QUE TAL ESTAMOS HOXE? SEGUIMOS CON GANAS DE TRABALLAR? ESPERO QUE SI PORQUE VER O BEN QUE O FACEDES ALÉGRAME O DÍA E SEGURO QUE AOS DEMAIS COMPAÑEIR@S TAMÉN!!!!
ONTE RECIBIMOS FOTOS DE KIRA LEVANDO Á PRÁCTICA MOITAS ACTIVIDADES DO BLOGUE, A SABELA E A MARTIN P. PASEANDO, A LUCAS FACENDO MANDALAS, A DANIELA PLANTANDO TOMATES, A ROI BUSCANDO UNHA RA NA PISCINA E A BRAIS FACENDO EXPERIMENTOS VARIOS... DEIXÁDESME SEN TRABALLO PORQUE COAS VOSAS IDEAS PODO PUBLICAR MOOOITOS DÍAS!
ONTE DEIXEI SEN PUBLICAR UNHAS FOTOS MOI MOI INTERESANTES QUE ÁNGEL E CANDELA LAGO NOS ENVIARON... COLLERON RENACUAJOS (EN GALEGO DISE CÁGADOS) E ESTANOS COIDANDO EN CASA!!! ROI TAMÉN TEN RAS NA PISCINA E HOXE ENVIOUNOS UNHA FOTO DE UNHA TAMÉN! SOLO NOS FALTA DESCUBRIR COMO POUCO A POUCO VAN SUFRINDO A METARMORFOSE DE CÁGADOS A RAS.
COMO ESTE TEMA É MOI INTERESANTE IMOS INVESTIGAR SOBRE EL... PRIMEIRO ESCOITAMOS E OBSERVAMOS ATENTAMENTE O QUE NOS CONTA ESTE VÍDEO...
DESPOIS IMOS FACER DÚAS TAREFAS:
1. PENSAMOS AS CARACTERÍSTICAS DOS ANFIBIOS QUE NOS DIXERON NO VÍDEO... NOS ACORDAMOS DE ALGUNHA?
2. PREGUNTÁMOSLLE A GOOGLE QUE ANIMAIS ANFIBIOS HAI E DEBUXAMOS ALGÚN NUN PAPEL E ESCRIBIMOS O SEU NOME (PODEN SER UN OU VARIOS)
DESPOIS DE TANTO TRABALLAR... ESCOITAMOS ESTA CANCIÓN!
E POR ÚLTIMO COMPARTO UN EXPERIMENTO DE BRAIS CON AUGA E UNHA VELA... PARA OS QUE O QUEIRAMOS PROBAR EN CASA 👌🙋
No hay comentarios:
Publicar un comentario