COMO ESTAMOS HOXE? EU CON MOOITAS GANAS DE VOLVER AO COLE E DARVOS UNHA GRAN APERTA! PERO XA NOS QUE DA MENOS. MOITO ÁNIMO A NEN@S, PAPIS, MAMIS E SOBRE TODO AVÓS E AVOAS!
HOXE IMOS COMPARTIR UN VIDEO QUE NOS ENVIOU LUCAS AO GRUPO DAS CURUXAS DE COMO LAVAR AS MANS PARA QUE OS VIRUS NON POIDAN POÑERNOS ENFERMOS!
TAMÉN VOS VOU A DEIXAR UN CONTO PARA QUE VOS LEA ALGUÉN MAIOR DO CORONAVIRUS, NON TEN VOZ, VOLO TEN QUE LER ALGUÉN:
(PREME ENRIBA DA PORTADA PARA IR AO CONTO)
PARA TRABALLAR UN POUQUIÑO AQUÍ VOS DEIXO UNHAS ACTIVIDADES:
1. NA PRIMEIRA TENDES E ATOPAR O INTRUSO. ATOPAR A PALABRA QUE NON COMEZA IGUAL QUE AS DEMAIS. É MOI FACILIÑA.
2. NA SEGUNDA TENDES QUE ESCRIBIR A PRIMEIRA SÍLABA DE CADA PALABRA PARA DESCUBRIR A FRASE SECRETA. COMO SEMPRE NON TENDES QUE IMPRIMIR, PODÉDELO ESCRIBIR NUNHA LIBRETIÑA OU NUN FOLIO.
3. NA TERCEIRA TENDES PALABRAS ÁS QUE LLE FALTA UNHA LETRA. TENDES QUE ADIVIÑAR CAL É.
4. NA CUARTA, E ÚLTIMA, TENDES QUE EMPARELLAR AS PALABRAS QUE COMEZAN POLA MESMA SÍLABA.
(FAI CLIC NA IMAXE PARA ABRIR O DOCUMENTO)
PARECE MOITO PERO AO FACELO EN ALTO SE FAI RAPIDIÑO. SOLO TENDES QUE ESCRIBIR A NÚMERO 2. SI BEN, DEIXO UNHA ALTERNATIVA MÁIS FACILIÑA A ESTA ACTIVIDADE PARA OS QUE AÍNDA NON ESCRIBEN E LEEN FLUIDAMENTE. AOS QUE OS PAPIS E MAIS MIREN QUE A NÚMERO 2 LLES CUSTA A PODEN CAMBIAR POR ESTA:
(FAI CLIC NA IMAXE PARA ABRIR O DOCUMENTO)
NESTA TEÑEN QUE ESCRIBIR A PRIMEIRA LETRA DE CADA PALABRA PARA FORMAR UNHA PALABRA SECRETA. A SOLUCIÓN ESTÁ DEBAIXO.
PARA FACER CON COUSAS DE CASA HOXE VOS DEIXO UNHAS PULSERAS E COLLARES DE PASTA QUE SEI QUE VOS VAN ENCANTAR. PODEMOS FACELO COA PASTA BLANCA OU PODEMOS PINTALA OU TEÑILA CON COLORANTE ALIMENTARIO. CADA UN AO SEU GUSTO!
QUE PASEDES MOI MOI BO DÍA! E PARA QUE ESTEDES DE BO HUMOR E FELICES, COMPARTO UNHA CANCIÓN QUE VOS ENCANTA!!! UN BICO ENOOOORME 😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario