ESTE É O BLOG DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS DO CEIP REBOREDA. QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS ESTA ETAPA DE XOGOS, RISAS E IMAXINACIÓN!
As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun comentario para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
QUE TAL ESTADES? HOXE IMOS VER DE QUE TEÑEN CUBERTO O CORPO OS ANIMAIS:
ALGÚNS COMO OS CANS OU OS LEÓNS TEÑEN PELO
OUTROS COMO A GALIÑA OU O PAVO REAL TEÑEN PLUMAS
A RA TEN PEL
A SERPE E OS PEIXES TEÑEN ESCAMAS
DÉIXOVOS UN XOGO NO QUE TENDES QUE IDENTIFICAR DE QUE ANIMAL É A PEL E COLOCARLLA ENRIBA. SE A RESPOSTA É A CORRECTA DESAPARECE O ANIMAL E A PEL: FAI CLIC 👉AQUÍ PARA XOGAR
DÉIXOVOS OUTRO XOGO NO QUE TENDES QUE UNIR O ANIMAL COA PEL, PERO ESTA VEZ A PEL ESTÁ CON PALABRAS, POLO QUE TENDES QUE LER:
COMO ESTAMOS? ONTE SABELA, ALBA, ÁLEX E LUCAS SORPRENDÉRONNOS AMOSANDO AS SÚAS MARIONETAS CON CALCETÍNS!!!! CHULÍSIMAS!!!!!
GRAZAS POR COMPARTILAS !!!
MARTÍN P. TAMÉN NOS ENVÍA FOTO FACENDO OS TRABALLIÑOS E ADEMAIS AXUDANDO A ÁLEX CO ORDENADOR!!!! MIRADE QUE BEN FAI DE PROFE DE ÁLEX!
A SEMANA PASADA MERQUEI UN LIBRO PENSANDO EN VÓS. É UN CONTO MOI ESPECIAL DE ANIMAIS RAROS E, MOITOS DELES, EN PERIGO POR CULPA DOS HUMANOS QUE OS MATAMOS OU DESTROZAMOS AS ZONAS ONDE VIVEN...
ESPERO QUE VOS GUSTE, LÉOVOLO NO VÍDEO.
TÍTULO: HOLA, HOLA. ANIMALES PARA CONOCER Y PROTEGER
AUTOR: BRENDAN WENZEL
EDITORIAL EL PIRATA
A PROPOSTA PARA HOXE É UN TRABALLO CREATIVO, COMO OS QUE FACEMOS EN APRENDER A PENSAR. COA PEGADA DO VOSO DEDO TENDES QUE CREAR ANIMAIS. DÉIXOVOS UN EXEMPLO PERO SERÍA ESTUPENDO QUE, ADEMAIS DOS COÑECIDOS, INTENTARADES FACER ALGÚN DO CONTO OU MESMO INVENTALOS!
NON VOS DIGO OS NOMES DOS ANIMAIS DO CONTO ATA MAÑÁ, QUE DEIXAREI UNHAS FOTOS COS NOMES DE TODOS! A VER SE ADIVIÑADES ALGÚN... PENSADE, INVESTIGADE, PREGUNTADE... TODO VALE!
HOXE É UN DÍA MOOOI ESPECIAL XA QUE ELSA ESTÁ DE CUMPLE!!!!!
💗💗ELSA PARABÉNS!!!!!💗💗
ESPERAMOS QUE TEÑAS UN DÍA MOI MOI FELIZ!
💗UN BICO ENORME DE TODAS AS CURUXAS💗
QUERÉMOSTE MOITO!
HOXE IMOS SEGUIR CO TEMA DOS ANIMALIÑOS QUE DEIXAMOS APARCADO A SEMANA PASADA. AÍNDA TEÑO ALGUNHAS FOTOS DE ANIMAIS DAS VOSAS CASAS SEN AMOSAR, ESTA SEMANA IRÉMOLAS COLGANDO.
O TRABALLIÑO DE HOXE É A PARTIR DO CONTO "A CEBRA CAMILA", NO QUE SAEN MOOOITOS ANIMAIS E AO QUE TENDES QUE POÑER MOITA ATENCIÓN PARA FACER DESPOIS AS ACTIVIDADES.
AO REMATAR O CONTO FAI AS ACTIVIDADES FACENDO CLIC 👉AQUÍ
SON MOITAS, SE TE CANSAS DEIXA ALGUNHA PARA MAÑÁ.
(RECORDADE ENTRAR CO INTERNET EXPLORER PARA QUE VOS FUNCIONE)
POR ÚLTIMO, RECORDANDO O FESTIVAL INTERNACIONAL TÍTERES DE REDONDELA, QUE ESTE ANO SE APLAZA ATA SETEMBRO, COMPARTO CON VÓS UNS TÍTERES DE ANIMALIÑOS QUE FIXERON OS NEN@S DE TERCEIRO CANDO ESTABAN EN INFANTIL. SON MOI FACILIÑOS, TODOS ESTÁN FEITOS CON UN CALCETÍN VELLO QUE TROUXERON DE CASA E DECORARON. ESPERO QUE VOS GUSTEN!
COMO ESTAMOS? ANTES DE COMEZAR IMOS AMOSAR OS TRABALLOS QUE ENVIASTES DA SEMANA!
ALBA E SABELA ENVÍAN A RECICLAXE DO PAPEL QUE FIXERON NA CASA (AÍNDA SEN SECAR). CANDO ESTÉ LISTO SE PODEDES CONTÁDESNOS QUE TAL VOS QUEDOU!
ÁNGEL, CANDELA E BRAIS REUTILZANZO BOTES DE VIDRO E DEIXÁNDOOS ASÍ DE BONITOS!!!!
ÁNGEL E CANDELA
BRAIS
HOXE IMOS RECORDAR QUE BOTAR NO CONTEDOR DO PLÁSTICOE IMOS COÑECER QUE TIPOS DE PLÁSTICO HAI. ALGÚNS SON MELLORES QUE OUTROS PARA ENVASAR ALIMENTOS E TAMÉN PARA RECICLAR.
ADEMAIS, TEMOS QUE SABER QUE OS ENVASES DE PLÁSTICO SON OS MÁIS USADOS E OS QUE MÁIS CONTAMINAN XA QUE, SE NON OS RECICLAMOS, SON OS QUE MÁIS TARDAN EN DESFACERSE.
IMOS VER PRIMEIRO... QUE SE BOTA NO CONTEDOR AMARELO?
O PLÁSTICO ESTÁ FACENDO MOITO MAL AOS PEIXES E ANIMAIS MARIÑOS; EXISTEN ILLAS DE BASURA NOS OCÉANOS E MILES DE ANIMAIS QUEDAN ATRAPADOS NOS PLÁSTICOS. TEMOS QUE COIDAR O NOSO PLANETA, É O ÚNICO QUE TEMOS!
AQUÍ VOS DEIXO UNHA CANCIÓN DE UNHA TARTARUGA QUE NOS PIDE QUE COIDEMOS O PLANETA E NON TIREMOS PLÁSTICOS AO MAR: