAMÁ DE IRIA TEN MOI BOA MAN COA COCIÑA, POLO QUE ESTE TRIMESTRE APROVEITÁMONOS UN POUQUIÑO DA SÚA CONFIANZA... CANDO ESTIVEMOS TRABALLANDO AS FABAS, VEU A PRESENTARNOS UN PLATO TÍPICO DE BRASIL QUE FAI A AVOA DE IRIA,  E QUE ADEMÁIS É UNHA DAS SÚAS COMIDAS PREFERIDAS.  CHÁMANLLE "PRATO FEITO" PORQUE LEVA UN POUCO DE TODO: FEIXÓNS, VERDURAS, ARROZ E CARNE. TRABALLARON MOI DURO XA QUE NOLO PREPARARON PARA TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL. QUERÉMOS AGRADECERLLE ÁS DÚAS O SEU ESFORZO!!!!!!



PERO ISTO NON REMATA AQUÍ, ESTA SEMANA CARMEN VOLVEU A VISITARNOS PARA PREPARARNOS UN POSTRE! UNHAS MAGDALENAS DELICIOSAS QUE DECORAMOS CON CARAS DE RENOS POIS O NADAL ESTÁ A VOLTA DA ESQUINA! PODEDES FACELAS NA CASA XA QUE SON MOI FÁCILES E SE MIDE TODO CUN VASIÑO DE IOGUR.



GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN CARMEN!!!!

miércoles, 25 de noviembre de 2015

A FESTA DOS FROITOS DO OUTONO

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CELEBRAMOS UNHA FESTA CON FROITOS DO OUTONO. CADA CLASE ENCARGOUSE DE PREPARAR UN VÍDEO CON INFORMACIÓN E UNHA MESA DE DEGUSTACIÓN. OS CHOQUETES PREPARARON AS AMÉNDOAS E AS MANDARINAS; OS APOLOS AS NOCES E AS MAZÁS; OS COQUIÑOS OS CACAHUETES E A GRANADA E NÓS, OS XIRASOLES, A CASTAÑA E AS UVAS.

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI INVESTIGAR SOBRE OS NOSOS FROITOS, COMO ERAN, DE ONDE VIÑAN, QUE PODIAMOS FACER CON ELES... PREGUNTAMOS NA CASA, A ALGUNHA PROFE E SAIMOS POR REBOREDA EN BUSCA DUN CASTIÑEIRO DE DUNHA VIDE!



CADA EQUIPO FIXO O SEU VÍDEO E, PARA REMTAR, PREPARAMOS A FESTA! NON VOLO PODEDES PERDER!!!!


domingo, 15 de noviembre de 2015

OS APOLOS E OS XIRASOLES NO MAGOSTO DO COLE!

O MARTES CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLE. COMO EN ANOS ANTERIORES, ANTES DE COMER AS CASTAÑAS FACEMOS VARIOS XOGOS. ESTE CURSO ESTIVEMOS NA CORDA, DESPOIS NO TREN COMECASTAÑAS E, POR ÚLTIMO, POÑÉNDOLLE O RABO AO BURRO. PASÁMOLO XENIAL! PARA REMATAR COMEMOS AS CASTAÑAS CUNS CESTIÑOS MOI ORIXINAIS QUE FIXEMOS CUN CARTÓN DE LEITE E NO QUE TIÑAMOS UN APARTADO PARA AS CASTAÑAS E OUTRO PARA TIRAR AS CASCAS.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow customized with Smilebox

lunes, 9 de noviembre de 2015

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

MATEO PEREIRA ESTIVO DE ANIVERSARIO EN OUTUBRO! ESTES XIRASOLES FÁNSENOS MAIORES... AO IGUAL QUE NO MES ANTERIOR, AS FAMILIAS DOS CUMPLEAÑEIROS ENVIÁRONNOS UNS BISCOITOS RIQUÍSIMOS E A MAMÁ DE GORKA FÍXONOS UN NÚMERO DE MAXIA!!!! CANDO REMATAMOS OS ANIVERSARIOS FIXEMOS TRES TALLERES. TAMÉN VOS DEIXAMOS AS FOTIÑOS DUN DOS TALLERES.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a picture slideshow

domingo, 1 de noviembre de 2015

OS XIRASOLES FACEMOS COROAS DE MONSTROS!!!!

ESTE ANO POLO SAMAÍN DECIDIMOS POÑERNOS TERRORÍFICOS... FIXEMOS UNHAS COROAS CHULÍSIMAS!!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow generated with Smilebox

domingo, 25 de octubre de 2015

A SEMANA DO FEIXÓN NO COLE DE REBOREDA

COMO SABEMOS O PROXECTO DESTE ANO ESTÁ DEDICADO Á EDUCACIÓN PARA UNHA VIDA SAUDABLE. DENTRO DESTE QUIXEMOS DESTACAR A ALIMENTACIÓN E, EN CONCRETO, AS LEGUMES XA QUE O ANO 2016 É O ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES.  POR ISTO, UNHA SEMANA POR TRIMESTRE SERÁ DEDICADA A ESTUDAR UNHA LEGUME E A SEGUINTE A COCIÑALA. NESTE TRIMESTRE A LEGUME FOI O FEIXÓN.

CADA CURSO DE INFANTIL FIXO UNHA RECEITA CON FABAS: OS APOLOS FIXERON FABADA, OS COQUIÑOS UNHA ENSALADA E NÓS, OS XIRASOLES, FABAS CON TOMÁTE (BAKED BEANS) TÍPICAS DO ALMORZO INGLÉS.

MIRADE QUE BOA PINTA TIÑAN!

sábado, 17 de octubre de 2015

FACEMOS BATIDOS DE FROITAS!!!!!

A SEMANA PASADA, COQUIÑOS E XIRASOLES, SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE A ALIMENTACIÓN SAUDABLE, CONCRETAMENTE SOBRE A FROITA E AS COUSAS QUE PODEMOS FACER CON ELA. DECIDIMOS MESTURALOS CON LEITES DIFERENTES (DE VACA E DE SOJA) E DESFRUTAR DO SEU SABOR E AS SÚAS VITAMINAS!

PARA ISTO FIXEMOS EQUIPOS QUE NÓS MESMOS ESCOLLEMOS EN FUNCIÓN DOS NOSOS GUSTOS. TODOS TIÑAMOS MEDIO PLÁTANO NA MAN QUE TIVEMOS QUE MESTURAR COA FROITA QUE MÁIS NOS GUSTARA, POLO QUE QUEDARON OS SEGUINTES EQUIPOS:
  • O EQUIPO DA MAZÁ: HUGO B., IVÁN, HUGO R., MAURO, RUBÉN, JOEL, MARCO E MATEO P. 
  • O EQUIPO DO MELÓN: GORKA, NUNO, LEIRE, PEDRO, JOEL S., ABEL, RAÚL, HUGO F. E SARA S. 
  • O EQUIPO DA LARANXA: ELSA, CANDELA, CARLA, NICOLÁS, EVA E ALÁN.
  • O EQUIPO DO KIWI: MATEO A., DAVID, ANTÍA, BRAIS E ERIK. 
  • O EQUIPO DA PIÑA: IRIA, ANDREA, INÉS, ÁLEX E ESTELA. 

CORTAMOS E PELAMOS A FROITA, MESTURÁMOLA CO LEITE E UN POUQUIÑO DE AZUCRE, BATÉMOLA E... ESTE FOI O RESULTADO!!!!



 GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

sábado, 10 de octubre de 2015

ENCÁNTANOS O OUTONO!

TODOS OS OS DÍAS NOS FIXAMOS NO TEMPO QUE FAI E NAS ÁRBORES DO PATIO, QUE XA NOS INDICAN QUE CHEGOU O OUTONO. O LUNS PASADO SAIMOS A RECOLLER FOLLAS QUE CLASIFICAMOS, PINTAMOS, ESTAMPAMOS E APROVEITAMOS PARA FACER UN BONITO CADRO DURANTE A SEMANA.

DE CAMIÑO, AGARDÁBANOS UNHA AGRADABLE SORPRESA POIS ACABÁBANOS DE SAÍR UN XIRASOL DOS QUE PLANTAMOS A FINAIS DO CURSO PASADO. AQUÍ VOS DEIXAMOS TODO ISTO!


viernes, 9 de octubre de 2015

BOA FIN DE SEMANA!

PARA COMEZAR A FIN DE SEMANA CON RITMO COMPARTIMOS O VIDEOCLIP QUE FIXEMOS CO RESTO DE NENOS E NENAS DE INFANTIL PARA O 50 ANIVERSARIO! DISFRUTÁDEA MOITO!

lunes, 5 de octubre de 2015

AS NOSAS COMIDAS PREFERIDAS!

A SEMANA PASADA LEMOS O CONTO "A QUE SABE A LÚA" (QUE NOS ENCANTOU) E COMEZAMOS A FALAR DE CALES ERAN OS ALIMENTOS QUE MÁIS E MENOS NOS GUSTABAN. NO CONTO, UNS ANIMAIS INTENTAN COLLER UN ANACO DE LÚA E CANDO O CONSEGUEN A CADA UN SÁBELLE A COUSA QUE MÁIS LLE GUSTA. NÓS TAMÉN VOS QUEREMOS AMOSAR A QUE NOS SOUBO O NOSO ANAQUIÑO DE LÚA:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a digital slideshow


ADEMAIS FOMOS A INFORMÁTICA A XOGAR AO SEGUINTE LIM. DEIXÁMOSVOLO AQUÍ POR SE VOS APETECE XOGAR NA CASA. ALGUNHAS PÁXINAS SON MOI DIFÍCILES PERO PÓDENSE PASAR OU CON AXUDA SEGURO QUE O CONSEGUIMOS!
(FAI CLIC SOBRE A IMAXE PARA IR AO XOGO)

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/02/que-sabe-lua.html

lunes, 28 de septiembre de 2015

sábado, 26 de septiembre de 2015

IRIA TRÁENOS UNHA SORPRESA

ESTE XOVES IRIA TRÓUXONOS UN INSECTO PAU PARA AMOSARNOS. ENCANTOUNOS E TODOS QUERIAMOS COLLELO PERO, DESPOIS DE MOITO REFLEXIONAR E PEDIRLLE PERMISO A IRMÁ MAIOR DE IRIA, DECIDIMOS SOLTALO POIS A NÓS TAMPOUCO NOS GUSTARÍA VIVIR NUNHA CAIXA. FOI MOI DIVERTIDO, DEMOS UN PASEO E DEIXÁMOLO LIBRE NO LUGAR QUE CREMOS MÁIS ADECUADO PARA EL E PARA QUE NOS VIÑERA VISITAR DE VEZ EN CANDO. AHH E TAMÉN LLE PUXEMOS NOME: RAYO (POR SER O MÁIS RÁPIDO).

OS ANIVERSARIOS DO MES DE SETEMBRO

NESTE CURSO OS ANIVERSARIOS TAMÉN SON NOVIDADE! CADA FAMILIA DOS CUMPLEAÑEIROS PREPAROU UN PASTEL QUE COMPARTIU CON TODOS NÓS. TAMÉN, AS FAMILIAS DOS NEN@S QUE ESTE MES ESTABAN DE ANIVERSARIO NOS ACOMPAÑARON E INCLUSO SE ATREVERON A FACERNOS ALGUNHA ACTUACIÓN. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS. GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLO VOSO TEMPO E DEDICACIÓN!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own digital slideshow

viernes, 18 de septiembre de 2015

ESTRENÁMONOS NESTE CURSO FACENDO PAN!

NESTE NOVO CURSO, O NOSO PROXECTO SERÁ "EDUCANDO PARA UNHA VIDA SAUDABLE". NO PRIMEIRO TRIMESTRE INVESTIGAREMOS E APRENDEREMOS MOITAS COUSAS SOBRE A ALIMENTACIÓN. COMEZAMOS POR ALGO TAN BÁSICO COMO O PAN. LEMOS UN CONTO ONDE NOS EXPLICARON COMO FACELO PARA DESPOIS LEVALO A PRÁCTICA. ASÍ DE BEN O PASAMOS!

lunes, 8 de junio de 2015

OS XIRASOLES COÑECEMOS INDIANA BILL!

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS DO QUE É XA UNHA TRADICIÓN NO NOSO COLE: A EXCURSIÓN A INDIANA BILL. AÍNDA FOMOS O MÉRCORES E XA ESTAMOS DESEXANDO VOLVER... ESPERARAMOS IMPACIENTES AO PRÓXIMO ANO!

sábado, 6 de junio de 2015

OUTROS CADROS DE VAN GOGH DENDE OS NOSOS OLLOS

ESTE CURSO COÑECEMOS MOITAS COUSAS DE VAN GOGH. QUEREMOS AMOSARVOS TRES CADROS QUE TRABALLAMOS.

O PRIMEIRO DELES, "MALEZA CON DÚAS FIGURAS", ENCANTOUNOS XA QUE ESCOLLEMOS ENTRE TODOS FACELO E OS PASOS PARA QUE QUEDARA O MÁIS PARECIDO POSIBLE AO DE VAN GOGH.

DECIDIMOS USAR UNHA CARTOLINA VERDE, POIS ALGÚN XIRASOL PENSABA QUE NON FACÍA FALTA PINTALA SE XA EXISTÍA. DESPOIS DECATÁMONOS DE QUE TIÑA RAÍÑAS FACENDO A MALEZA E PENSAMOS QUE CON UN GARFO QUEDARÍA BEN. TAMÉN LLE PUXEMOS UNHA LIÑA NEGRA NA PARTE SUPERIOR, XA QUE NOS PARECÍA QUE ERA DE NOITE. PARA REMATAR PINTAMOS AS FLORES CO DEDO, PEGAMOSLLE AS ÁRBORES E ESCOLLEMOS PARELLAS PARA SACAR AS FOTOS. ESTE É O RESULTADO!


O SEGUINTE CADRO É "MELOCOTOEIRO EN FLOR". SAIMOS AO REDOR DO COLE A BUSCAR ÁRBORES QUE ESTABAN FLORECENDO. FIXÁMONOS EN COMO ERA O CADRO E COMPARÁMOLOS COAS ÁRBORES QUE ATOPAMOS. PINTAMOS O TRONCO CON CERA, DESPOIS CUN BASTONCIÑO AS FLORES E O CHAN CON ESPONXA.


PARA REMATAR DEIXÁMOSVOS UNHA FOTO DE "OS LIRIOS" QUE FIXEMOS CON ESPONXA, TALADROS DE FLOR E GOMETS.

jueves, 21 de mayo de 2015

PLANTAMOS TOMATES!

CON ESTE BO TEMPO, OS COQUIÑOS E OS XIRASOLES SAÍMOS Á HORTA PARA PLANTAR TOMATES. A SEMANA PRÓXIMA VOLVEREMOS PERO CON LEITUGAS. FIXEMOS EQUIPOS E AXUDÁMONOS OS UNS AOS OUTROS. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI FACER O BURATO E, SOBRE TODO, REGAR!

viernes, 15 de mayo de 2015

PINTAMOS CON VANE, A MAMÁ DE NICOLÁS

A SEMANA PASADA VISITOUNOS VANE, A MAMÁ DE NICOLAS. PRESENTOUNOS MOITOS PINCELES FEITOS POR ELA CON ESPONXA, PAPEL, FÍOS... A SÚA IDEA ENCANTOUNOS E DISFRUTAMOS TANTO PINTANDO E EXPERIMENTADO QUE NON DABAMOS VISTAS AS NOSAS OBRAS REMATADAS!!! ASÍ DE BEN NOS QUEDARON!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a slideshow design

jueves, 14 de mayo de 2015

PARA OS ANIVERSARIOS DE ABRIL...FLORES DE GALLETA E PLÁTANO!

EN ABRIL NON TIVEMOS A NINGÚN XIRASOL DE CUMPLE PERO CELEBRAMOS UNS ANIVERSARIOS ESTUPENDOS CON FLORES DE GALLETA E PLÁTANO. ESTABAN RIQUÍSIMAS!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow created with Smilebox

miércoles, 29 de abril de 2015

UNHA LECTURA SILENCIOSA MOI ESPECIAL!

O 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, FIXEMOS UNHA LECTURA SILENCIOSA MOI ESPECIAL; PRIMEIRO PORQUE OS LIBROS SAIRON DA BIBLIOTECA PARA OCUPAR TODOS OS RECUNCHOS DO COLE E, SEGUNDO, PORQUE MOITAS DAS NOSAS FAMILIAS COMPARTIRON ESTA LECTURA CON NÓS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow by Smilebox

sábado, 25 de abril de 2015

OBRADOIRO DE GOMA EVA COA MAMÁ DE IVÁN

POR TODOS NÓS É BEN SABIDO QUE A MAMÁ DE IVÁN É UNHA ARTISTA COA GOMA EVA. ESTE XOVES FÍXONOS UNHA DEMOSTRACIÓN NA CLASE AOS COQUIÑOS E AOS XIRASOLES. FIXEMOS UNHAS GORRAS DECORADAS DE YAYOI KUSAMA E VAN GOGH QUE NOS QUEDARON ESTUPENDAS! QUEREMOS AGRADECERLLE A DIANA A SÚA VISITA E TODO O QUE APRENDEMOS CON ELA! DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO COA EXPLICACIÓN DE DIANA, POR SE QUEREDES FACER A GORRA NA CASA, E OUTRO COAS FOTOS DO OBRADOIRO.

viernes, 24 de abril de 2015

O DÍA DA ÁRBORE

O LUNS 20 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE EN VENTOSELA. ADEMAIS DE PLANTAR UNHA ÁRBORE XOGAMOS E MERENDAMOS NO MONTE. TAMÉN REPARTIRON OS PREMIOS DO CONCURSO "ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO" DO QUE A GAÑADORA FOI ESTELA! AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS DO NOSO DÍA!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow design

jueves, 9 de abril de 2015

"A NOITE ESTRELADA" DE VAN GOGH

CANDO COMEZAMOS A COÑECER COUSIÑAS SOBRE VAN GOGH, ESTE CADRO FOI O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN E POLO QUE QUIXEMOS COMEZAR. CORTAMOS, PEGAMOS, DECORAMOS, PINTAMOS... E O RESULTADO DESTES ARTISTAS FOI INMELLORABLE!

miércoles, 8 de abril de 2015

ANIVERSARIOS DE MARZO

EN MARZO IRIA E INÉS CUMPLIRON 4 ANIÑOS! FACÉMONOS MAIORES! PARA MERENDAR PREPARAMOS UNHAS FRUTAS (FRESAS E PLÁTANO) EN ANAQUIÑOS  E MOLLÁMOLAS EN CHOCOLATE. ESTABA RIQUÍSIMO AÍNDA QUE NOS MANCHAMOS DE MÁIS! MIRADE QUE BEN O PASAMOS!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own photo slideshow

lunes, 6 de abril de 2015

OS XIRASOLES DE VAN GOGH

LEVAMOS MOITO TEMPO SEN PUBLICAR PORQUE SE NOS ESTROPEOU O ORDENADOR DO COLE E NON TIÑAMOS FOTOS. AGORA IREMOS SUBINDO AS QUE TEMOS ATRASADAS. AQUÍ VOS DEIXAMOS O CADRO DOS XIRASOLES DE VAN GOGH!
Click to play this Smilebox slideshow 

Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free photo slideshow

jueves, 19 de marzo de 2015

CURTAMETRAXES PARA A OCASIÓN!

AOS XIRASOLES ENCÁNTANLLES AS CURTAMETRAXES. AQUÍ VOS DEIXAMOS TRES QUE SEGURO VOS GUSTARÁN A TODA A FAMILIA! 

La luna



La hija del vaquero



Braxton

miércoles, 11 de marzo de 2015

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO

O MARTES PASADO FOMOS AO SALÓN DO LIBRO A VER A OBRA "A GUERRA DOS NÚMEROS". NON PUIDEMOS DAR UNHA VOLTIÑA POLO SALÓN POR FALTA DE TEMPO. O DÍA TAMPOUCO ACOMPAÑOU MOITO XA QUE ACABAMOS TAN MOLLADOS COMO PODEDES VER A CONTINUACIÓN... A PESAR DE TODO PASÁMOLO MOI BEN E ESTIVEMOS CON ORBIL QUE, ANTES DE MARCHAR, NOS VEU SAUDAR.

miércoles, 25 de febrero de 2015

OS XIRASOLES DE VAN GOGH NO ENTROIDO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMO DO NOSO ENTROIDO!!!! NO PRIMEIRO VÍDEO ESTAMOS COS COQUIÑOS (4 ANOS). ESTE DÍA MUDÁMONOS DE AULA E COA SÚA AXUDA FIXEMOS UN OBRADOIRO DE ANTIFACES. PASÁMOLO MOI BEN!! O SEGUNDO SON AS NOSAS PRIMEIRAS ORDES DO MECO E, POR ÚLTIMO, O VÍDEO DO DÍA DO ENTROIDO DISFRAZADOS DE XIRASOLES. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!

viernes, 6 de febrero de 2015

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

OS XIRASOLES FANSE MAIORES. EN XANEIRO TIVEMOS DE ANIVERSARIO A IVÁN E A ESTELA QUE CUMPLIRON CATRO ANOS. PARA CELEBRALO PREPARAMOS UNS OSIÑOS CON PAN, MARMELADA E PLÁTANO.

domingo, 1 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

O VENRES CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ. DEBIDO AO MAL TEMPO, NON PUDEMOS SAIR AO PATIO COMO EN ANOS ANTERIORES. PARA CELEBRAR ESTE DÍA, FIXEMOS UN CORAZÓN CADA UN QUE PEGAMOS XUNTO AOS DO RESTO DOS NEN@S DO COLE NOUTRO CORAZÓN XIGANTE. ADEMAIS CANTAMOS A CANCIÓN "EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN", QUE VOS DEIXAMOS A CONTINUACIÓN.
CADA CLASE LEU UN PEQUENO POEMA. EN INFANTIL, OS SAPIENS, QUE SON OS MAIORES, LERON EN REPRESENTACIÓN DE TODOS.


sábado, 24 de enero de 2015

ANIVERSARIOS E SORPRESAS DE NADAL

EN DECEMBRO ESTIVO NICOLÁS DE ANIVERSARIO. CO FRÍO, E O INVERNO CERCA, PENSAMOS EN FACER UNS BONECOS DE NEVE CON PAN BIMBO. PUXÉMOSLLE LACASIÑOS PARA A CARA E OS BOTÓNS, UNHA GOMINOLA PARA A BUFANDA E UN 3D PARA O GORRIÑO.

TAMÉN VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DE NADAL, CUNHA GRAN SORPRESA QUE NOS MANDOU CARMEN, A MAMÁ DE IRIA, A FESTA QUE ORGANIZOU A ANPA E A VISITA DOS REIS MAGOS. ESPERAMOS QUE OS DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS!

lunes, 19 de enero de 2015

OS NOSOS NOMES

COMEZAMOS ESTE SEGUNDO TRIMESTRE CUN PROXECTO DOS NOSOS NOMES. NEL IREMOS AMOSANDO AS DIFERENTES COUSIÑAS QUE VAMOS FACENDO. O PRIMEIRO FOI RECOÑECER O NOSO NOSO NOME ENTRE O DOS COMPAÑEIROS. CUSTOUNOS UN POUCO XA QUE ESTABAN BEN ESCONDIDOS... A SEGUNDA FICHA (QUE NOS GUSTOU MOITO) FOI ESCOLLER DIFERENTES MATERIAIS PARA DECORAR AS LETRAS. QUEDÁRONNOS ASÍ DE BONITOS!

viernes, 2 de enero de 2015

ÁRBORES E BÓLAS DE NADAL

PARA DECORAR O COLE OS XIRASOLES FIXEMOS UNHAS ÁRBORES MOI ORIXINAIS COS PÉS E UNHAS BÓLAS CON LÁ. AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS E APROVEITAMOS PARA DESEXAVOS FELIZ 2015 A TOD@S!