martes, 2 de junio de 2020

SEGUMOS COA POESÍA: AS ESTROFAS E A RIMA.

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

HOXE IMOS SEGUIR CO TRABALLO DE ONTE. ESTIVEMOS VENDO QUE UN POEMA ESTÁ COMPOSTO POR VERSOS, QUE SON CADA UNHA DAS SÚAS FRASES. POIS CANDO AGRUPAMOS ESAS FRASES DE DÚAS EN DÚAS, DE TRES EN TRES, DE CATRO EN CATRO... FAN ESTROFAS.

DÉIXOVOS UN POEMIÑA A VER SE SODES CAPACES DE DIFERENCIAR OS VERSOS E AS ESTROFAS. PODEDES CORREXIR VÓS MESMOS A ACTIVIDADE AO REMATAR E SABER SE CONTADES CORRECTAMENTE.



OUTRA DAS CARACTERÍSTICAS DOS POEMAS É QUE AS PALABRAS DO FINAL DOS VERSOS RIMAN. AS PALABRAS QUE RIMAN SON AS QUE REMATAN IGUAIS OU PARECIDAS. ISTO XA O VIMOS NOUTRAS OCASIÓNS E FIXEMOS ALGÚN XOGO.

HOXE DÉIXOVOS UN VÍDEO PARA BUSCAR PALABRAS QUE RIMAN E UN XOGO DE ANIMAIS NO QUE HAI QUE BUSCAR QUE PALABRA RIMA CON CADA ANIMAL!




PODEDES SEGUIR CREANDO O VOSO POEMIÑA, SE XA TENDES OS PERSONAXES E ONDE VAI OCORRER... PODEDES EMPEZAR A CREALO BUSCANDO PALABRAS QUE RIMEN PARA O FINAL DOS VERSOS.

E PARA INSPIRARVOS... UNS POEMIÑAS CURTOS E DE ANIMAIS!




🌞QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!!!!🌞

UN BICO ENOOOOOORMMMEEEEEEEE😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario