martes, 12 de mayo de 2020

ACHEGÁMONOS AO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

QUE TAL ESTADES? ACHÉGASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS POLO QUE HOXE IMOS A INVESTIGAR SOBRE O AUTOR AO QUE SE LLE ADICA ESTE ANO ESTE DÍA!

PRIMEIRO IMOS CONTAR NO CALENDARIO CANTOS DÍAS FALTAN...
XA QUEDAN POUQUIÑOS... POLO QUE NOS IMOS POR MANS Á OBRA!
DEIXO DÚAS FICHAS- XOGO PARA QUE DESCUBRADES O NOME DO AUTOR E ONDE NACEU... ATREVÉDESVOS?






AGORA QUE XA SABEMOS QUE O AUTOR HOMENAXEADO É  

RICARDO CARVALHO CALERO 

TEMOS QUE ESCRIBIR O SEU NOME NUN FOLIO E:
- CONTAR AS LETRAS, CANTAS TEN?
- ALGUNHA LETRA DO SEU NOME SE REPITE?
- COINCIDE ALGUNHA LETRA DO SEU NOME CO DO TEU?
- RICARDO COMEZA POLA LETRA R. PENSA PALABRAS QUE COMECEN POLA MESMA LETRA.
- NO FOLIO ONDE ESCRIBIMOS O NOME DO AUTOR, DEBÚXAO E MANDA UNHA FOTO (TENDES ATA VENRES PARA ENVIALAS, PUBLÍCANSE O DOMINGO 17.

PERO... NON NOS IMOS ESQUECER QUE ESTABAMOS TRABALLANDO ANIMALIÑOS E PLANTAS QUE ATOPABAMOS NA CONTORNA, POLO QUE COMPARTO UN CONTO MOTOR DE UNHA RA (COMO A DE ÁNGEL E CANDELA). TENDES QUE IR FACENDO OS MOVEMENTOS DOS ANIMAIS QUE VAN CONTANDO NO VIDEO. XA ME CONTAREDES SE VOS GUSTA!



E XA PARA REMATAR, SE QUEREDES FACER UNHA CARREIRA DE RÁS COAS VOSAS FAMILIAS... PODEDES FACER ESTA DE PAPEL E FACELA SALTAR!!!



QUE TEÑADES MOI BO DÍA CURUXAS!!!!!!! UN BICO ENORME!

No hay comentarios:

Publicar un comentario