jueves, 24 de diciembre de 2020

BO NADAL!

 MOI BO NADAL DE PARTE DE TODAS AS BALEAS!!!!!!!

ESTE É O VÍDEO CO QUE FELICITAMOS ÁS FAMILIAS, AO RESTO DE COMPAÑEIR@S DO COLE, AOS PROFES E A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA! PASÁMOLO MOI BEN FACÉNDOO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

DEIXÁMOSVOS TAMÉN O ENLACE AO DO RESTO DOS VÍDEOS DO COLE.

MOI BO NADAL!!!!!



martes, 22 de diciembre de 2020

DECORAMOS E REUTILIZAMOS

ESTE NADAL, COMO NORMA DE CENTRO, DECIDIMOS UTILIZAR PARA A NOSA DECORACIÓN MATERIAL RECICLADO. TRABALLAMOS ARREO PARA DECORAR OS CORREDORES, A PORTA, A ENTRADA... PERO O RESULTADO ENCANTOUNOS!

DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO DE COMO O FIXEMOS!

viernes, 18 de diciembre de 2020

NADAL E LUZ NEGRA

OS VENRES DE DECEMBRO, SEGUIMOS FACENDO OS OBRADOIROS DE LUZ NEGRA QUE TANTO NOS GUSTAN!

UN DELES FOI NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE COA PROFE IRIA E O PROFE SERGIO. COLOREAMOS UNHA PLUMA BRILLANTE E CONVERTÉMONOS EN AUTÉNTICOS INDIOS!

OS OUTROS DOUS VENRES ADICÁMOLOS AO NADAL:

NUNHA DAS SESIÓNS COLOREAMOS MANDALAS MOI SINXELAS. 

NA OUTRA XOGAMOS COA PLASTILINA BRILLANTE UTILIZANDO UNS PATRÓNS CON MOTIVOS DO NADAL. ESTES PATRÓNS ESTABAN COLOREADOS PARA QUE BRILLARAN COA LUZ NEGRA E PLASTIFICADOS PARA QUE NON SE ESTROPEEN COA PLASTILINA. SE QUEREDES UTILIZAR OS PATRÓNS PODÉDELOS DESCARGAR 👉AQUÍ

PASÁMOLO MOI BEN, RELAXÁMONOS MOOOITO. CADA DÍA MELLOR 😀


miércoles, 16 de diciembre de 2020

COCIÑA DE NADAL

ENCÁNTANNOS COCIÑAR! AÍNDA QUE ESTE CURSO ESTAMOS MÁIS LIMITADOS POLA SITUACIÓN NON QUEREMOS DEIXAR DE FACELO, POLO QUE CADA NEN@ PREPARA A SÚA RECETA INDIVIDUALMENTE. 

NESTA OCASIÓN NON FIXEMOS UNHA RECETA NADA SAUDABLE... PERO TEMOS QUE DICIR QUE ESTABA MOI RICA 😋

TEDI DEIXOUNOS MASA NA CAIXA MÁXICA E ESCONDEUSE DETRÁS DUNS BOTES DE CREMA DE CACAO. EXPLICOUNOS NUNHA NOTIÑA O QUE TIÑAMOS QUE FACER: ÁRBORES DE CHOCOLATE!!! NON O DUBIDAMOS E PUXÉMONOS MANS Á OBRA!



martes, 15 de diciembre de 2020

FACEMOS NEVE!

TEDI SEGUE DEIXÁNDONOS SORPRESAS CADA DÍA... NESTA OCASIÓN UN CONTO FERMOSÍSIMO SOBRE UN COPO DE NEVE QUE SE FAI NUBE. A PARTIR DA SÚA HISTORIA FIXEMOS NEVE CON BICARBONATO, CONVERTEMOS NEVE EN AUGA E AUGA EN VAPOR E BUSCAMOS FORMAS NAS NUBES.

 

ADEMAIS, CON ESTE CONTO PODEMOS TRABALLAR OUTROS TEMAS MÁIS PROFUNDOS, COMO A PERDA (NON FOI O NOSO CASO, PERO POR SE O PRECISAMOS NALGUNHA OCASIÓN).

