XA SABEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS POEMAS, PERO AÍNDA NOS FALTAN ALGUNHAS. IMOS VER UN PEQUENO VÍDEO ONDE EXPLICAN ALGUNHAS DELAS E OUTRAS QUE XA SABEMOS E ASÍ REPASAMOS!
NO VÍDEO EXPLÍCANOS QUE PARA COMEZAR A ESCRIBIR TEMOS QUE SABER COMO NOS SENTIMOS... E TI? COMO TE SENTES?
TAMÉN NOS FALA DA LINGUAXE METAFÓRICA. UNHA METÁFORA É UN RECURSO UTILIZADO NOS POEMAS. POR EXEMPLO, SE DECIMOS:
"OS TEUS OLLOS SON SOLES" NON QUEREMOS DICIR QUE TES DOUS SOLES DEBUXADOS NA CARA, QUEREMOS EXPRESAR QUE OS TEUS OLLOS SO MOI BRILLANTES.
NOS POEMAS TAMÉN PODEMOS UTILIZAR OUTROS RECURSOS COMO O ENCADEAMENTO: CADA VERSO COMEZA COAS ÚLTIMAS PALABRAS DO VERSO ANTERIOR. PÓÑOVOS UN EXEMPLO DE UN POEMA QUE ME ENCANTA E SEGURO QUE A VÓS TAMÉN!
O TRABALLIÑO PARA HOXE É IMAXINAR A PLAZA DE ANTONIO MACHADO E DEBUXALA. SE QUEREDES PODEDES ENVIARME A FOTO E PUBLÍCOAS XUNTO CO POEMA NUN VIDEO.
POR HOXE NADA MÁIS CURUXAS!
ESPERO QUE OS VOSO POEMAS VAIAN SAINDO!
RECÓRDOVOS QUE TENDES ATA DOMINGO AÍNDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario