ACHÉGASE O DÍA DE PRESENTAR O POEMA... E HOXE IMOS VER DISTINTAS FORMAS DE FACELO. SEGURO QUE VÓS TENDES MOITAS E MELLORES IDEAS QUE AS QUE EU PROPOÑO E CADA UN PÓDEO FACER DE XEITO LIBRE.
PODEDES FACELO ESCRITO OU RECITALO, REPRESENTALO...
- SE O FACEDES ESCRITO PODEDES FACER UN VÍDEO DO POEMA E VÓS POÑENDOLLE A VOZ. TAMÉN PODEDES ENVIAR SOAMENTE UNHA FOTO DO PAPEL NO QUE O ESCRIBISTES.
- SE O FACEDES ORAL PODEDES RECITALO Á CÁMARA. DISFRAZARVOS E REPRESENTALO, FACELO CON TÍTERES, CON TEATRO DE SOMBRAS... AQUÍ QUEDA ALGÚN EXEMPLO:
PARA RECITALO TENDELO QUE APRENDER DE MEMORIA. AQUÍ TEDES ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE VOS AXUDARÁN A CONSEGUILO:
- REPETIR A POESÍA XOGANDO COA VOZ: FALANDO COMO UN XIGANTE, COMO UN ANANO, ALEGRE, TRISTE...
- INVENTAR XESTOS PARA REPETIR DURANTE O RECITADO DA POESÍA. COMO, POR EXEMPLO, A QUE SABEMOS DO COLE "CHOCARON DOS COCHES".
- XOGO DO ECO: MAMÁ OU PAPÁ EMPEZARÁ UN VERSO E VÓS RECITAREDES O SEGUINTE E ASÍ SUCESIVAMENTE.
- PALMEAR AS SÍLABAS E OS VERSOS SEGUINDO DISTINTOS RITMOS.
- PODEDES ESCRIBIR A VOSA POESÍA ... DEBUXADA! COMA OS XEROGLÍFICOS!AQUÍ PODEDES VER DOUS EXEMPLOS:
TEATRO DE SOMBRAS:
SE NON VOS APETECE FACER OS TÍTERES PODEDES CREAR OS PERSONAXES COAS MANS! MIRADE QUE DIVERTIDO E FÁCIL!
SE NON VOS APETECE FACER OS TÍTERES PODEDES CREAR OS PERSONAXES COAS MANS! MIRADE QUE DIVERTIDO E FÁCIL!
PODEDES POÑERLLE MÚSICA E CANTALO!
CON XESTOS:
ESPERO QUE ESTAS IDEAS FAGAN QUE NAS VOSAS CABECIÑAS MEDREN MOOITAS MÁIS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario