jueves, 18 de junio de 2020

CUMPLE DE CANDELA CID!!!!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

HOXE ESTÁ DE CUMPLE CANDELA CID!

MOITÍSMAS FELICIDADES CANDE!!!

ESPERAMOS QUE PASES UN DÍA ESTUPENDO! 

TODAS AS CURUXAS ENVIÁMOSCHE UN ENOOORRRMEEEE BICO!









HOXE VOU A PROPOR O ÚLTIMO TRABALLIÑO!!!!! UN DEBUXO DE ALGO DO COLE: AMIGUIÑOS, O RECUNCHO QUE MÁIS VOS GUSTABA, O PATIO... O QUE VÓS QUEIRADES DESTE TEMPO NO COLE!

MAÑÁ E O ÚLTIMO DÍA, TEMOS QUE ORGANIZAR ALGO OARA DESPEDIRNOS... 
ALGO OCORRERÁSENOS!!!!

UN BICO ENOORME!!!!! 

💕 CANDE PASA UN DÍA MOI MOI FELIZ! 💕



UN BICO GRANDE PARA TI DE TODAS AS CURUXAS!


miércoles, 17 de junio de 2020

MÁIS XOGOS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

ESTAMOS CHEGANDO AO FINAL... E IMOS REMATAR XOGANDO. HOXE COMPARTO VARIOS XOGOS FÁCILES E DIVERTIDOS PARA FACER NA CASA, QUE PODEDES FACER DURANTE O VERÁN.


1. RODA DE PALABRAS


2. BAILARINA (IDES NECESITAR AXUDA)


3. CUBO DE RUBIK


4. BUSCA O NÚMERO (FAI CLIC ENRIBA DA IMAXE PARA IR AO VÍDEO)

FOTO
 
5. COPIAR FIGURAS (FAI CLIC ENRIBA DA IMAXE PARA IR AO VÍDEO)

 FOTO


DÉIXOVOS ALGUNHAS FOTOS DE CLASE, CANDO FACIAMOS XOGOS EN EQUIPO. 

AQUÍ TEMOS A UN EQUIPO COAS PEZAS FACENDO UNHA CONSTRUCCIÓN EN COMÚN:






 OUTRO EQUIPO XOGANDO AS CARTAS DAS PARTES DA CARA:




O TERCEIRO EQUIPO COPIANDO FIGURAS CON PAUCIÑOS DE CORES:





E POR ÚLTIMO XOGANDO A FORMAR PARELLAS:



E PARA REMATAR... UN CONTO!


QUE PASEDES UN DÍA FANTÁSTICO CURUXAS!!!!!

MÁNDOVOS UN BICO ENNNNOOOOOORRRRMEEEEEE 💗

martes, 16 de junio de 2020

CUMPLE DE ROI E XOGOS MUSICAIS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

COMO ESTAMOS?

HOXE ROI ESTÁ DE ANIVERSARIO!!!!!!!!! 

MOITÍSIMAS FELICIDADES CAMPEÓN!!!!! 

ESPERAMOS QUE TEÑAS UN DÍA MOI ESPECIAL!!!!!


HOXE IMOS CELEBRAR O CUMPLE DE ROI ACOMPAÑADO DE MÚSICA!!! IMOS COMPARTIR VARIOS XOGOS MUSICAIS DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE, NO QUE PARTICIPAMOS ESTE CURSO.

NÓS TIÑAMOS A NOSA PARTE PARA O TERCEIRO TRIMESTRE, POLO QUE NON A PUDEMOS FACER. PERO ADIANTÁMONOS UN POUQUIÑO E APRENDEMOS UNHA DAS CANCIÓNS ANTICIPADAMENTE... DÉIXOVOLA A VER SE A RECORDADES:



COMPARTO ALGÚNS XOGOS MUSICAIS DESTE MESMO PROGRAMA. SE VOS GUSTAN OU QUEREDES COMPARTIR VÍDEOS OU FOTOS XENIAL!



UN XOGO PARA FACER ECOS CON VASOS:


E  UN BAILE NO QUE A MEMORIA É MOOOI IMPORTANTE!!!!!


POR ÚLTIMO UN XOGO QUE NOS ENCANTABA E AO QUE XOGABAMOS MOITAS VECES ANTES DE MARCHAR PARA CASA... SEMPRE TIÑA MOITO ÉXITO: O XOGO DAS SILLAS!!!!!!!




NO VÍDEO DO DÍA DOS XOGOS DO ANO PASADO TENDES UN XOGO DAS SILLAS COMPLETO:


QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!

💚UN BICO ENORME A ROI DE PARTE DE TODAS AS CURUXAS!💚

lunes, 15 de junio de 2020

MOMENTO OLÍMPICO

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!!

ESTABA IMPACIENTE POR ENSINARVOS OS VOSOS MOMENTOS OLÍMPICOS!!!! ESTÁN TODOS FANTÁSTICOS!!!!!!





ESTA É A NOSA ÚLTIMA SEMANA E IMOS DEDICALA AOS XOGOS, OLÍMPICOS E TAMÉN XOGOS QUE FACIAMOS NO COLE E AOS QUE PODEMOS SEGUIR XOGANDO EN VERÁN. HOXE IMOS A FACER UNHA ACTIVIDADE DOS XOGOS OLÍMPICOS. RECORDADES QUE SIMBOLIZABAN OS AROS OLÍMPICOS? TRABALLAMOS MOITO NELES NO COLE!!!! SEREDES CAPACES DE COMPLETAR O CREBACABEZAS?




AGORA OBSERVA ESTES XOGOS OLÍMPICOS DE VERÁN E BUSCA O SEUS NOMES!



PARA REMATAR UN CONTO DE DEPORTE! RECORDADE QUE NA ESQUINIÑA DO BLOGUE TENDEN MÚSICA, CONTOS, CANCIÓNS E XOGOS AOS QUE PODEDES ENTRAR CANDO QUEIRADES.


QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!!! 

UN BICO ENORMEE!!!!😘

viernes, 12 de junio de 2020

MÁIS EXPERIMENTOS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

HOXE É NOSO ÚLTIMO DÍA DA SEMANA COS EXPERIMENTOS E TAMÉN O ÚLTIMO DÍA PARA ENVIAR O VÍDEO PARA A PROFE AMPARO.

IMOS RECORDAR VARIOS EXPERIMENTOS QUE FIXEMOS O CURSO PASADO, CANDO O NOSO PROXECTO DE CENTRO ERA "FÍSICA E QUÍMICA". TODOS ESTÁN REÑACIONADOS COAS CORES. SON MOI FACILIÑOS, DIVERTIDOS E CON COUSAS QUE PODEMOS TER NA CASA.

COMPARTO UN DOCUMENTO COS INGREDIENTES QUE UTILIZAMOS EN CADA EXPERIMENTO E UN VÍDEO DE CADA UN DELES PARA QUE POIDADES ESCOLLER CAL VOS GUSTA MÁIS.

FAI CLIC 👉AQUÍ PARA VER O QUE PRECISAS



EXPERIMENTO 1:VOLCÁN


EXPERIMENTO 2:PONTES DE CORES


EXPERIMENTO 3:CORES QUE SE MOVEN


EXPERIMENTO 4: DEBUXO CON SAL


EXPERIMENTO 5:PEONZA DE CORES


EXPERIMENTO 6: SLIME


NO LATERAL DO BLOGUE PUXEN CONTOS, CANCIÓNS E ALGÚN XOGO. ESTÁN AO VOSO LADO DEREITO, POR SE VOS APETECE VER ALGÚN CONTO ADEMAIS DOS EXPERIMENTOS. 

QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!!!!

UN BICO ENOOORMMMEEEE!!!!

miércoles, 10 de junio de 2020

HOXE ESTÁ DE ANIVERSARIO... KIRA!!!!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

HOXE KIRA ESTÁ DE ANIVERSARIO!!!!!!!!! 
MILES DE PARABÉNS PRINCESA! ESPERAMOS QUE TEÑAS UN DÍA ESTUPENDO E MANDÁMOSCHE UN BICO CON MOOOITO AMOR!






COMO NON PODEMOS SOPRAR A VELA CON KIRA, IMOSLLE FACER UNHA VELA MOI ESPECIAL: UNHA LÁMPADA DE LAVA!
QUEREDES VER COMO?? É MOI SINXELA E, AÍNDA QUE NO VÍDEO NON SE VE MOI BEN PORQUE O FIXEN CO TELÉFONO, SE O PROBADES ESTOU SEGURA QUE VOS VAI GUSTAR.



AGORA UNHA PEQUENA ACTIVIDADE SOBRE O VÍDEO...



E PARA REMATAR UN CONTO: A POTA QUE TROTA.



QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!!! 

💕 UN BICO ENORME A TOD@S! 💕

💗💗💗 HOXE UN ESPECIAL PARA KIRA!💗💗💗

martes, 9 de junio de 2020

POMPAS DE XABÓN!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

COMO ESTAMOS? ONTE XA VOS ADIANTEI QUE ESTA SEMANA TOCABAN ACTIVIDADES PARA EXPERIMENTAR! HOXE IMOS PROPOR UNHA QUE XA FIXEMOS NO COLE E ENCANTOUNOS: POMPAS DE XABÓN. DÉIXOVOS VARIAS RECEITAS PARA QUE USEDES A QUE MÁIS COUSAS POIDADES APROVEITAR DE CASA E ASÍ NON TEÑADES QUE MERCAR.

NO COLE UTILIZAMOS 1 VASO DE AUGA, 1/2 DE XABÓN E 1/2 DE AZUCRE. DESPOIS DEIXÁMOLO REPOUSAR DÚAS HORAS.

AQUÍ DEIXO OUTRAS MESTURAS MÁIS PROFESIONAIS...



OUTRAS MESTURAS PARA FACER POMPAS 👉AQUÍ

TAMÉN CREAMOS OS NOSOS PROPIOS UTENSILIOS PARA FACER POMPAS COMO PODEDES VER NO VÍDEO:



UTENSILIOS:


BOTELLAS PEQUENAS CORTADAS POLA METADE



EMBUDE



LIMPIAPIPAS CON FORMAS (SON OS QUE PEOR FUNCIONARON)



PALLIÑAS


 CON PERCHAS DE METAL DA ROUPA E FÍO


PARA FACER POMPAS GRANDES CONSTRUIMOS UN UTENSILIO CON DOUS PAUCIÑOS E LA GROSA. TEMOS QUE CORTAR DOUS ANACOS DE LA: UN O DOBRE QUE O OUTRO. O ANACO PEQUENO ÁTASE EN LIÑA RECTA AOS DOUS EXTREMOS DE CADA UN DOS PAUS  E O OUTRO ÁTASE AO ANACO DE LA RECTO A 3 CM DOS EXTREMOS DOS PAUS. É IMPORTANTE QUE O ANACO DE LA GRANDE (QUE QUEDA EN FORMA DE U) NON TOQUE OS PAUCIÑOS.

  

NESTE TITORIAL EXPLÍCANO BEN. MIRADE DENDE O MINUTO 3,45 PARA O UTENSILIO DE POMPAS GRANDES 👆


🌞QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!!!🌞

💓UN BICO ENORME!!!💓

lunes, 8 de junio de 2020

OS NOSOS POEMAS E RETO OLÍMPICO!!!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!

QUE TAL A FIN DE SEMANA? ESPERO QUE TODOS MOI BEN!!! HOXE COMPARTIMOS OS POEMIÑAS QUE CREASTES COA AXUDA DAS VOSAS FAMILIAS! UN GRANDÍSIMO TRABALLO!!!!! MIRADE, MIRADE...



TAMÉN ILUSTRAMOS O POEMA DE ANTONIO MACHADO "LA PLAZA TIENE UNA TORRE", ASÍ DE BONITOS QUEDARON OS DEBUXOS


UN TRABALLO ESTUPENDO CURUXAS E FAMILIAS!!!!!!! GRAZAS A TOD@S!!!!


ESTA SEMANA ÍMOLA DEDICAR A FACER EXPERIMENTOS, XA QUE A ANTERIOR TRABALLASTES MOI DURO. MAÑÁ COMEZAREMOS XA QUE HOXE TEMOS PENDIENTES DÚAS PROPOSTAS DO VENRES: UNHA É UN RETO OLÍMPICO QUE NOS DEIXA A PROFE AMPARO A ALUMNOS/AS E PROFES E OUTRO UN CONTO EN INGLÉS QUE NOS ENVÍA O PROFE ÁLEX. NO LATERAL DEREITO DO BLOGUE TENDES UN DEBUXIÑO QUE PON "HELLO" NO QUE ATOPAREDES CONTOS E CANCIÓNS EN INGLÉS QUE EL NOS ENVÍA.

RETO OLÍMPICO: FAI CLIC 👉AQUÍ

QUE TEÑADES UN LUNS ESTUPENDO CURUXAS!!!!

viernes, 5 de junio de 2020

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

HOXE, 5 DE XUÑO, É O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. FAI POUQUIÑO TRABALLAMOS A RECICLAXE E A SÚA IMPORTANCIA. COMPARTO UN VÍDEO CON 1O CONSELLOS FÁCILES QUE TODOS PODEMOS FACER PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE E OUTRO DE COMO PODEMOS REDUCIR O CONSUMO DE PLÁSTICO DENDE AS NOSAS CASAS:

 



COMO VAN ESOS POEMAS? IMOS RECORDAR COMO TIÑAN QUE SER

- QUE TEÑA MÍNIMO CATRO VERSOS (CATRO LIÑAS). PÓÑOVOS UN EXEMPLO:

SE PENSAS QUE É DIFÍCIL
FACER UNHA POESÍA
SOLO DEIXA QUE NA TÚA MENTE
VOE A FANTASÍA!

- TÉNDELO QUE ESCRIBIR, RECITAR, REPRESENTAR OU FACELO DO XEITO QUE MÁIS VOS GUSTE.

- ENVIALO COMO MOI TARDE O DOMINGO (FOTO OU VÍDEO). SE PODEDES E VOS ACORDADES ENVIÁDEMO A MIN E NON AO GRUPO PARA QUE SEXA SORPRESA. LUNS PUBLICÁMOLO NO BLOGUE!

PARA SEGUIR COÑECENDO COUSIÑAS DOS POEMAS IMOS POÑER EN PRÁCTICA UN EXERCICIO QUE FACIAMOS MOITO NO COLE: CONTAR AS SÍLABAS DAS PALABRAS. OS VERSOS DOS POEMAS TAMÉN SE MIDEN POLAS SÍLABAS. NON IMOS CONTAR TODO UN VERSO PERO SI ALGUNHAS PALABRIÑAS. PARA CONTALAS FACIÁMOLAS CON PALMADAS, ACORDÁDESVOS?




AGORA IMOS CLASIFICAR ESTES ANIMAIS METÉNDOOS NO CAIXÓN QUE LLE CORRESPONDA ATENDENDO ÁS SÍLABAS DO SEU NOME:



PARA REMATAR COMPARTO UNHA CURTA SOBRE A AUTOESTIMA QUE ESTÁ CONTADA EN FORMA DE POESÍA. ESPERO QUE VOS GUSTE MOITO!



🌞QUE TEÑADES UNHA FIN DE SEMANA ESTUPENDA CURUXAS!!!🌞

💕UN BICO ENORME!!!!!💕

jueves, 4 de junio de 2020

COMO REPRESENTAR O NOSO POEMA?

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!

ACHÉGASE O DÍA DE PRESENTAR O POEMA... E HOXE IMOS VER DISTINTAS FORMAS DE FACELO. SEGURO QUE VÓS TENDES MOITAS E MELLORES IDEAS QUE AS QUE EU PROPOÑO E CADA UN PÓDEO FACER DE XEITO LIBRE.

PODEDES FACELO ESCRITO OU RECITALO, REPRESENTALO...

- SE O FACEDES ESCRITO PODEDES FACER UN VÍDEO DO POEMA E VÓS POÑENDOLLE A VOZ. TAMÉN PODEDES ENVIAR SOAMENTE UNHA FOTO DO PAPEL NO QUE O ESCRIBISTES.

- SE O FACEDES ORAL PODEDES RECITALO Á CÁMARA. DISFRAZARVOS E REPRESENTALO, FACELO CON TÍTERES, CON TEATRO DE SOMBRAS... AQUÍ QUEDA ALGÚN EXEMPLO:

PARA RECITALO TENDELO QUE APRENDER DE MEMORIA.  AQUÍ TEDES ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE VOS AXUDARÁN A CONSEGUILO:

  1. REPETIR A POESÍA XOGANDO COA VOZ: FALANDO COMO UN XIGANTE, COMO UN ANANO, ALEGRE, TRISTE...
  2. INVENTAR XESTOS PARA REPETIR DURANTE O RECITADO DA POESÍA. COMO, POR EXEMPLO, A QUE SABEMOS DO COLE "CHOCARON DOS COCHES".
  3. XOGO DO ECO: MAMÁ OU PAPÁ EMPEZARÁ UN VERSO E VÓS RECITAREDES O SEGUINTE E ASÍ SUCESIVAMENTE.
  4. PALMEAR AS SÍLABAS E OS VERSOS SEGUINDO DISTINTOS RITMOS.
  5. PODEDES ESCRIBIR A VOSA POESÍA ... DEBUXADA! COMA OS XEROGLÍFICOS!AQUÍ PODEDES VER DOUS EXEMPLOS:


TEATRO DE SOMBRAS:


SE NON VOS APETECE FACER OS TÍTERES PODEDES CREAR OS PERSONAXES COAS MANS! MIRADE QUE DIVERTIDO E FÁCIL!

 


PODEDES POÑERLLE MÚSICA E CANTALO! 


CON XESTOS:



ESPERO QUE ESTAS IDEAS FAGAN QUE NAS VOSAS CABECIÑAS MEDREN MOOITAS MÁIS!!!! 

🌞 QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS! 🌞

miércoles, 3 de junio de 2020

MÁIS RECURSOS PARA OS NOSOS POEMAS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

XA SABEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS POEMAS, PERO AÍNDA NOS FALTAN ALGUNHAS. IMOS VER UN PEQUENO VÍDEO ONDE EXPLICAN ALGUNHAS DELAS E OUTRAS QUE XA SABEMOS E ASÍ REPASAMOS!


NO VÍDEO EXPLÍCANOS QUE PARA COMEZAR A ESCRIBIR TEMOS QUE SABER COMO NOS SENTIMOS... E TI? COMO TE SENTES?




TAMÉN NOS FALA DA LINGUAXE METAFÓRICA. UNHA METÁFORA É UN RECURSO UTILIZADO NOS POEMAS. POR EXEMPLO, SE DECIMOS:
"OS TEUS OLLOS SON SOLES" NON QUEREMOS DICIR QUE TES DOUS SOLES DEBUXADOS NA CARA, QUEREMOS EXPRESAR QUE OS TEUS OLLOS SO MOI BRILLANTES.

NOS POEMAS TAMÉN PODEMOS UTILIZAR OUTROS RECURSOS COMO O ENCADEAMENTO: CADA VERSO COMEZA COAS ÚLTIMAS PALABRAS DO VERSO ANTERIOR. PÓÑOVOS UN EXEMPLO DE UN POEMA QUE ME ENCANTA E SEGURO QUE A VÓS TAMÉN!



O TRABALLIÑO PARA HOXE É IMAXINAR A PLAZA DE ANTONIO MACHADO E DEBUXALA. SE QUEREDES PODEDES ENVIARME A FOTO E PUBLÍCOAS XUNTO CO POEMA NUN VIDEO.

POR HOXE NADA MÁIS CURUXAS! 
ESPERO QUE OS VOSO POEMAS VAIAN SAINDO! 
RECÓRDOVOS QUE TENDES ATA DOMINGO AÍNDA.

QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO😊

UN BICO ENORME!




martes, 2 de junio de 2020

SEGUMOS COA POESÍA: AS ESTROFAS E A RIMA.

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

HOXE IMOS SEGUIR CO TRABALLO DE ONTE. ESTIVEMOS VENDO QUE UN POEMA ESTÁ COMPOSTO POR VERSOS, QUE SON CADA UNHA DAS SÚAS FRASES. POIS CANDO AGRUPAMOS ESAS FRASES DE DÚAS EN DÚAS, DE TRES EN TRES, DE CATRO EN CATRO... FAN ESTROFAS.

DÉIXOVOS UN POEMIÑA A VER SE SODES CAPACES DE DIFERENCIAR OS VERSOS E AS ESTROFAS. PODEDES CORREXIR VÓS MESMOS A ACTIVIDADE AO REMATAR E SABER SE CONTADES CORRECTAMENTE.



OUTRA DAS CARACTERÍSTICAS DOS POEMAS É QUE AS PALABRAS DO FINAL DOS VERSOS RIMAN. AS PALABRAS QUE RIMAN SON AS QUE REMATAN IGUAIS OU PARECIDAS. ISTO XA O VIMOS NOUTRAS OCASIÓNS E FIXEMOS ALGÚN XOGO.

HOXE DÉIXOVOS UN VÍDEO PARA BUSCAR PALABRAS QUE RIMAN E UN XOGO DE ANIMAIS NO QUE HAI QUE BUSCAR QUE PALABRA RIMA CON CADA ANIMAL!




PODEDES SEGUIR CREANDO O VOSO POEMIÑA, SE XA TENDES OS PERSONAXES E ONDE VAI OCORRER... PODEDES EMPEZAR A CREALO BUSCANDO PALABRAS QUE RIMEN PARA O FINAL DOS VERSOS.

E PARA INSPIRARVOS... UNS POEMIÑAS CURTOS E DE ANIMAIS!




🌞QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!!!!🌞

UN BICO ENOOOOOORMMMEEEEEEEE😘


lunes, 1 de junio de 2020

OBRADOIRO DE POESÍA

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!

 ESTA SEMANA IMOS TRABALLAR A POESÍA. XA TEMOS LIDO POEMAS E TAMÉN TEMOS BUSCADO PALABRAS QUE RIMAN. ESTA VEZ, DURANTE A SEMANA IMOS INVENTAR UNHA POESÍA. TEN QUE TER MÍNIMO CATRO VERSOS.

UN VERSO É CADA UNHA DAS LIÑAS DO POEMA. HOXE IMOS COMEZAR CONTANDO VERSOS, SABERÍAS DICIR CANTOS VERSOS TEN ESTE POEMA DE MARÍA ELENA WALSH?

Contar versos, una ficha interactiva de aida_oitaven
liveworksheets.com

 DESPOIS DE DAR TANTOS PASIÑOS O NENO DO DOEMA PERDEUSE... PODERÍAS AXUDALO A ATOPAR A SÚA CASA? SEGUE AS ORDES!


Busca el camino, una ficha interactiva de aida_oitaven
liveworksheets.com

TAMÉN PODES IR PENSANDO QUEN VAI APARECER NO TEU POEMIÑA (PERSONAXES) E ONDE VAI OCORRER (NA RÚA, NO COLE, NA CASA, NO PARQUE...) ESCRÍBEO PARA QUE NON CHE ESQUEZA!!!!
POR ÚLTIMO, IMOS ESCOITAR UN CONTO EN VERSO. ESPERO QUE VOS GUSTE!




 QUE TEÑADES UN LUNS ESTUPENDO CURUXAS!!!! 

UN BICO ENORME!!!!