QUE TAL O DÍA DA NAI? QUE TAL O PASEO CON ESTE TEMPO TAN BO QUE TIVEMOS ONTE? ESPERO QUE CON ENERXÍAS RENOVADAS!
HOXE IMOS SEGUIR CON ACTIVIDADES DE FLORES. MARTÍN P. E O SEU IRMÁN ÁLEX (FUTURO ALUMNO DO COLE O PRÓXIMO CURSO) FIXERON UN MAIO CHULÍSIMO COA AXUDA DA SÚA MAMI ALMUDENA. MIRADE QUE BONITO!
PARA SEGUIR COS TRABALLIÑOS DÉIXOVOS UNHAS SERIES PARA SUMAR. PODÉMOLAS ESCRIBIR OU IR SUMANDO NA CABECIÑA.
O CONTO DE HOXE É ORELLAS DE BOLBORETA, PARA PENSAR NA PRIMAVERA E PENSAR AS COUSAS BOAS QUE TEMOS E AS VECES NON SOMOS CAPACES DE VER EN NÓS MESMOS. ADEMAIS LLO IMOS A DEDICAR A TODAS AS MAMÁS QUE SEMPRE VEN O BO QUE TEÑEN OS SEUS/SÚAS FILLOS/AS.
(FAI CLIC NA PORTADA DO CONTO PARA DESCARGALO EN PDF)
POR ÚLTIMO, PARA FACER CON COUSAS DE CASA UNHAS PINZAS DE BOLBORETA OU... DO QUE VÓS QUEIRADES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario