MOI BOS DÍAS!!!
COMO ESTADES? SEGUIDES PENSANDO NAS RESPOSTAS ÁS ADIVIÑAS? ONTE NOS DERON MOITO XOGO XA QUE UN DOS NOSOS COMPAÑEIROS ENVIOU DÚAS MOI DIVERTIDAS QUE NOS FIXERON PENSAR MOITO E BEN!
HOXE IMOS A XOGAR, A PENSAR E A IMAXINAR COAS FORMAS. PRIMEIRO IMOS VER ESTE VÍDEO DE BITS DAS FORMAS (XA AS SABEMOS CASE TODAS). EXPLICÁDELLE ÁS FAMILIAS COMO TEMOS QUE ESTAR PARA VER OS BITS 👀🙊
DESPOIS DE VER O VÍDEO PODEMOS XOGAR, COMPARTO UN ENLACE CON VARIOS XOGOS. O DE SIMÓN DICE... ESTÁ MOI CHULO.TOCADE NA IMAXE PARA ACCEDER:
PARA TRABALLAR EN CASA VOS PROPOÑO QUE DEBUXEDES NUN FOLIO (VÓS OU UN ADULTO) DOUS CÍRCULOS, DOUS CADRADOS, DOUS TRIÁNGULOS E DOUS RECTÁNGULOS. CANDO ACABEDES DE DEBUXAR TENDES QUE IMAXINAR QUE PODE SER CADA UN DELES E DEBUXAR. POR EXEMPLO, UN CÍRCULO PÓDESE TRANSFORMAR NUNHA PELOTA, UN TRIÁNGULO NO PICO DUN PITIÑO E UN CADRADO NUNHA VENTÁ. TODO O QUE SE VOS OCORRA! VOS DEIXO UN EXEMPLO:
CANDO REMATEDES MIRADE ESTE CONTO E PODEREDES VER TODO O QUE ESTA CAIXA PODE SER!
POR ÚLTIMO, GUSTARÍAME QUE BUSQUEDES POR CASA, COUSAS QUE TEÑAN AS FORMAS QUE APARECEN NO VÍDEO. EU TAMÉN ME VOU A POÑER A BUSCAR! AÍNDA QUE ALGUNHAS SON MOOOOI DIFÍCILES! IMOS FALANDO DO QUE ATOPADES...
ESPERO QUE PASEDES UN DÍA MOI MOI FELIZ! UN BICO ENOORME!
No hay comentarios:
Publicar un comentario