 DEXÁMOSVOS UN VÍDEO XOGANDO COA NEVE:



lunes, 7 de diciembre de 2020

XOGOS DE NADAL NOS RECANTOS

COMEZOU O MES DE DECEMBRO E OS NOSOS RECANTOS TINGUÍRONSE DE NADAL. TEMOS UN XOGO POR EQUIPO E ÍMOLOS ROTANDO. CON ELES TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA, A ATENCIÓN, A MEMORIA, ASOCIACIÓN E A CREATIVIDADE.

FACÉMOLO MOI BEN!

miércoles, 2 de diciembre de 2020

PAPÁ NOEL ENVÍANOS UNHA MENSAXE!!!!!

HOXE POLA MAÑÁ CHEGOUNOS, POR MENSAXERÍA URXENTE, UNHA CAIXA DE NADAL Á CLASE DAS BALEAS!!!!!

DENTRO HABÍA UN PEN CUN VÍDEO, UN ELFO  E UNHA NOTIÑA. NO VÍDEO, PAPÁ NOEL EXPLICÁBANOS QUE TIÑAMOS QUE FACER CON TODAS ESAS COUSAS:

- O ELFO É UN ENVIADO DE PAPÁ NOEL PARA TRAERNOS SORPRESAS!!! O QUE PASA É QUE É MOOOI XOGUETÓN E TEMOS QUE TER COIDADO COAS SÚAS TRASNADAS... DE NOITE O ELFO CONTARALLE A PAPÁ NOEL AS COUSAS QUE FACEMOS E Á VOLTA, POLA MAÑÁ, TEMOS QUE BUSCALO, XA QUE CADA DÍA APARECE NUN LUGAR DIFERENTE!

- A NOTIÑA ERA UNHA PETICIÓN DE PAPÁ NOEL... E DECÍANOS QUE AOS CORREDORES DO COLE TAMÉN DEBÍA CHEGAR O NADAL, POLO QUE DEBEMOS DECORALOS.

- O PEN TIÑA UN VÍDEO MOOOI ESPECIAL, UNHA MENSAXE DE PAPÁ NOEL. ESTE VÍDEO CHEGOUNOS PORQUE A PROFE IRIA TEN CONTACTO DIRECTO CON PAPÁ NOEL E FÍXONOS O FAVOR DE PEDIRLLE ESTE AGASALLO QUE TANTA ILUSIÓN NOS FIXO.

A PARTIR DE HOXE, E ATA QUE VEÑA PAPÁ NOEL, ESTE ELFO (AO QUE LLE PUXEMOS O NOME DE TEDI) VAI QUEDAR CON NÓS, DEIXÁNDONOS UNHA SORPRESIÑA CADA DÍA! ESTAMOS IMPACIENTES!!!!

COMPARTIMOS O VÍDEO POR AQUÍ, XA QUE TEMOS A MARIO ENFERMIÑO E NON QUEREMOS QUE O PERDA! 

👉HOXE LEVARON UN RECADO PERO POR SE ALGÚNS SE ESQUECEN DEIXOO POR AQUÍ: SE PODEDES, POR FAVOR, ENVIARNOS UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO USADA (DE REFRESCO, AUGA...) DA IGUAL GRANDE OU PEQUENA. SE PODE SER LAVADA, QUE É PARA CORTAR.

GRAZAS!

miércoles, 25 de noviembre de 2020

BOLBORETAS PARA O 25 DE NOVEMBRO

 Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, unímonos á proposta do CONCELLO DE REDONDELA  e decoramos o cole e a vila con bolboretas!

Con elas recordamos e homenaxeamos as irmáns Mirabal , coñecidas como As Bolboretas.

PARA REALIZAR AS NOSAS BOLBORETAS, PINTAMOS SOAMENTE A METADE, DOBLÁMOLAS, APLASTAMOS, ABRIMOS E... MAXIA! AS DÚAS ÁS APARECEN PINTADAS IGUAIS!



domingo, 22 de noviembre de 2020

COROA DE RENOS PARA O NADAL

 ESTA SEMANA PUXÉMONOS MANS Á OBRA COA DECORACIÓN DE NADAL!

COMEZAMOS CUNS RENOS MOI SINXELOS PERO MOI BONITOS! 

ENROSCÁMOSLLE LA A UN TRIÁNGULO DE CARTÓN. DESPOIS BUSCAMOS DOUS PAUCIÑOS PARA POÑERLLE OS CORNOS. POR ÚLTIMO PUXÉMOSLLE OLLOS E NARIZ.

 


 

AGORA ESTAMOS DECORANDO A PORTA, IRÉMOSVOS ENSINANDO O PROCESO PERO COS RENOS FIXEMOS UNHA COROA MOOOI BONITA


 






sábado, 21 de noviembre de 2020

FACEMOS UN MANTEL DE OUTONO

APROVEITANDO A PAISAXE TAN BONITA QUE TEMOS EN OUTONO, SAIMOS A OBSERVAR AS CORES DAS ÁRBORES, A XOGAR COAS FOLLAS E, DE PASO, COLLEMOS AS QUE MÁIS NOS GUSTARON. 

CANDO VOLVEMOS A CLASE, FIXEMOS UNHA CREACIÓN LIBRE NUNHA CARTULINA A3 CON CORES DO OUTONO E PEGÁMOSLLE A NOSA FOLLA. POR ÚLTIMO ESTAMPÁMOSLLE O NOSO NOME E PLASTIFICÁMOLO.

ESTA É UNHA ACTIVIDADE QUE SEMPRE  FAGO EN TRES ANOS, XA QUE NO COLE,  CANDO MERENDAMOS, UTILIZAMOS UN MANTEL. DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL NON PODEMOS USAR MANTEL NO COLE, POLO QUE ESTE CURSO ESPERO QUE AS BALEAS O DESFRUTEN NA CASA! 

 


viernes, 20 de noviembre de 2020

CABAZAS DE SAMAÍN

ESTE VÍDEO CHEGA CON RETRASO, É DO SAMAÍN. SON AS CABAZAS QUE FIXEMOS PARA QUE A NOSA CLASE ESTIVERA TERRORÍFICA!

jueves, 19 de noviembre de 2020

FACEMOS PAN

 HOXE A MAÑÁ DEU PARA MOITO!!!

ONTE LEMOS O CONTO DE MARÍA (VERSIÓN EN CASTELÁN) OU MARUXA (A VERSIÓN EN GALEGO) DE OQO. ENCANTOUNOS E CON EL DESCUBRIMOS QUE INGREDIENTES PRECISAMOS PARA FACER O PAN. 

 


DESPOIS ESCOITAMOS ESTAS CANCIÓNS NA QUE NOS EXPLICABAN COMO FACELO.


 


 

UNHA VEZ PREPARADOS, HOXE, A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ FIXEMOS PAN. MESTURAMOS OS INGREDIENTES E DEIXAMOS DURMIR A MASA DURANTE UNHA HORA. DESPOIS DIVIDÍMOLA EN ANACOS E REPARTÍMOLA PARA QUE CADA UN FIXERA A SÚA BARRA, O SEU BOLO OU A FORMA QUE MÁIS NOS GUSTOU A CADA UN. 

FORNEÁMOLO, COMÉMOLO E DECORAMOS UN SOBRE PARA LEVAR O ANAQUIÑO QUE NOS SOBROU. DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS FOTIÑOS AQUÍ PARA QUE POIDADES VER O BEN QUE O FACEMOS!



domingo, 8 de noviembre de 2020

2ª SESIÓN CON LUZ NEGRA: ÁRBORES DE OUTONO

 O venres fixemos a nosa segunda sesión con luz negra!

Esta vez a temática foi o outono. Primeiro creamos unha árbore con pezas de madeira, despois colocamos as follas na nosa creación. Apagamos a luz e sopramos para q as follas caeran da nosa árbore.

Tamén tivemos un anaco para xogar libremente e crear o que nos apetecera: un dinosaurio, un peixe, un xardín... iso si, todo con esta luz tan especial e escoitando a música!


 

jueves, 5 de noviembre de 2020

PSICOMOTRICIDADE AO SOL

ESTA SEMANA NON TIVEMOS A ALGÚNS PROFES CON NÓS, PERO NON POR ISO ESQUECEMOS AS SÚAS CLASES. 

APROVEITANDO O SOL, NA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE, SAIMOS AO PATIO A FACER UN CIRCUITO. TIVEMOS QUE SALTAR DUN ARO A OUTRO, MANTER O EQUILIBRIO SOBRE OS LADRILLOS, SALTAR ALTO ENRIBA DUNS CONOS, CAMIÑAR SOBRE UNHA CORDA E ATRAVESAR UNHA FILA DE RODAS (CADA UN AO SEU XEITO). 

 QUEREDES VER QUE BEN O FIXEMOS???👇




miércoles, 4 de noviembre de 2020

FACEMOS SERIES

HOXE NO COLE ESTIVEMOS FACENDO SERIES. COMEZAMOS CON SERIES SINXELAS, DE DOUS ELEMENTOS. PARA ISTO UTILIZAMOS MOITAS COUSAS DISTINTAS QUE SEGURO QUE TENDES NA CASA:

- FROITOS DO OUTONO

- CUNCHAS E PEDRAS 

- BOTÓNS

- PEZAS DE MADEIRA

- ANACOS DE CHURROS DE PISCINA


PRIMEIRO, PARA ENTENDER A DINÁMICA, FIXEMOS UNHA SERIE MOI LONGA ENTRE TODOS DE CABAZAS E PIÑAS. DESPOIS CADA UN NO SEU EQUIPO.

FIXÉMOLO ASÍ DE BEN!!!!



lunes, 2 de noviembre de 2020

INICIAIS CON PLASTILINA

HOXE ESTIVEMOS XOGANDO A BUSCAR AS NOSAS INICIAIS. DESPOIS, CUNHAS PLANTILLAS PLASTIFICADAS, MODELÁMOLAS. 

CADA UN FÍXOO COMO MÁIS LLE GUSTOU: FACENDO CHURROS, BOLAS... TODAS AS LETRAS QUEDARON ESTUPENDAS!




domingo, 1 de noviembre de 2020

SAMAÍN E MAGOSTO!

O VENRES CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO. ESTE ANO FOI UN POUCO DISTINTO, NON SAIMOS, COMO SEMPRE, A XOGAR CON TODOS @S COMPAÑEI@S AO PATIO CUBERTO. ESTE ANO XOGAMOS POR AULAS, NÓS NA NOSA ZONA DO PATIO. 


 

ANTES DE SAÍR, BAILAMOS CANCIÓNS DE MEDO NA CLASE, COMEMOS ROSQUILLAS QUE NOS TROUXERON DENDE A ANPA E DESFRUTAMOS MOITO DAS NOSAS VESTIMENTAS...  TIVEMOS BRUXAS, ESQUELETES, UN DEMO... E ATA O LOBO QUE QUERÍA COMER A CABACIÑA! ESTABAMOS TOD@S MOOOI GUAP@S!

DESPOIS DO PATIO XOGAMOS A ENCESTAR CASTAÑAS E COMEMOS MOI A GUSTIÑO AO SOL. COMPARTIMOS ALGUNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA DIFERENTE!




























 


jueves, 29 de octubre de 2020

CABAZAS EN FAMILIA!

 ESTA SEMANA TROUXEMOS CABAZAS DECORADAS, FEITAS COAS NOSAS FAMILIAS!

TIVEMOS CABAZAS CON MÁSCARA, TERRORÍFICAS E MESMO DE SUPER HEROES! 













GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

miércoles, 28 de octubre de 2020

COCIÑA TERRORÍFICA!

ESTE SAMAÍN COCIÑAMOS POR PRIMEIRA VEZ NA CLASE DAS BALEAS! FIXEMOS ALGO MOI SINXELIÑO, PERO POR ALGO COMÉZASE!!!!

LAVAMOS AS MANS MOI BEN, E CADA UN, NO NOSO SITIO, FIXEMOS A NOSA PROPIA CARA DE MOMIA CON PAN DE MOLDE, SALSA DE TOMATE, QUEIXO E ACEITUNAS. DESPOIS DE PREPARALA MOITOS APROVEITARON E COMERON PAN, SALSA, ACEITUNAS... MENTRES AS PIZZAS ESTABAN NO FORNO.


DESPOIS TROUXEMOS O FORNO Á AULA E... A COMER!!!


 


martes, 27 de octubre de 2020

OS NOSOS BOTES PARA AS CASTAÑAS

O VENRES CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO POLO QUE ESTA SEMANA ESTAMOS PREPARANDO OS BOTES PARA METER AS CASTAÑAS. 

