COMO ESTAMOS? TRABALLANDO DURO NA NOSA OBRA?
HOXE IMOS COMEZAR RECORDANDO O QUE TEMOS QUE BOTAR EN CADA CONTENEDOR. AÍNDA QUE NA CLASE SEMPRE SEPARAMOS OS RESTOS IMOS RECORDALO!
TAMÉN TEMOS O CONTENEDOR ORGÁNICO QUE É VERDE ESCURO OU GRIS. NEL TIRAMOS OS RESTOS DE COMIDA OU OS PANOS SUCIOS (DE MOCOS POR EXEMPLO).
NO COLE TEMOS COMPOSTEIRO, POLO QUE OS RESTOS DE FROITA NOLOS RECOLLEN OS MAIORES PARA FACER COMPOSTAXE PARA O HORTO.
HOXE IMOS CENTRARNOS NA RECICLAXE DO PAPEL.
COMPARTO UN VÍDEO DE COMO SE RECICLA O PAPEL E OUTRO DE COMO O PODEMOS FACER NA CASA!
SE VOS ANIMADES A FACELO PODEDES UTILIZAR UN BATEDOR NORMAL.
PARA REMATAR DÉIXOVOS UN VÍDEO DAS CANCIÓNS E BAILES QUE ENVIADES DENDE AS VOSAS CASAS. NON INCLUÍN AS QUE XA ESTABAN NO PRIMEIRO VÍDEO. ESPERO NON DEIXARME NINGÚN ATRÁS! SE É ASÍ AVISÁDEME!
TAMÉN COMPARTO UN XOGO MUSICAL E DE MEMORIA MOI DIVERTIDO PARA O QUE SOLO PRECISADES PAPEL DE DISTINTAS CORES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario