miércoles, 15 de abril de 2020

FAMILIAS!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!

COMO NOS LEVANTAMOS HOXE? ESPERO QUE CON MOITA ENERXÍA! PARA COMEZAR O DÍA DÉIXOVOS A CANCIÓN DE MACACO QUE CANTAMOS O DÍA DA PAZ. SABEMOS BAILAR O ESTRIBILLO DUN VÍDEO QUE A PROFE AMPARO COMPARTIU CON NÓS NO QUE A CANCIÓN "MENSAJES DEL AGUA" ESTÁ EN LINGUAXE DE SIGNOS. PODEMOS BAILAR PARA ESPERTAR O CORPO!



A PROFE AMPARO ENVIOUME UN BICO ENOOORME PARA TOD@S VÓS! ELA E O PROFE GUILLE TEÑEN UNHA WEB CON ACTIVIDADES E XOGOS DE EDUCACIÓN FÍSICA. SE QUEREDES VELO FACEDE CLIC NA IMAXE:

FOTO


HOXE IMOS DEDICAR O DÍA ÁS FAMILIAS! COAS QUE TANTO TEMPO ESTAMOS PASANDO E TANTAS COUSAS IMOS FACER CANDO REMATE ESTE TEMPO DE ESTAR EN CASA... IMOS LER ESTE CONTO (NECESITAMOS A AXUDA DUN ADULTO) E A TAREFA PARA HOXE ESTÁ AO PRINCIPIO DO CONTO (PERO A FACEMOS AO REMATAR DE LER A HISTORIA). A TAREFA É DEBUXAR A FAMILIA E INVENTAR UN NOME PARA CADA UN DOS SEUS MEMBROS. CANDO REMATEDES, OS QUE QUEIRADES, PODEDES ENVIARME UNHA FOTO E ASÍ COMPARTÍMOLA.

(FAI CLIC ENRIBA DA FOTO PARA IR AO PDF DO CONTO)

FOTO


POR ÚLTIMO DÉIXOVOS UN XOGO CON TAPÓNS DE PLÁSTICO. SE QUEREDES VER UN VÍDEO TUTORIAL DE COMO SE FAI FACEDE CLIC NA IMAXE. 

FOTO

💓QUE TEÑADES MOI BO DÍA CURUXAS!💓

2 comentarios:

  1. Moi boas! Bicos, moitos bicos! E cando queirades, podemos xogar a algún desos xogos que nos propón a profe Aida.
    Profe Amparo.

    ResponderEliminar
  2. QUE BOAS IDEAS NOS DEIXA A PROFE AIDA PARA AS CURUXAS A PARA OS DEMAIS, QUE SEMPRE NOS SERVEN DE INSPIRACIÓN. SAÚDOS DAS FORMIGAS.

    ResponderEliminar