HOXE, 5 DE XUÑO, É O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. FAI POUQUIÑO TRABALLAMOS A RECICLAXE E A SÚA IMPORTANCIA. COMPARTO UN VÍDEO CON 1O CONSELLOS FÁCILES QUE TODOS PODEMOS FACER PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE E OUTRO DE COMO PODEMOS REDUCIR O CONSUMO DE PLÁSTICO DENDE AS NOSAS CASAS:
COMO VAN ESOS POEMAS? IMOS RECORDAR COMO TIÑAN QUE SER
- QUE TEÑA MÍNIMO CATRO VERSOS (CATRO LIÑAS). PÓÑOVOS UN EXEMPLO:
SE PENSAS QUE É DIFÍCIL
FACER UNHA POESÍA
SOLO DEIXA QUE NA TÚA MENTE
VOE A FANTASÍA!
- TÉNDELO QUE ESCRIBIR, RECITAR, REPRESENTAR OU FACELO DO XEITO QUE MÁIS VOS GUSTE.
- ENVIALO COMO MOI TARDE O DOMINGO (FOTO OU VÍDEO). SE PODEDES E VOS ACORDADES ENVIÁDEMO A MIN E NON AO GRUPO PARA QUE SEXA SORPRESA. LUNS PUBLICÁMOLO NO BLOGUE!
PARA SEGUIR COÑECENDO COUSIÑAS DOS POEMAS IMOS POÑER EN PRÁCTICA UN EXERCICIO QUE FACIAMOS MOITO NO COLE: CONTAR AS SÍLABAS DAS PALABRAS. OS VERSOS DOS POEMAS TAMÉN SE MIDEN POLAS SÍLABAS. NON IMOS CONTAR TODO UN VERSO PERO SI ALGUNHAS PALABRIÑAS. PARA CONTALAS FACIÁMOLAS CON PALMADAS, ACORDÁDESVOS?
Leer poema y contar sílabas, una ficha interactiva de aida_oitaven
liveworksheets.com
liveworksheets.com
AGORA IMOS CLASIFICAR ESTES ANIMAIS METÉNDOOS NO CAIXÓN QUE LLE CORRESPONDA ATENDENDO ÁS SÍLABAS DO SEU NOME:
Clasificar animales por el número de sílabas, una ficha interactiva de aida_oitaven
liveworksheets.com
liveworksheets.com
PARA REMATAR COMPARTO UNHA CURTA SOBRE A AUTOESTIMA QUE ESTÁ CONTADA EN FORMA DE POESÍA. ESPERO QUE VOS GUSTE MOITO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario