jueves, 26 de marzo de 2020

DÍA 8 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S! CHEGAMOS A METADE DA SEMANA! ESPERO QUE CON MOITA ENERXÍA E ALEGRÍA!

HOXE PREPAREIVOS UN VÍDEO CUNHA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS A ÚLTIMA QUINCENA DE COLE. SEGURO QUE VOS ACORDADES DE KANDINSKY E DA SÚA OBRA ESTUDIO DE COLOR CON CUADRADOS. ESCOITADE TAMÉN A CANCIÓN, É MOI BONITA!




CANDO COMEZAMOS COS AROS OLÍMPICOS E CO SIGNIFICADO QUE TIÑA CADA UN, TAMÉN INVESTIGAMOS, REFLEXIONAMOS E VERSIONAMOS OBRAS DE KANDINSKY CON CÍRCULOS. ESTA É UNHA DELAS.

E, COMO O DÍA HOXE VAI DE ARTE, VOS CONVIDO A PASAR POLAS GALERÍAS DE ALGÚN DESTES MUSEOS E BUSCAR ALGÚSN CADROS! TENDES QUE ESTAR MOI ATENTOS!

NO MUSEO DO PRADO (FAI CLIC NO NOME DO MUSEO PARA ENTRAR A SÚA GALERÍA)

NESTA GALERÍA INTENTA BUSCAR...EL CABALLERO DE LA MANO EN EL PECHO,  EL GRECO


NO MUSEO REINA SOFÍA:

COLECCIÓN MIRÓ: NA COLECCIÓN MIRÓ INTENTA BUSCAR... O CADRO RETRATO II

COLECCIÓN PABLO PICASSO: INTENTA BUSCAR... O GUERNICA

 COLECCIÓN KANDINSKY: INTENTA BUSCAR... CÍRCULOS EN EL CENTRO


AGORA, O TRABALLIÑO DE HOXE É... CREAR A TÚA PROPIA OBRA!
PODEDES UTILIZAR O MATERIAL QUE QUEIRADES (TÉMPERA, CERAS, ROTULADORES...) EU DÉIXOCHE UNHA IDEA FÁCIL CON ALGO QUE SEGURO TENDES EN CASA:


HOXE DEIXO DOUS CONTOS, UN DELES XA O CONTAMOS NO COLE ( EL PUNTO) E O OUTRO É NOVO (CASI):





POR ÚLTIMO, COAS COUSAS QUE PODEMOS TER EN CASA, DÉIXOVOS UNHA RECEITA PARA FACER PINTURA E DEBUXAR NA BAÑEIRA!

QUE PASEDES UN MOI FELIZ DÍA! UN BICO ENORME!

No hay comentarios:

Publicar un comentario