FIXÉMOLOS CON UN VASIÑO DE CARTÓN QUE DECORAMOS CON DÚAS CABAZAS. ESTAMPAMOS CON CORCHOS PINTURA LARANXA E DESPOIS BOTAMOS UN POUCO DE PURPURINA CO DEDO. TIVEMOS QUE SER MOI COIDADOSOS XA QUE NON ERAN MOI GRANDES! PERO FIXÉMOLO ASÍ DE BEN!!!



sábado, 24 de octubre de 2020

A NOSA PRIMEIRA SESIÓN CON LUZ NEGRA!

 ONTE, ANTES DE MARCHAR PARA CASA, FIXEMOS UNHA SESIÓN DE RELAXACIÓN UTILIZANDO LUZ NEGRA (PARA NÓS LUZ MÁXICA). ESTA SOAMENTE ACENDE CANDO ESTAMOS MOI CALADIÑOS E ESCOITAMOS A MÚSICA. SE HAI RUIDO MARCHA E VOLVE A LUZ NORMAL (COA QUE NON BRILLAMOS).

PRIMEIRO EXPERIMENTAMOS CON LAZOS DE COR BRANCA, DESPOIS PINTAMOS CON CORES NEÓN SOBRE PAPEL CONTINUO NO CHAN XUNTO COS NOSOS/AS COMPIS DE EQUIPO. POR ÚLTIMO PINTAMOS MANS, UÑAS, CARAS... E SOBRE TODO BRILLAMOS E RELAXÁMONOS!

 

BOA FIN DE SEMANA!


domingo, 27 de septiembre de 2020

AREA MÁXICA!

NESTAS PRIMEIRAS SEMANAS ESTAMOS FACENDO MOITAS ACTIVIDADES MANIPULATUVAS E COAS QUE TAMÉN PRECISAMOS MOVERNOS POLO COLE PARA CONSEGUIR OS INGREDIENTES, ASÍ COÑECEMOS POUCO A POUCO OS SEUS ESPAZOS. COMPARTIMOS UNHA DELAS QUE NOS ENCANTOU: AREA MÁXICA.

 

FELIZ DOMINGO!


viernes, 25 de septiembre de 2020

O POLO PEPE

 BOAS FAMILIAS!

CADA DÍA ESTAMOS MELLOR NO COLE, ADAPTÁNDONOS ÁS RUTINAS, ESPAZOS E PROFES E, AGORA TAMÉN, Á NOVA REALIDADE NA QUE TEMOS QUE PASAR MÁIS TEMPO SENTADOS POLA SITUACIÓN COVID. ESTÁMOLO FACENDO MOI MOI BEN! 

SAIMOS AO PATIO COA MÁSCARA E AO BAÑO TAMÉN. HOXE QUIXEMOS COÑECER O PATIO DOS XOGUETES E, AÍNDA QUE NON PODEMOS TOCAR NADA, FOMOS A VER OS CAMIÓNS E AS CARRETILLAS COAS QUE MOI PRONTO ESPERAMOS VOLVER A XOGAR!

 

DE PASO, RECOLLEMOS FOLLAS E DEIXÁMOLAS A SECAR PARA FACER UN TRABALLIÑO DE OUTONO O LUNS. TENDES UNHA FOTO NO NOSO INSTAGRAM: https://www.instagram.com/sorrisosdexirasol/

 


HOXE CONTAMOS TAMÉN DOUS CONTIÑOS MOI CURTOS DO POLO PEPE (O POLO PEPE APRENDE A VOAR E O POLO PEPE VAI DE PASEO). DENDE QUE O COÑECEMOS ENCÁNTANOS E TODOS OS DÍAS NOS PREGUNTAMOS QUE ANDARÁ A ARGALLAR ESTE POLO TAN SIMPÁTICO...

O SEGUNDO DÍA DE COLE CANTAMOS A CANCIÓN DO POLO PEPE MENTRAS QUE MIRABAMOS O CONTO, XOGAMOS AS ESTATUAS COA SÚA MÚSICA E PINTÁMOLO CON TÉMPERA E PINCEL.

COMPARTO CON VÓS UN VÍDEO DO CONTO COA CANCIÓN, POR SE LLES APETECE VELO NA CASA,  E TAMÉN UNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA!