martes, 9 de junio de 2020

POMPAS DE XABÓN!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

COMO ESTAMOS? ONTE XA VOS ADIANTEI QUE ESTA SEMANA TOCABAN ACTIVIDADES PARA EXPERIMENTAR! HOXE IMOS PROPOR UNHA QUE XA FIXEMOS NO COLE E ENCANTOUNOS: POMPAS DE XABÓN. DÉIXOVOS VARIAS RECEITAS PARA QUE USEDES A QUE MÁIS COUSAS POIDADES APROVEITAR DE CASA E ASÍ NON TEÑADES QUE MERCAR.

NO COLE UTILIZAMOS 1 VASO DE AUGA, 1/2 DE XABÓN E 1/2 DE AZUCRE. DESPOIS DEIXÁMOLO REPOUSAR DÚAS HORAS.

AQUÍ DEIXO OUTRAS MESTURAS MÁIS PROFESIONAIS...



OUTRAS MESTURAS PARA FACER POMPAS 👉AQUÍ

TAMÉN CREAMOS OS NOSOS PROPIOS UTENSILIOS PARA FACER POMPAS COMO PODEDES VER NO VÍDEO:



UTENSILIOS:


BOTELLAS PEQUENAS CORTADAS POLA METADE



EMBUDE



LIMPIAPIPAS CON FORMAS (SON OS QUE PEOR FUNCIONARON)



PALLIÑAS


 CON PERCHAS DE METAL DA ROUPA E FÍO


PARA FACER POMPAS GRANDES CONSTRUIMOS UN UTENSILIO CON DOUS PAUCIÑOS E LA GROSA. TEMOS QUE CORTAR DOUS ANACOS DE LA: UN O DOBRE QUE O OUTRO. O ANACO PEQUENO ÁTASE EN LIÑA RECTA AOS DOUS EXTREMOS DE CADA UN DOS PAUS  E O OUTRO ÁTASE AO ANACO DE LA RECTO A 3 CM DOS EXTREMOS DOS PAUS. É IMPORTANTE QUE O ANACO DE LA GRANDE (QUE QUEDA EN FORMA DE U) NON TOQUE OS PAUCIÑOS.

  

NESTE TITORIAL EXPLÍCANO BEN. MIRADE DENDE O MINUTO 3,45 PARA O UTENSILIO DE POMPAS GRANDES 👆


🌞QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO CURUXAS!!!🌞

💓UN BICO ENORME!!!💓

No hay comentarios:

Publicar un comentario