lunes, 23 de marzo de 2020

DÍA 5 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S!




HOXE TEMOS UN DÍA MOI SOLEADO! PODEMOS SAIR A VENTÁ, AO BALCÓN OU AO XARDÍN (OS QUE TEÑAN A SORTE DE TELO) A DISFRUTAR DO SOL! ADEMAIS A PROFE ISA, NOS DEIXOU NO BLOGUE DE MÚSICA UNHAS PAISAXES SONORAS PARA OS QUE ESTÉN ALGO AGOBIADOS DE ESTAR EN CASA E ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS. VOS DEIXO O ENLACE POR SE QUEREDES PRACTICAR (FACEDE CLIC ENRIBA DA PALABRA)

PAISAXES SONORAS


DÉIXOVOS UNHA PROPOSTA PARA TRABALLAR DE LECTOESCRITURA. É UN DOCUMENTO, PERO NON TENDES QUE IMPRIMILO. PODEDES IR FACENDOO EN ALTO CON ALGÚN FAMILIAR. TEN VARIAS ACTIVIDADES:

1. ORDENAR AS LETRAS DAS PALABRAS (PODEDES ESCRIBIR AS PALABRAS NUN FOLIO OU NUNHA LIBRETA)
2. ORDENAR AS LETRAS E ASOCIALAS CO SEU DEBUXO.
3. UNIR OBXECTOS QUE COMECEN IGUAL.
4. ATOPA AS SÍLABAS DE CADA PALABRA.
5. BUSCA AS LETRAS IGUAIS AO MODELO.
6. ATOPA AS PALABRAS QUE COMEZAN POLA SÍLABA INDICADA.

PARA ACCEDER AO DOCUMENTO FACEDES CLIC NA IMAXE E VOLO GARDA DIRECTAMENTE NA CARPETA DE DESCARGAS DO VOSO ORDENADOR.

piruletea.com/wp-content/uploads/2020/03/CUADERNILLO-CONCIENCIA-FONOLO%CC%81GICA.pdf
O CONTO DE HOXE É... EL MONSTRUO DE COLORES!


E A PROPOSTA PARA FACER CON COUSAS QUE TEMOS EN CASA É UN XOGO, UN LABIRINTO.

NECESITAMOS:
- PALLIÑAS
- UNHA CANICA OU UNHA BOLIÑA QUE PODEMOS FACER CON PAPEL DE ALUMINIO, POR EXEMPLO.
- UNHA CAIXA DE ZAPATOS OU A TAPA DA CAIXA.

FACEMOS UN LABIRINTO  CON PALLIÑAS E A XOGAR COA BOLIÑA MOVENDO A CAIXA! AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE AO VIDEO (FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO)

FOTO

MOI BO DÍA E UN BICO ENOOOOOORME!

No hay comentarios:

Publicar un comentario