jueves, 30 de abril de 2020

ACHÉGASE MAIO...

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

COMO ESTAMOS HOXE? O TEMPO NON NOS ACOMPAÑA PARA SAÍR Á RÚA... PERO ACHÉGASE MAIO, O MES DAS FLORES E, AÍNDA QUE ESTE ANO NON DISFRUTAREMOS DA FESTA DOS MAIOS, NON PASA NADA PORQUE SE PODEMOS SAÍR A RÚA SI DISFRUTAREMOS DAS FLORES!

SABELA E ALBA COMEZARON XA E ENVIÁRONNOS A SÚA ALFOMBRA PARA ANDAINA. ADEMAIS TAMÉN NOS DEDICARON UNHAS PRECIOSAS COPLAS!

HOLA SOMOS "AS CURUXAS"
TENEMOS MUCHO QUE CONTAR
SOMOS ALBA Y SABELA
NO PARAMOS DE JUGAR.

A LA ESCUELA VOLVEREMOS
A VER A NUESTROS COMPAÑEROS
KIRA, LÍA, LUCAS,  BRAIS
OS ECHAMOS YA DE MENOS.

















 

MARTÍN B. TAMÉN COMEZOU A TRABALLAR E PLANTOU XUDÍAS! TAMÉN NOS ENVÍA FOTO! →




E MARTÍN PIEDRAS NOS ENVIOU MENSAXE AXUDANDO A ÁNGEL E CANDELA NA INVESTIGACIÓN DO SEU BECHO... AÍNDA NON TEMOS UNHA RESPOSTA!






ESTA SEMANA, COMO NON PODERÍA SER DOUTRO XEITO, AS ACTIVIDADES VAN DEDICADAS ÁS FLORES!

HOXE IMOS XOGAR CON FLORES DE SÍLABAS. PREPAREI UNHA ACTIVIDADE DE LECTURA, ESCRITURA E NA QUE TEMOS QUE PENSAR MOITAS PALABRAS!

PODEDES FACELA EN ALTO, IMPRIMILA OU DECIRLLE A MAMI OU A PAPI QUE A COPIEN NUN FOLIO POIS SOLO TEÑEN QUE DEBUXAR FLORES E ESCRIBIR SÍLABAS. ESPERO QUE VOS GUSTE!

DEIXOVOS AS FOTOS DAS PÁXINAS E O PDF POR SE O QUEREDES DESCARGAR OU IMPRIMIR (AS SOLUCIÓNS ESTÁN NO PDF)





PARA ANIMARNOS NESTE DÍA... ESCOITAMOS A PROFE ISA CANTARLLE ÁS FLORES!




PARA REMATAR UN CONTO QUE ME ENCANTA E NO QUE APARECE UN RAMO DE FLORES... PARA QUEN SERÁ? SABERALO AO FINAL!

(FAI CLIC NA PORTADA PARA DESCARGALO EN PDF)

https://drive.google.com/file/d/1LzEE5-De0ZLIeBzOYK97mIPuUk-gge2H/view?usp=sharing


✨ MAÑÁ, AÍNDA QUE SEXA FESTIVO, ESTADE ATENT@S AO BLOGUE QUE SUBIMOS UN VÍDEO CON IDEAS PARA QUE LLE POIDADES FACER UN REGALO A MAMÁ NA CASA!

QUE TEÑADES MOI BO DÍA CURUXAS!😘

miércoles, 29 de abril de 2020

SEGUIMOS EN CONTACTO COA NATUREZA!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!

QUE GANAS TIÑAMOS DE SAÍR... ONTE TIVEMOS NOVO ENVÍO DE LUCAS PASEANDO EN BICI (QUE XA MANDARA DEBUXO, ESTÁ NO VÍDEO DOS PASEOS)


ALBA E SABELA, DESPOIS DE VER O VIDEO DA NOSA HORTA, ENVIARON AS CABAZAS QUE PLANTARON NA SÚA CASA! ENCANTÁRONNOS!


POR ÚLTIMO, ÁNGEL E CANDELA FORON DE PASEO TAMÉN , BUSCARON INSECTOS E QUIXERON AMOSÁRNOLOS. PIDEN AXUDA POIS NON ESTÁN SEGUROS DE CAL É O INSECTO QUE TEÑEN NO BOTE... SE ESTIVERAMOS NO COLE VISITARIAMOS A PROFE AMPARO QUE O SABE TODO SOBRE ELES!!!!! SEGURO QUE NOS LE E NOS PODE AXUDAR...😊

 

CANDO VIN AS FOTOS DE ÁNGEL E CANDELA ACORDEIME DE TODAS AS PREGUNTAS QUE FACEMOS EN CLASE SOBRE OS INSECTOS, CANDO LLE PREGUNTAMOS A GOOGLE SOBRE AS ABELLAS QUE TANTO LLE INTERESAN A BRAIS OU SOBRE TODOS OS BECHOS QUE ATOPA ROI NA SÚA PISCINA. TAMÉN DOS BECHOS QUE ATOPAMOS POLO PATIO E OS VERMES DE SEDA QUE TIVEMOS EN CLASE E QUE ESTE CURSO NON PODEMOS VER MEDRAR. 






POR ISTO, PROPÓÑOVOS PARA HOXE VER ESTE VÍDEO NO QUE NOS CONTAN MOITÍSIMAS COUSAS DOS INSECTOS:




E TAMÉN LER ESTE CONTO: A CASA DA MOSCA CHOSCA (FAI CLIC ENRIBA DO CONTO PARA DESCARGALO EN PDF)
 
https://drive.google.com/file/d/1IliyXIIy6eT6FQP4CUC3lh95I0CGZV2I/view?usp=sharing

POR ÚLTIMO, DECIRVOS QUE NOS TRABALLIÑOS QUE TEMOS NA CASA, HAI DÚAS LETRAS QUE FALAN DE DOUS BECHOS... A M E A S! SE VOS APETECE TAMÉN OS PODEDES LER E FACER AS LETRAS.

 QUE TEÑADES MOI BO DÍA CURUXAS! UN BICO ENORME!

martes, 28 de abril de 2020

A HORTA

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!!

COMO ESTAMOS? ESPERO QUE MOI BEN!
DESPOIS DESTES PASEOS... VÉXOVOS ESTUPENDOS!!!!!




NON SEI SE VOS ACORDAREDES... QUE DOUS DÍAS ANTES DE IRNOS PARA CASA AO CONFINAMENTO PLANTAMOS UNHAS LEITUGAS NA HORTA. DÉRONNOS MOITO TRABALLO PORQUE METÉMOLAS DENTRO DE ROLOS DE PAPEL E DESPOIS CORTAMOS BOTELLAS PARA PROTEXELAS.

O DÍA QUE FUN AO COLE A IMPRIMIR AS ACTIVIDADES PARA VÓS, PASEI A VELAS E A REGALAS E XA NON HABÍA MOITAS... PERO ALGUNHA SI. VOS DEIXO UN VÍDEO PARA QUE O POIDADES VELO POR VÓS MESM@S:




O COELLIÑO BRANCO, AO IGUAL QUE NÓS, PLANTOU NA SÚA HORTA, RECORDADES O QUE PLANTOU??? E TAMÉN TIVERA ALGÚNS PROBLEMAS CANDO VOLVEU DE RECOLLER... IMOS RECORDAR O CONTO E FACER UNHAS ACTIVIDADES QUE NOS PASOU O PROFE ESTEBAN!!!! TAMÉN LLE DAMOS AS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS😊

PARA ACCEDER AO XOGO FACEDE CLIC NA PORTADA DO CONTO.
CANDO ESTEDES NA ACTIVIDADE TEN UNHAS COLES PARA PULSAR, PERO NON FUNCIONAN. TENDES QUE DARLLE A FLECHA PARA AVANZAR OU RETROCEDER. PRIMEIRO LEENVOS O CONTO E DESPOIS TENDES MOITAS ACTIVIDADES PARA RESOLVER E XOGAR.

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/coellinho2/coellinho.html


PARA SEGUIR COA HORTA EN CASA E OBSERVAR COMO NACEN E MEDRAN AS PLANTAS, PROPÓÑOVOS QUE PLANTEDES UNHAS LENTELLAS OU UNHAS FABAS. PRECISADES UN VASIÑO (PODEMOS RECICLAR UN DE IOGUR) E TENDES QUE POÑER ALGODÓN HÚMIDO, LENTELLAS OU FABAS E BUSCAR UN SITIO ONDE LLE DE A LUZ.  DESPOIS, CO PASO DOS DÍAS IMOS OBSERVANDO E COMPARTINDO COS NOS@S COMPAÑEIROS QUE OCORRE... OBSERVADE AS FOTOS E ISTO É NO QUE SE TRANSFORMARÁN!

 

💓QUE TEÑADES UN DÍA ESTUPENDO!💓

 UN BICO ENORME CURUXAS!!!!!


lunes, 27 de abril de 2020

VOLVEMOS A PASEAR!

BOS DÍAS CURUXAS!!!!

COMO ESTAMOS HOXE? ESPERO QUE OS VOSOS PASEOS FOSEN ESTUPENDAMENTE.

XA VOLO ENVIEI NUNHA MENSAXE O SÁBADO, PERO VOLVO A COMPARTIR O CONTO DO OSO EN PDF (PARA QUE VOLO LEAN OU IMPRIMIR) E CON VOZ (EN VÍDEO). CON EL PODEMOS RECORDAR AS NORMAS QUE TEMOS QUE CUMPRIR PARA SAÍR DE CASA A DAR OS NOSOS PASEOS 😊

👉DESCARGA O CONTO EN PDF




A TAREFA PARA HOXE É FACER UN DEBUXO DA VOSA SAÍDA (DEBUXAR QUE FIXESTES, CON QUEN SAISTES Á RÚA, POLOS LUGARES QUE PASEASTES...). PODÉDELO ENVIAR POLO GRUPO (SÓ O DEBUXO OU ACOMPAÑADO DE UNHA FOTO) E ASÍ PREPARO UN VÍDEO PARA QUE POIDADES VER AS SAÍDAS DO RESTO DAS CURUXAS, QUE VOS PARECE? SEGURO QUE NOS SENTIMOS MÁIS ACOMPAÑADOS VENDO O VÍDEO!


TEMOS MOITAS NOVIDADES ESTE LUNS... XA QUE O SÁBADO TIVEMOS VIDEOCHAMADA! FALAMOS UN RATIÑO, COMPARTIMOS UN CONTO CURTIÑO E... FELICITAMOS A LÍA QUE ESTABA DE ANIVERSARIO!!!! A PESAR DE ESTAR EN CASA TIVO MOOOITAS SORPRESAS... DEBUXOS, MÚSICA, REGALOS E UN VÍDEO DA SÚA FAMILIA! ADEMAIS DA NOSA CHAMADA.

ESPERAMOS QUE TIVERAS UN DÍA FANTÁSTICO LÍA!




 

NA VIDEOCHAMADA COMPARTÍN UN XOGO QUE FIXEN MOI MOI SINXELO PERO QUE TEN VARIOS USOS. É UN CARTÓN DE OVOS CON DÚAS CINTAS DE PAPEL FORRADAS CON PRECINTO TRANSPARENTE (PARA PODER ESCRIBIR CON ROTULADOR E BORRAR). NO LUGAR DE CADA UN DOS OVOS FACEMOS UN BURATO. NECESITAMOS FABAS OU ALGO PEQUENO QUE POIDAMOS INTRODUCIR POLOS BURATIÑOS. PODEMOS UTILIZALO DOS SEGUINTES XEITOS:

1. PARA ESCRIBIR OS NÚMEROS E BOTAR EN CADA BURATO TANTAS FABAS COMO O NÚMERO INDICADO.


2. COMO MÁQUINA DE SUMAS: POÑEMOS UNHA SUMA (POR EXEMPLO 3 + 2) BOTAMOS NO MISMO BURATO A CANTIDADE DOS SUMANDOS E AO ABRIR TEMOS O RESULTADO.


3. PARA DESCOMPOÑER UN NÚMERO. ESCOLLEMOS UN NÚMERO (NO EXEMPLO O 10) E TEMOS QUE REPARTIR 10 FABAS ENTRE DOUS BURATOS (ARRIBA E ABAIXO) PARA QUE SUMEN O NÚMERO ESCOLLIDO. FACEMOS VARIAS POSIBILIDADES DE DESCOMPOSICIÓN COMO NO EXEMPLO.


PARA REMATAR DÉIXOVOS UN BAÑO SONORO QUE NOS FIXERON OS NENOS DE 6º E A PROFE ISA DOS DEPORTES. E TAMÉN UNHA CANCIÓN QUE ELA NOS CANTA COA SÚA FILLA AYLÉN! SEGURO QUE VOS ENCANTA ESCOITALA!





 QUE TEÑADES UN DÍA FANTÁSTICO! UN BICO ENOORME!

viernes, 24 de abril de 2020

ENTRENAMOS A MEMORIA

MOI BOS DÍAS CURUXAS!

XOXE É VENRES E O PROFE ÁLEX COMPARTE CON NÓS DÚAS CANCIÓNS EN INGLÉS!




COMO ALGÚNS ME DICIDES QUE OS TRABALLOS QUE MÁIS VOS GUSTARON FORON OS DE XOGOS DE PENSAR... HOXE DÉIXOVOS UNS XOGOS DE MEMORIA.

NESTA PÁXINA, SE IDES AO APARTADO SUPERIOR QUE PON INFANTIL, ATOPADES TAMÉN PUZZLES, ACTIVIDADES DE UNIR, OS PUNTOS, DE BUSCAR AS DIFERENCIAS E OUTRAS PERO A MAIORÍA SON  DE IMPIMIR. COMO MOITOS NON TEMOS IMPRESORA EN CASA, O XOGO QUE COMPARTO É PARA XOGAR NO ORDENADOR. OS QUE A TENDES PODEDES DESCARGAR MÁIS NO LUGAR QUE VOS INDIQUEI.

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER
https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/memoria-ninos#

TAMÉN, COMO DURANTE A FIN DE SEMANA IMOS TER VIDEOCHAMADA, VOS QUERÍA PEDIR QUE PENSEDES ALGO QUE QUEREDES COMPARTIR, AMOSAR, CONTAR... AOS COMPAÑEIROS E PODEMOS ANOTALO NUN PAPELIÑO PARA QUE NON NOS ESQUEZA. 

POR ÚLTIMO, DÉIXOVOS UN CONTO (PÁJARO AMARILLO) E A MANUALIDADE PARA FACER CON COUSAS DE CASA QUEDA PARA A VIDEOCHAMADA... ASÍ TAMÉN TEÑO ALGO QUE CONTARVOS!

https://drive.google.com/file/d/1Me2U3pGYs5JYADsWUFhoVJmG1eGX8nw8/view?usp=sharing

QUE TEÑADES MOI BO DÍA! 

DISFRUTADE MOITO DO PASEO DO DOMINGO 😉



jueves, 23 de abril de 2020

HOXE É O DÍA DO LIBRO

MOI BOS DÍAS CURUXAS!

HOXE, 23 DE ABRIL, CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO. POLO QUE IMOS COÑECER ALGUNHAS CURIOSIDADES DESTE DÍA E DE ALGÚNS ESCRITORES NESTE PEQUENO VÍDEO!




A ACTIVIDADE QUE COMPARTIMOS HOXE É UN MARCAPÁXINAS MOI FACILIÑO E CON COUSAS QUE SEGURO TEMOS NA CASA. ATREVÉDESVOS? EU XA FIXEN O MEU...




TAMÉN VOS QUERÍA RECORDAR QUE A MAMI DE MARTÍN P. (ALMUDENA) COMPARTIU CON NÓS UN ENLACE PARA CREAR O TEU PROPIO CONTO, QUE ADEMAIS, PODES COLOREAR. HOXE SERÍA UN BO DÍA PARA FACER ESTA ACTIVIDADE E QUE VOS QUEDE DE RECORDO!

VOU DEIXAR POR AQUÍ O ENLACE PORQUE ESTÁ XENIAL! TENDES QUE ESCRIBIR O NOME DO PROTAGONISTA DO CONTO, O DE PAPI OU MAMI E UNHA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO. TAMÉN PODEDES ESCOLLER FORMA E COR DE PELO, SE TENDES GAFAS OU NON, A COR DA PEL E A FORMA E COR DOS OLLOS. AOS CINCO MINUTIÑOS DE FACELO RECIBÍDELO NO MAIL!

ASÍ NOS CHEGOU A NÓS! ↴




COMPARTO A DIRECCIÓN:  https://hurraheroes.com/libro-colorear-todas-estaciones

 GRACIAS ALMUDENA!


POR ÚLTIMO COMPARTO UN CONTO PARA QUE SE ALGÚN DÍA DESTES, NOS QUE ESTAMOS CANSOS, PERDEDES A RISA... A SAIBADES ATOPAR!


https://drive.google.com/file/d/1oEOAb5bo13KqKALGjEQCS4Qg3mn_i0nN/view?usp=sharing

MILES DE BICOS CURUXAS! 😘💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓

miércoles, 22 de abril de 2020

UN MÉRCORES MOI DOCE!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!

ESPERO QUE SAIRADES Á VENTÁ COMO NOS RECOMENDOU VÍCTOR (O PAPI DE BRAIS) A VER AS LÍRIDAS. SE NON SAISTES IMOS VER ESTRELAS TAMÉN NO VÍDEO DE HOXE, PERO COMESTIBLES!

RECORDADES QUE O CURSO PASADO FIXEMOS UN BISCOITO DE CHOCOLATE QUE ESTABA BOÍSIMO? DESPOIS DECORÁMOLO CON ESTRELAS E PLANETAS PARA CREAR O NOSO PROPIO UNIVERSO. MARTÍN, EMMA E ELSA NON ESTABAN AÍNDA CON NÓS, PERO SEGURO QUE TAMÉN LLES VAI A ENCANTAR!!!!

HOXE IMOS FACER QUE O DÍA SEXA MOITO MÁIS DOCE! ADEMAIS, LÍA VAI ESTAR DE CUMPLE NUNS DÍAS... E ASÍ PODE IR PRACTICANDO PARA FACER O SEU BISCOITO DE ANIVERSARIO!

NO VÍDEO TEMOS OS INGREDIENTES (QUE SE MIDEN TODOS POLO VASIÑO DE IOGUR) E OS PASOS A SEGUIR!



PARA SEGUIR RECORDANDO O CHOCOLATE... COMPARTO O CONTO DE CHOCOLATA (EN PDF PARA QUE VOLO LEA UN ADULTO), A CANCIÓN E A PELI. PODEDES ESCOLLER QUE VOS APETECE! FAI CLIC NO QUE PREFIRAS.

FOTO

<iframe allowfullscreen="" frameborder="0" height="344" src="https://www.youtube.com/embed/RogBI1rJQKg" width="459"></iframe>

<iframe allowfullscreen="" frameborder="0" height="270" src="https://www.youtube.com/embed/hZSijPSMS38" width="480"></iframe>


POR HOXE NADA MÁIS! 

QUE TEÑADES UN DÍA FANTÁSTICO CURUXAS!

💓BÓTOVOS MOITO DE MENOS!💓



martes, 21 de abril de 2020

OS NOSOS TRABALLOS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!
COMO ESTAMOS? EU DESPOIS DE VER O GUAP@S E MAIORES QUE ESTADES MOITO MÁIS FELIZ! ESPERO QUE VÓS TAMÉN!

ANTES DE COMEZAR, DÉIXOVOS UN VÍDEO DAS ACTIVIDADES QUE FOMOS FACENDO NESTE TEMPO, QUE COMPARTIMOS POLO GRUPO, QUE SON MOOOITAS! ESTAMOS FEITOS UNS CAMPEÓNS!


HOXE, XOGAMOS COS ANIMAIS (TAMÉN HAI DINOSAURIOS) NO ENLACE QUE COMPARTIU CON NÓS MARTÍN P.

(FAI CLIC NA IMAXE PARA XOGAR)
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-animales


HOXE CON COUSAS QUE PODEMOS FACER EN CASA RETOMAMOS DÚAS IDEAS QUE XURDIRON NA VIDEOCHAMADA: AS LANTERNAS DE FORMAS E AS PALLIÑAS DE JON E LUCAS!




POR ÚLTIMO UN CONTO DE ELSA PARA IRNOS A DURMIR!

NORABOA A TODAS AS CURUXAS POLO SEU TRABALLO E AS SÚAS FAMILIAS! 

ÁNIMO E PACIENCIA! 

GRAZAS A JUAN (PAPI DE CANDELA C.) POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE VOLVERNOS A VER.

 MOI BO DÍA!😊

viernes, 17 de abril de 2020

HOXE... EXPERIMENTO!

BOS DÍAS CURUXAS!!!

COMO NOS LEVANTAMOS HOXE? É VENRES E, COMO NOS TOCARÍA INGLÉS, O PROFE ÁLEX NOS MANDA UNHAS CANCIÓNS:

Weather Song: The Sun Comes Up!



  Do You Like Broccoli Ice Cream?



Colors Song: I See Something Blue 



ADEMAIS DAS CANCIÓNS DO PROFE ÁLEX COMPARTO UN VÍDEO DA RUTINA DO ENCARGADO A CASIÑA DAS LETRAS, PARA QUE NA CASA SIGADES PENSANDO PALABRAS!




POR ÚLTIMO UN EXPERIMENTO CON MAICENA E AUGA QUE VOS VAI ENCANTAR: SÓLIDO - LÍQUIDO




DE ESTE VÍDEO A PARTIR DO MINUTO 3:45

GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ÁNIMO ÁS CURUXAS! XA QUEDA MENOS!😘

jueves, 16 de abril de 2020

VOAMOS AO ESPAZO!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!

HOXE IMOS RECORDAR O PROXECTO DO ESPAZO QUE TRABALLAMOS O CURSO PASADO! COMEZAMOS CUNHA CANCIÓN MOI SINXELA QUE PRACTICAMOS EN CLASE, XA QUE Á COLECCIÓN DE CONTOS Á QUE PERTENCE, NOS ENCANTA!




IMOS TRABALLAR HOXE OS NÚMEROS E LER UN PEQUENO POEMIÑA RELACIONADO CO ESPAZO. O POEMA ESTÁ ESCRITO EN MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS PARA QUE CADA UN O INTENTE LER COMO PREFIRA.

AS ACTIVIDADES MATEMÁTICAS SON:

- A PRIMEIRA É DE ESCRIBIR O NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR (PEDÍMOSLLE A UN ADULTO QUE NOS AXUDE A COPIALA NUN PAPEL)

- A SEGUNDA PODEMOS ESCRIBILA OU FACELA EN ALTO. TEMOS QUE POÑER A BOCA ABERTA DO CROCODILO CARA O NÚMERO QUE SEXA MAIOR, XA QUE TEN MOOOITA FAME.

A CONTINUACIÓN DEIXO TODAS AS FOLLAS EN JPEG (FOTO) E TAMÉN EN PDF.





DESCARGAR EN PDF

CO CONTO DE HOXE TAMÉN VIAXAMOS AO ESPAZO... PODEDES DESCARGALO EN PDF FACENDO CLIC NA IMAXE OU VELO EN VÍDEO.

FOTO




POR ÚLTIMO MANUALIDADES DO ESPAZO PARA FACER CON COUSAS DE CASA...







OU TAMÉN, COMO FIXO O NOSO COMPAÑEIRO BRAIS, CREAR UN FOGUETE NA CASA E VIAXAR A ONDE A NOSA IMAXINACIÓN NOS LEVE!




💓 MOI BO DÍA CURUXAS!!! BÓTOVOS MOITO DE MENOS! 💓


miércoles, 15 de abril de 2020

FAMILIAS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!

COMO NOS LEVANTAMOS HOXE? ESPERO QUE CON MOITA ENERXÍA! PARA COMEZAR O DÍA DÉIXOVOS A CANCIÓN DE MACACO QUE CANTAMOS O DÍA DA PAZ. SABEMOS BAILAR O ESTRIBILLO DUN VÍDEO QUE A PROFE AMPARO COMPARTIU CON NÓS NO QUE A CANCIÓN "MENSAJES DEL AGUA" ESTÁ EN LINGUAXE DE SIGNOS. PODEMOS BAILAR PARA ESPERTAR O CORPO!



A PROFE AMPARO ENVIOUME UN BICO ENOOORME PARA TOD@S VÓS! ELA E O PROFE GUILLE TEÑEN UNHA WEB CON ACTIVIDADES E XOGOS DE EDUCACIÓN FÍSICA. SE QUEREDES VELO FACEDE CLIC NA IMAXE:

FOTO


HOXE IMOS DEDICAR O DÍA ÁS FAMILIAS! COAS QUE TANTO TEMPO ESTAMOS PASANDO E TANTAS COUSAS IMOS FACER CANDO REMATE ESTE TEMPO DE ESTAR EN CASA... IMOS LER ESTE CONTO (NECESITAMOS A AXUDA DUN ADULTO) E A TAREFA PARA HOXE ESTÁ AO PRINCIPIO DO CONTO (PERO A FACEMOS AO REMATAR DE LER A HISTORIA). A TAREFA É DEBUXAR A FAMILIA E INVENTAR UN NOME PARA CADA UN DOS SEUS MEMBROS. CANDO REMATEDES, OS QUE QUEIRADES, PODEDES ENVIARME UNHA FOTO E ASÍ COMPARTÍMOLA.

(FAI CLIC ENRIBA DA FOTO PARA IR AO PDF DO CONTO)

FOTO


POR ÚLTIMO DÉIXOVOS UN XOGO CON TAPÓNS DE PLÁSTICO. SE QUEREDES VER UN VÍDEO TUTORIAL DE COMO SE FAI FACEDE CLIC NA IMAXE. 

FOTO

💓QUE TEÑADES MOI BO DÍA CURUXAS!💓

martes, 14 de abril de 2020

BOS DÍAS CURUXAS!!!

VOLVEMOS A COMEZAR AS ACTIVIDADES! ESPERO QUE PASARADES UNHAS BOAS VACACIÓNS (AÍNDA QUE DISTINTAS) DESFRUTANDO DAS VOSAS FAMILIAS!

IMOS COMEZAR ESTA SEMANA CON POESÍA. COA AXUDA DE UN ADULTO IMOS LER UN POEMA E IMOS BUSCAR QUE PALABRAS RIMAN. ACORDÁMONOS QUE ERAN AS PALABRAS QUE RIMAN?

AS PALABRAS QUE RIMAN SON AQUELAS QUE ESCOITAMOS QUE REMATAN IGUAL OU PARECIDO. POR EXEMPLO: 

BALÓN - MARRÓN - TACÓN

CARACOL - XIRASOL - CORAZÓN


NA CLASE, MOITAS VECES FACEMOS RIMAS CANDO INVENTAMOS LETRAS PARA AS CANCIÓNS OU TAMÉN CO FINAL DOS NOSOS NOMES. TAMÉN PARA DESPEDIRNOS LEMOS POESÍAS E AOS NOSOS OÍDOS ENCÁNTANLLES! SEMPRE QUEREMOS MÁIS...
AQUÍ VOS DEIXO UNHA QUE É COÑECIDA:

POR SE NON TENDES CERCA A UN ADULTO DÉIXOVOS O VÍDEO TAMÉN:



 A ACTIVIDADE QUE IMOS FACER É BUSCAR PALABRAS QUE RIMAN ENTRE DISTINTOS DEBUXOS. COMO SEMPRE, NON TEMOS QUE IMPRIMILA, PODEMOS VELA E FACELA EN ALTO (FAI CLIC NA IMAXE)

FOTO


TAMÉN PODEMOS ESCRIBIR (NUN FOLIO OU LIBRETA QUE TEÑAMOS EN CASA) PALABRAS QUE RIMEN COS NOMES DOS NOSOS COMPAÑEIR@S.

O CONTO DE HOXE TAMÉN RIMA:




PARA REMATAR, UNHA MANUALIDADE FÁCIL, PARA OS QUE SAIMOS A APLAUDIR AO BALCÓN ÁS 20:00!

MOI BO DÍA CURUXAS!

BÓTOVOS MOITO DE MENOS!