lunes, 30 de marzo de 2020

DÍA 11 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S!

QUE TAL A FIN DE SEMANA? ESPERO QUE ESTIVERADES ENTRETIDOS E SE VOS PASARA PRONTO.


PARA QUE ESTA MAÑÁ A PASEDES ENTRETIDOS DÉIXOVOS UHAS ADIVIÑAS COMO AS QUE BRAIS NOS CONTA TÓDOS OS DÍAS NO COLE. SE SABEDES MÁIS E QUEREDES ENVIÁDESMAS NUN VÍDEO PODÉMOLAS COMPARTIR COS COMPAÑEIROS AQUÍ.



AS ADIVIÑAS SON FACILIÑAS, LEDELAS CON AXUDA DE UN ADULTO E PODEDES ESCRIBIR AS RESPOSTAS NUN PAPEL. NO SEGUNDO FOLIO ESTÁN AS RESPOSTAS PARA COMPROBAR SE ACERTASTES (FAI CLIC NA IMAXE PARA IR ÁS ADIVIÑAS).


FOTO


HOXE COMPARTO DOUS CONTOS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA DO COLE AOS QUE SUSA HERRERA LLES FIXO UNHA CANCIÓN. ESPERO QUE VOS GUSTEN.



POR ÚLTIMO, PARA FACER CON COUSAS QUE TEMOS EN CASA, DÉIXOVOS UNS ANIMALIÑOS (COMO CASIMIRO ELEFANTE) PARA FACER CON ROLOS DE PAPEL.

1 comentario:

  1. Adiviñas, contos e manualidades para rematar. Unha publicación tan completa como as de todos os días. Noraboa!

    ResponderEliminar