HOXE IMOS RECORDAR O PROXECTO DO ESPAZO QUE TRABALLAMOS O CURSO PASADO! COMEZAMOS CUNHA CANCIÓN MOI SINXELA QUE PRACTICAMOS EN CLASE, XA QUE Á COLECCIÓN DE CONTOS Á QUE PERTENCE, NOS ENCANTA!
IMOS TRABALLAR HOXE OS NÚMEROS E LER UN PEQUENO POEMIÑA RELACIONADO CO ESPAZO. O POEMA ESTÁ ESCRITO EN MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS PARA QUE CADA UN O INTENTE LER COMO PREFIRA.
AS ACTIVIDADES MATEMÁTICAS SON:
- A PRIMEIRA É DE ESCRIBIR O NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR (PEDÍMOSLLE A UN ADULTO QUE NOS AXUDE A COPIALA NUN PAPEL)
- A SEGUNDA PODEMOS ESCRIBILA OU FACELA EN ALTO. TEMOS QUE POÑER A BOCA ABERTA DO CROCODILO CARA O NÚMERO QUE SEXA MAIOR, XA QUE TEN MOOOITA FAME.
A CONTINUACIÓN DEIXO TODAS AS FOLLAS EN JPEG (FOTO) E TAMÉN EN PDF.
DESCARGAR EN PDF
CO CONTO DE HOXE TAMÉN VIAXAMOS AO ESPAZO... PODEDES DESCARGALO EN PDF FACENDO CLIC NA IMAXE OU VELO EN VÍDEO.
POR ÚLTIMO MANUALIDADES DO ESPAZO PARA FACER CON COUSAS DE CASA...
OU TAMÉN, COMO FIXO O NOSO COMPAÑEIRO BRAIS, CREAR UN FOGUETE NA CASA E VIAXAR A ONDE A NOSA IMAXINACIÓN NOS LEVE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario