miércoles, 1 de abril de 2020

DÍA 13 SEN COLE

BOS DÍAS A TOD@S!

COMO NOS ATOPAMOS HOXE? PARA COMEZAR CON ALEGRÍA E ANIMARNOS DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN PARA NEN@S E MAIORES (DE ROZALÉN, QUE TANTO NOS GUSTA, E ESTOPA) :




XA ESPERTAMOS CONTENTOS CON ESTA MÚSICA E ÍMOLO SEGUIR FACENDO XOGANDO HOXE A XOGOS DE LETRAS:

FOTO

HOXE COMPÁRTOVOS UNHA RECETA DE PASTA DE SAL QUE ME PASOU UNHA AMIGA E COA QUE FIXO COUSAS CHULÍSIMAS! É UNHA PASTA QUE PODEDES MODELAR E DEPOIS FORNEAR PARA QUE QUEDE DURA. PODEDES FACER BOLIÑAS PARA UN COLAR, AS LETRAS DO VOSO NOME, FORMAS PARA XOGAR (DINOSAURIOS, COCHES...) OU O QUE MÁIS VOS GUSTE. DESPOIS PODEDES PINTALA.

A RECETA É MOI FACILIÑA, CON COUSAS QUE TODOS TEMOS EN CASA:
- 300 G DE SAL
- 300 G DE FARIÑA
- 200 ML DE AUGA
- UNHA CULLERADA DE ACEITE DE XIRASOL

MESTURAR TODO, DARLLE A FORMA QUE MÁIS NOS GUSTE E FORNEAR A 180º DURANTE 20 MINUTIÑOS.




PARA REMATAR, UN CONTO DE SAL (E AZUCRE) QUE NOS ENCANTA:

 FOTO


QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO! UN BICO ENOOORME!

1 comentario:

  1. Ola, Curuxas! Canto tempo sen vernos. Xa vos boto de menos. Sei que estades a traballar moito. Seguro que tamén facedes moita psicomotricidade, a que sí?
    Moitos Bicos para vós e para a profe Aída!
    Profe Amparo.

    ResponderEliminar