martes, 31 de marzo de 2020

DÍA 12 SEN COLE

MOI BOS DÍAS!!!

COMO ESTADES? SEGUIDES PENSANDO NAS RESPOSTAS ÁS ADIVIÑAS? ONTE NOS DERON MOITO XOGO XA QUE UN DOS NOSOS COMPAÑEIROS ENVIOU DÚAS MOI DIVERTIDAS QUE NOS FIXERON PENSAR MOITO E BEN!

HOXE IMOS A XOGAR, A PENSAR E A IMAXINAR COAS FORMAS. PRIMEIRO IMOS VER ESTE VÍDEO DE BITS DAS FORMAS (XA AS SABEMOS CASE TODAS). EXPLICÁDELLE ÁS FAMILIAS COMO TEMOS QUE ESTAR PARA VER OS BITS 👀🙊



 DESPOIS DE VER O VÍDEO PODEMOS XOGAR, COMPARTO UN ENLACE CON VARIOS XOGOS. O DE SIMÓN DICE... ESTÁ MOI CHULO.TOCADE NA IMAXE PARA ACCEDER:

FOTO


PARA TRABALLAR EN CASA VOS PROPOÑO QUE DEBUXEDES NUN FOLIO (VÓS OU UN ADULTO) DOUS CÍRCULOS, DOUS CADRADOS, DOUS TRIÁNGULOS E DOUS RECTÁNGULOS. CANDO ACABEDES DE DEBUXAR TENDES QUE IMAXINAR QUE PODE SER CADA UN DELES E DEBUXAR. POR EXEMPLO, UN CÍRCULO PÓDESE TRANSFORMAR NUNHA PELOTA, UN TRIÁNGULO NO PICO DUN PITIÑO E UN CADRADO NUNHA VENTÁ. TODO O QUE SE VOS OCORRA! VOS DEIXO UN EXEMPLO:




CANDO REMATEDES MIRADE ESTE CONTO E PODEREDES VER TODO O QUE ESTA CAIXA PODE SER!




POR ÚLTIMO, GUSTARÍAME QUE BUSQUEDES POR CASA, COUSAS QUE TEÑAN AS FORMAS QUE APARECEN NO VÍDEO. EU TAMÉN ME VOU A POÑER A BUSCAR! AÍNDA QUE ALGUNHAS SON MOOOOI DIFÍCILES! IMOS FALANDO DO QUE ATOPADES...

 ESPERO QUE PASEDES UN DÍA MOI MOI FELIZ! UN BICO ENOORME!

lunes, 30 de marzo de 2020

DÍA 11 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S!

QUE TAL A FIN DE SEMANA? ESPERO QUE ESTIVERADES ENTRETIDOS E SE VOS PASARA PRONTO.


PARA QUE ESTA MAÑÁ A PASEDES ENTRETIDOS DÉIXOVOS UHAS ADIVIÑAS COMO AS QUE BRAIS NOS CONTA TÓDOS OS DÍAS NO COLE. SE SABEDES MÁIS E QUEREDES ENVIÁDESMAS NUN VÍDEO PODÉMOLAS COMPARTIR COS COMPAÑEIROS AQUÍ.



AS ADIVIÑAS SON FACILIÑAS, LEDELAS CON AXUDA DE UN ADULTO E PODEDES ESCRIBIR AS RESPOSTAS NUN PAPEL. NO SEGUNDO FOLIO ESTÁN AS RESPOSTAS PARA COMPROBAR SE ACERTASTES (FAI CLIC NA IMAXE PARA IR ÁS ADIVIÑAS).


FOTO


HOXE COMPARTO DOUS CONTOS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA DO COLE AOS QUE SUSA HERRERA LLES FIXO UNHA CANCIÓN. ESPERO QUE VOS GUSTEN.



POR ÚLTIMO, PARA FACER CON COUSAS QUE TEMOS EN CASA, DÉIXOVOS UNS ANIMALIÑOS (COMO CASIMIRO ELEFANTE) PARA FACER CON ROLOS DE PAPEL.

viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA 10 SEN COLE

MOI BOS DÍAS!

QUE RÁPIDO PASOU A SEMANA! XA É VENRES! ESPERO QUE ESTEDES TOD@S MOI MOI BEN!

HOXE AS ACTIVIDADES QUE VOS DEIXO SON DE DINOSAURIOS, XA QUE CANDO DEIXAMOS DE IR AO COLE ESTABAMOS CO PROXECTO E NOS GUSTABA UN MONTÓN.

EMPEZAMOS CUNHAS CANCIÓNS E UN DOCUMENTAL:







PARA TRABALLAR UN POUQUIÑO FIXEN UN LIM.  (FAI CLIC NO ESTEGOSAURIO)

FOTO

DEIXO UNHA ACTIVIDADE ALTERNATIVA POR SE NON VOS FUNCIONA O LIM. TODO SE PODE FACER NA PANTALLA MENOS O 2 QUE SE PODE ESCRIBIR NUNHA LIBRETIÑA OU NUN FOLIO.
1. LE
2. ORDENA OS NOMES DOS DINOSAURIOS (ESCRIBILOS)
3. UNE : CON QUE SE DEFENDÍAN ESTES DINOSAURIOS? (ALGÚNS PODEN UNIRSE CON DÚAS PALABRAS)
4 E 5. LABIRINTOS
6. BUSCA AS CINCO DIFERENCIAS.


(FAI CLIC NO DINOSAURIO PARA ACCEDER AO DOCUMENTO) 
FOTO


POR ÚLTIMO, PARA FACER CON COUSAS DE CASA... UN CRÁNEO DE T-REX CUNHA BOTELLA!


QUE TEÑADES MOI BO DÍA E MOI BOA FIN DE SEMANA! :) 

BÓTOVOS MOITO DE MENOS A TOD@S!

jueves, 26 de marzo de 2020

DÍA 8 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S! CHEGAMOS A METADE DA SEMANA! ESPERO QUE CON MOITA ENERXÍA E ALEGRÍA!

HOXE PREPAREIVOS UN VÍDEO CUNHA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS A ÚLTIMA QUINCENA DE COLE. SEGURO QUE VOS ACORDADES DE KANDINSKY E DA SÚA OBRA ESTUDIO DE COLOR CON CUADRADOS. ESCOITADE TAMÉN A CANCIÓN, É MOI BONITA!




CANDO COMEZAMOS COS AROS OLÍMPICOS E CO SIGNIFICADO QUE TIÑA CADA UN, TAMÉN INVESTIGAMOS, REFLEXIONAMOS E VERSIONAMOS OBRAS DE KANDINSKY CON CÍRCULOS. ESTA É UNHA DELAS.

E, COMO O DÍA HOXE VAI DE ARTE, VOS CONVIDO A PASAR POLAS GALERÍAS DE ALGÚN DESTES MUSEOS E BUSCAR ALGÚSN CADROS! TENDES QUE ESTAR MOI ATENTOS!

NO MUSEO DO PRADO (FAI CLIC NO NOME DO MUSEO PARA ENTRAR A SÚA GALERÍA)

NESTA GALERÍA INTENTA BUSCAR...EL CABALLERO DE LA MANO EN EL PECHO,  EL GRECO


NO MUSEO REINA SOFÍA:

COLECCIÓN MIRÓ: NA COLECCIÓN MIRÓ INTENTA BUSCAR... O CADRO RETRATO II

COLECCIÓN PABLO PICASSO: INTENTA BUSCAR... O GUERNICA

 COLECCIÓN KANDINSKY: INTENTA BUSCAR... CÍRCULOS EN EL CENTRO


AGORA, O TRABALLIÑO DE HOXE É... CREAR A TÚA PROPIA OBRA!
PODEDES UTILIZAR O MATERIAL QUE QUEIRADES (TÉMPERA, CERAS, ROTULADORES...) EU DÉIXOCHE UNHA IDEA FÁCIL CON ALGO QUE SEGURO TENDES EN CASA:


HOXE DEIXO DOUS CONTOS, UN DELES XA O CONTAMOS NO COLE ( EL PUNTO) E O OUTRO É NOVO (CASI):





POR ÚLTIMO, COAS COUSAS QUE PODEMOS TER EN CASA, DÉIXOVOS UNHA RECEITA PARA FACER PINTURA E DEBUXAR NA BAÑEIRA!

QUE PASEDES UN MOI FELIZ DÍA! UN BICO ENORME!

miércoles, 25 de marzo de 2020

DÍA 7 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S!

COMO ESTAMOS HOXE? EU CON MOOITAS GANAS DE VOLVER AO COLE E DARVOS UNHA GRAN APERTA! PERO XA NOS QUE DA MENOS. MOITO ÁNIMO A NEN@S, PAPIS, MAMIS E SOBRE TODO AVÓS E AVOAS!

HOXE IMOS COMPARTIR UN VIDEO QUE NOS ENVIOU LUCAS AO GRUPO DAS CURUXAS DE COMO LAVAR AS MANS PARA QUE OS VIRUS NON POIDAN POÑERNOS ENFERMOS!



TAMÉN VOS VOU A DEIXAR UN CONTO PARA QUE VOS LEA ALGUÉN MAIOR DO CORONAVIRUS, NON TEN VOZ, VOLO TEN QUE LER ALGUÉN:

(PREME ENRIBA DA PORTADA PARA IR AO CONTO)
FOTO


PARA TRABALLAR UN POUQUIÑO AQUÍ VOS DEIXO UNHAS ACTIVIDADES:

1. NA PRIMEIRA TENDES E ATOPAR O INTRUSO. ATOPAR A PALABRA QUE NON COMEZA IGUAL QUE AS DEMAIS. É MOI FACILIÑA.

2. NA SEGUNDA TENDES QUE ESCRIBIR A PRIMEIRA SÍLABA DE CADA PALABRA PARA DESCUBRIR A FRASE SECRETA. COMO SEMPRE NON TENDES QUE IMPRIMIR, PODÉDELO ESCRIBIR NUNHA LIBRETIÑA OU NUN FOLIO.

3. NA TERCEIRA TENDES PALABRAS ÁS QUE LLE FALTA UNHA LETRA. TENDES QUE ADIVIÑAR CAL É.

4. NA CUARTA, E ÚLTIMA, TENDES QUE EMPARELLAR AS PALABRAS QUE COMEZAN POLA MESMA SÍLABA.

 (FAI CLIC NA IMAXE PARA ABRIR O DOCUMENTO)
FOTO


PARECE MOITO PERO AO FACELO EN ALTO SE FAI RAPIDIÑO.  SOLO TENDES QUE ESCRIBIR A NÚMERO 2. SI BEN, DEIXO UNHA ALTERNATIVA MÁIS FACILIÑA A ESTA ACTIVIDADE PARA OS QUE AÍNDA NON ESCRIBEN E LEEN FLUIDAMENTE. AOS QUE OS PAPIS E MAIS MIREN QUE A NÚMERO 2 LLES CUSTA A PODEN CAMBIAR POR ESTA:

(FAI CLIC NA IMAXE PARA ABRIR O DOCUMENTO)
https://drive.google.com/file/d/1WGuhgrKmoxLWdKJkNcHunazuGwOFUwwo/view?usp=sharing

NESTA TEÑEN QUE ESCRIBIR A PRIMEIRA LETRA DE CADA PALABRA PARA FORMAR UNHA PALABRA SECRETA. A SOLUCIÓN ESTÁ DEBAIXO.

PARA FACER CON COUSAS DE CASA HOXE VOS DEIXO UNHAS PULSERAS E COLLARES DE PASTA QUE SEI QUE VOS VAN ENCANTAR. PODEMOS FACELO COA PASTA BLANCA OU PODEMOS PINTALA OU TEÑILA CON COLORANTE ALIMENTARIO. CADA UN AO SEU GUSTO!




QUE PASEDES MOI MOI BO DÍA! E PARA QUE ESTEDES DE BO HUMOR E FELICES, COMPARTO UNHA CANCIÓN QUE VOS ENCANTA!!! UN BICO ENOOOORME 😘


martes, 24 de marzo de 2020

DÍA 6 SEN COLE

BOS DÍAS! COMO ESTADES HOXE CURUXAS? AS ACTIVIDADES PARA HOXE SON DE NÚMEROS! ALMORZADE BEN PARA COLLER FORZAS E IMOS ALÁ! PARA ESPERTAR PODEMOS ESCOITAR E BAILAR ESTAS DÚAS CANCIÓNS DOS NÚMEROS:






DÉIXOVOS TAMÉN UNHAS ACTIVIDADES PARA TRABALLAR; SON SUMAS, PROBLEMAS MATEMÁTICOS E COMPLETAR OS NÚMEROS DE UN DOMINÓ. RECORDADE QUE SE NON TENDES PARA IMPRIMIR PODEDES FACELOS CON ALGÚN ADULTO EN VOZ ALTA (FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO)
 FOTO


DÉIXOVOS UN CONTO DE NÚMEROS TAMÉN QUE CREO QUE VOS VAI A GUSTAR. É UN CONTO ANIMADO FEITO POR NENOS/AS DE OUTRO COLE:




E POR ÚLTIMO UN XOGO DE CONTRUCCIÓN QUE PODEMOS FACER NA CASA CON ROLOS DE PAPEL. SOLO TEMOS QUE PINTALOS, CORTALOS DO TAMAÑO QUE QUEIRAMOS E FACERLLE UNS PEQUENOS CORTES NOS EXTREMOS

MOI BO DÍA! UNHA APERTA ENORME!

lunes, 23 de marzo de 2020

DÍA 5 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S!




HOXE TEMOS UN DÍA MOI SOLEADO! PODEMOS SAIR A VENTÁ, AO BALCÓN OU AO XARDÍN (OS QUE TEÑAN A SORTE DE TELO) A DISFRUTAR DO SOL! ADEMAIS A PROFE ISA, NOS DEIXOU NO BLOGUE DE MÚSICA UNHAS PAISAXES SONORAS PARA OS QUE ESTÉN ALGO AGOBIADOS DE ESTAR EN CASA E ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS. VOS DEIXO O ENLACE POR SE QUEREDES PRACTICAR (FACEDE CLIC ENRIBA DA PALABRA)

PAISAXES SONORAS


DÉIXOVOS UNHA PROPOSTA PARA TRABALLAR DE LECTOESCRITURA. É UN DOCUMENTO, PERO NON TENDES QUE IMPRIMILO. PODEDES IR FACENDOO EN ALTO CON ALGÚN FAMILIAR. TEN VARIAS ACTIVIDADES:

1. ORDENAR AS LETRAS DAS PALABRAS (PODEDES ESCRIBIR AS PALABRAS NUN FOLIO OU NUNHA LIBRETA)
2. ORDENAR AS LETRAS E ASOCIALAS CO SEU DEBUXO.
3. UNIR OBXECTOS QUE COMECEN IGUAL.
4. ATOPA AS SÍLABAS DE CADA PALABRA.
5. BUSCA AS LETRAS IGUAIS AO MODELO.
6. ATOPA AS PALABRAS QUE COMEZAN POLA SÍLABA INDICADA.

PARA ACCEDER AO DOCUMENTO FACEDES CLIC NA IMAXE E VOLO GARDA DIRECTAMENTE NA CARPETA DE DESCARGAS DO VOSO ORDENADOR.

piruletea.com/wp-content/uploads/2020/03/CUADERNILLO-CONCIENCIA-FONOLO%CC%81GICA.pdf
O CONTO DE HOXE É... EL MONSTRUO DE COLORES!


E A PROPOSTA PARA FACER CON COUSAS QUE TEMOS EN CASA É UN XOGO, UN LABIRINTO.

NECESITAMOS:
- PALLIÑAS
- UNHA CANICA OU UNHA BOLIÑA QUE PODEMOS FACER CON PAPEL DE ALUMINIO, POR EXEMPLO.
- UNHA CAIXA DE ZAPATOS OU A TAPA DA CAIXA.

FACEMOS UN LABIRINTO  CON PALLIÑAS E A XOGAR COA BOLIÑA MOVENDO A CAIXA! AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE AO VIDEO (FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO)

FOTO

MOI BO DÍA E UN BICO ENOOOOOORME!

viernes, 20 de marzo de 2020

DÍA 4 SEN COLE

BOS DÍAS CURUXAS!

HOXE TEMOS QUE CAMBIAR O CALENDARIO (FARÉMOLO Á VOLTA) E POÑER QUE COMEZA A PRIMAVERA!!!! AÍNDA QUE NON FAI MOI BO TEMPO HOXE, NÓS IMOS CANTARLLE IGUAL Á PRIMAVERA, PARA QUE SAIA PRONTO O SOL.



A PROPOSTA PARA HOXE É SOBRE O CONTO DA EIRUGA LARPEIRA. DÉIXOVOS DOUS VIDEOS, UN EN GALEGO E UN ES CASTÉLÁN. A VERSIÓN EN GALEGO É UNHA OBRIÑA DE TEATRO QUE SE FIXO FAI UNS ANOS NO COLE.







DESPOIS DO CONTO PODEMOS FACER ESTA EIRUGA COAS MANS; ESCRIBIMOS A DATA, O NOSO NOME E O TÍTULO DO CONTO. TAMÉN PODEMOS CONTAR CANTAS MANS E CANTAS PATAS TEN A NOSA EIRUGA E ESCRIBILO.



SE NON TEMOS PINTURA EN CASA VOS DEIXO UNHA RECEITA FÁCIL PARA PODER FACELA:


 

 

 

 

 

 

 

SE QUEREDES VER VIDEO DE COMO SE FAI FAI CLIC AQUÍ

MOI BO DÍA CURUXAS! XA QUEDA MENOS! 

jueves, 19 de marzo de 2020

HOXE É O DÍA DO PAI E... O CUMPLE DE MARTÍN PIEDRAS!

BOS DÍAS CURUXAS!

AQUÍ VOS VAI UN PEQUENO VÍDEO CON IDEAS FÁCILES PARA SORPRENDER HOXE AOS NOSOS PAPÁS!





ADEMAIS, HOXE NON NOS PODEMOS ESQUECER DE QUE

MARTÍN P. ESTÁ DE CUMPLE! 

PARABÉNS! 😀😘💓💓



SABEMOS QUE ESTÁ ALGO TRISTE PORQUE NON PODE CELEBRALO (POR AGORA) POLO QUE LLE IMOS DEIXAR UNHAS IDEAS PARA OS BOTES DE CARAMELOS E SE LLE PASE MÁIS RÁPIDO O TEMPO ATA QUE CHEGUE O DÍA DA GRAN CELEBRACIÓN!

 FELIZ DÍA DO PAI CURUXAS E FELIZ CUMPLE MARTÍN!


miércoles, 18 de marzo de 2020

PIPI MEDIASLONGAS

LÍA TROUXO UN LIBRO DE PIPI MEDIASLONGAS AO COLE. LEMOS UN ANAQUIÑO NA LECTURA SILENCIOSA E ENCANTOUNOS.





NA HORA DA MERENDA, ALGÚNS DÍAS, FOMOS VENDO OS CAPÍTULOS. IBAMOS NO DA FESTA, SE MAL NON RECORDO PERO SE LLE PREGUNTADES ÁS CURUXAS SEGURO QUE TEÑEN MELLOR MEMORIA CA MIN.

FACEDE CLIC ENRIBA E XA VOS LEVA A YOUTUBE Á LISTA DE REPRODUCIÓN.


DÍA 3 SEN COLE

BOS DÍAS CURUXAS!

COMO ESTADES? SEGURO QUE CON MOITAS GANAS DE VOLVER AO COLE! A MIN PÁSAME O MESMO! ESPERAMOS VOLVER PRONTO PARA PODER XOGAR DE NOVO NOS NOSOS RINCÓNS.

HOXE IMOS COMEZAR O DÍA CUNHA CANCIÓN QUE VOS ENSINOU A PROFE ISA E QUE CANTAMOS A TODAS HORAS...


E PARA DEMOSTRALO,  MIRADE QUE BEN A CANTAMOSA NÓS ATA CANDO TRABALLAMOS!



 HOXE, PARA TRABALLAR, PODEMOS FACER UNS XOGOS MATEMÁTICOS
(FACEDE CLIC NA IMAXE)

FAI CLIC AQUÍ PARA IR AOS XOGOS MATEMÁTICOS 

TAMÉN PODEMOS VER ALGÚN CONTO. DÉIXOVOS UN QUE NOS ENCANTA E A SÚA CANCIÓN:






E POR ÚLTIMO, CON COUSAS QUE TEMOS EN CASA, UNS BOTES PARA GARDAR OS LÁPICES OU ORGANIZALOS CON BOTELLAS DE PLÁSTICO:




😘UN BICO ENORME CURUXAS E QUE PASEDES MOI BO DÍA!😘

martes, 17 de marzo de 2020

DÍA 2 SEN COLE

BOS DÍAS CURUXAS!
ESPERO QUE ESTEDES MOI FELICES E PARA QUE COMECEDES BEN O DÍA DÉIXOVOS A CANCIÓN DOS BOS DÍAS QUE CANTAMOS NO COLE:




TAMÉN OUTRA DOS DÍAS DA SEMANA:



PARA TRABALLAR UN POUQUIÑO COMPARTO UN XOGO DOS ANIMAIS MARIÑOS
(FAI CLIC NO ENLACE PARA IR AO XOGO)



O CONTO QUE DE HOXE... TAMÉN ESTÁ RELACIONADO CO MAR!

NADARÍN




HOXE CON COUSAS QUE TEMOS NA CASA ATOPEI ESTA ACTIVIDADE CON SERVILLETAS. TEMOS QUE COLLER DÚAS, PINTAR DOUS DEBUXOS QUE ENCAIXEN E AO BOTALAS NA AUGA... MAXIA! SE UNEN! ESTOU SEGURA DE QUE VOS VAI ENCANTAR! (FAI CLIC NO ENLACE PARA IR AO VÍDEO)

https://www.instagram.com/p/B9zcqqKjcaZ/

HOXE A COUSA VAI DE AUGA... QUE TEÑADES MOI BO DÍA! UN BICO ENORME!

lunes, 16 de marzo de 2020

DÍA 1 SEN COLE

BOAS CURUXAS!

PARA QUE O TEMPO SE NOS PASE MÁIS RÁPIDO EN CASA, DÉIXOVOS ALGÚNS XOGOS PARA FACER EN CASA CO ORDENADOR OU COA TABLET. HOXE COMPARTO ESTE DE ANIMAIS:

http://centros.edu.xunta.es/eeisamieira/fotos/2008-09/animais1%20lim/animais.html

TAMÉN, ESTES ANTIFACES, MOI SINXELOS, QUE PODEDES FACER CUR CARTÓN DE OVOS:




E POR ÚLTIMO O CONTO DE CARABUÑAS E A SÚA CANCIÓN!



BO DÍA CURUXAS!