COMO ESTAMOS? QUE TAL VOS FOI A FIN DE SEMANA? ESPERO QUE MOI BEN CON ESTE BO TEMPO QUE TIVEMOS!
IMOS COMEZAR A SEMANA CO HIMNO GALEGO, UN VÍDEO QUE NOS ENVÍA A MAMI DE BREO NO QUE PARTICIPAN CATRO BANDAS. MIRADE E ESCOITADE QUE BONITO!
TAMÉN SEGUIMOS TENDO ENVÍOS DE ANIMALIÑOS! ESTES VEÑEN DA FAMILIA DE MARTÍN P.
ONTE, ADEMAIS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, FOI O DÍA DA RECICLAXE 2020. ESTA SEMANA IMOS PENSAR QUE PODEMOS FACER DENDE AS NOSAS CASAS PARA QUE O NOSO PLANETA SEXA UN LUGAR MELLOR. DÉIXOVOS PARA QUE LEADES (COA AXUDA DE UN ADULTO) A REGRA DOS TRES ERRES, PARA REDUCIR A CONTAMINACIÓ:
POR ISTO, DENDE A FAMILIA DE ALBA E SABELA FANNOS UNHA PROPOSTA MOI INTERESANTE PARA ESTA SEMANA: CREAR ALGO ( DE DECORACIÓN, UTENSILIO, XOGUETE, OBRA DE ARTE, COMPLEMENTO OU O QUE SE NOS OCORRA) CON MATERIAL DE REFUGALLO. ADEMAIS AMÓSANNOS VARIAS COUSAS QUE FIXERON NA SÚA CASA:
ESTE CURSO IAMOS PARTICIPAR EN ARTELIXO DE REDONDELA, XA ENVIARAMOS A NOSA PROPOSTA, POLO QUE ESTA ME PARECE UNHA OPORTUNIDADE FANTÁSTICA PARA FACER O NOSO ARTELIXO PARTICULAR!
ARTELIXO CURUXAS
ATREVÉMONOS????
IMOS POÑER ALGUNHAS INDICACIÓNS:
- AO SER UN TRABALLO LONGO, SERÁ A ÚNICA PROPOSTA DE TRABALLO PARA ESTA SEMANA (SEGUIREMOS POÑENDO CONTOS, XOGOS, VÍDEOS... PERO NON OUTRO TRABALLO)
- PODEMOS UTILIZAR CALQUERA MATERIAL DE REFUGALLO PARA CREAR A NOSA "OBRA".
- FAREMOS UN DEBUXO DO QUE NOS GUSTARÍA CREAR, UN ESBOZO DA NOSA OBRA.
- TAMÉN TEMOS QUE ELABORAR UNHA LISTA DE MATERIAIS.
- POR ÚLTIMO, A OBRA TEN QUE TER UN NOME OU TÍTULO.
- CANDO REMATEDES ENVIADES FOTO, DA OBRA CO TÍTULO. SE QUEREDES DO PROCESO (LISTA DE MATERIAL E ESBOZO) TAMÉN, PERO NON ME ENVIEDES MOITAS FOTOS CADA UN, IMOS POÑER MÁXIMO DE 4 EN TOTAL (CONTANDO OBRA, ESBOZO E MATERIAL) POR NENO/A.
-MELLOR ENVIÁDEMAS EN PRIVADO E NON POLO GRUPO, ASÍ CANDO REMATEMOS SERÁ SORPRESA PARA TOD@S!
- DAMOS DE PRAZO TODA A SEMANA, ATA DOMINGO, XA QUE SON MOITAS COUSAS PARA FACER. LUNS ESTREAMOS A NOSA GALERÍA DE ARTELIXO CURUXAS!
POR ÚLTIMO, PARA QUE A NOSA CABECIÑA SE POÑA A PENSAR EN QUE PODEMOS FACER, RECICLAR E REUTILIZAR, UN CONTO NO QUE UNHA MANTA SE USA DE MOOOOITAS MANEIRAS! ESPERO QUE VOS GUSTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario