COMO ESTAMOS HOXE? ESPERO QUE OS VOSOS PASEOS FOSEN ESTUPENDAMENTE.
XA VOLO ENVIEI NUNHA MENSAXE O SÁBADO, PERO VOLVO A COMPARTIR O CONTO DO OSO EN PDF (PARA QUE VOLO LEAN OU IMPRIMIR) E CON VOZ (EN VÍDEO). CON EL PODEMOS RECORDAR AS NORMAS QUE TEMOS QUE CUMPRIR PARA SAÍR DE CASA A DAR OS NOSOS PASEOS 😊
👉DESCARGA O CONTO EN PDF
A TAREFA PARA HOXE É FACER UN DEBUXO DA VOSA SAÍDA (DEBUXAR QUE FIXESTES, CON QUEN SAISTES Á RÚA, POLOS LUGARES QUE PASEASTES...). PODÉDELO ENVIAR POLO GRUPO (SÓ O DEBUXO OU ACOMPAÑADO DE UNHA FOTO) E ASÍ PREPARO UN VÍDEO PARA QUE POIDADES VER AS SAÍDAS DO RESTO DAS CURUXAS, QUE VOS PARECE? SEGURO QUE NOS SENTIMOS MÁIS ACOMPAÑADOS VENDO O VÍDEO!
TEMOS MOITAS NOVIDADES ESTE LUNS... XA QUE O SÁBADO TIVEMOS VIDEOCHAMADA! FALAMOS UN RATIÑO, COMPARTIMOS UN CONTO CURTIÑO E... FELICITAMOS A LÍA QUE ESTABA DE ANIVERSARIO!!!! A PESAR DE ESTAR EN CASA TIVO MOOOITAS SORPRESAS... DEBUXOS, MÚSICA, REGALOS E UN VÍDEO DA SÚA FAMILIA! ADEMAIS DA NOSA CHAMADA.
ESPERAMOS QUE TIVERAS UN DÍA FANTÁSTICO LÍA!
NA VIDEOCHAMADA COMPARTÍN UN XOGO QUE FIXEN MOI MOI SINXELO PERO QUE TEN VARIOS USOS. É UN CARTÓN DE OVOS CON DÚAS CINTAS DE PAPEL FORRADAS CON PRECINTO TRANSPARENTE (PARA PODER ESCRIBIR CON ROTULADOR E BORRAR). NO LUGAR DE CADA UN DOS OVOS FACEMOS UN BURATO. NECESITAMOS FABAS OU ALGO PEQUENO QUE POIDAMOS INTRODUCIR POLOS BURATIÑOS. PODEMOS UTILIZALO DOS SEGUINTES XEITOS:
1. PARA ESCRIBIR OS NÚMEROS E BOTAR EN CADA BURATO TANTAS FABAS COMO O NÚMERO INDICADO.
2. COMO MÁQUINA DE SUMAS: POÑEMOS UNHA SUMA (POR EXEMPLO 3 + 2) BOTAMOS NO MISMO BURATO A CANTIDADE DOS SUMANDOS E AO ABRIR TEMOS O RESULTADO.
3. PARA DESCOMPOÑER UN NÚMERO. ESCOLLEMOS UN NÚMERO (NO EXEMPLO O 10) E TEMOS QUE REPARTIR 10 FABAS ENTRE DOUS BURATOS (ARRIBA E ABAIXO) PARA QUE SUMEN O NÚMERO ESCOLLIDO. FACEMOS VARIAS POSIBILIDADES DE DESCOMPOSICIÓN COMO NO EXEMPLO.
PARA REMATAR DÉIXOVOS UN BAÑO SONORO QUE NOS FIXERON OS NENOS DE 6º E A PROFE ISA DOS DEPORTES. E TAMÉN UNHA CANCIÓN QUE ELA NOS CANTA COA SÚA FILLA AYLÉN! SEGURO QUE VOS ENCANTA ESCOITALA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario