martes, 14 de abril de 2020

BOS DÍAS CURUXAS!!!

VOLVEMOS A COMEZAR AS ACTIVIDADES! ESPERO QUE PASARADES UNHAS BOAS VACACIÓNS (AÍNDA QUE DISTINTAS) DESFRUTANDO DAS VOSAS FAMILIAS!

IMOS COMEZAR ESTA SEMANA CON POESÍA. COA AXUDA DE UN ADULTO IMOS LER UN POEMA E IMOS BUSCAR QUE PALABRAS RIMAN. ACORDÁMONOS QUE ERAN AS PALABRAS QUE RIMAN?

AS PALABRAS QUE RIMAN SON AQUELAS QUE ESCOITAMOS QUE REMATAN IGUAL OU PARECIDO. POR EXEMPLO: 

BALÓN - MARRÓN - TACÓN

CARACOL - XIRASOL - CORAZÓN


NA CLASE, MOITAS VECES FACEMOS RIMAS CANDO INVENTAMOS LETRAS PARA AS CANCIÓNS OU TAMÉN CO FINAL DOS NOSOS NOMES. TAMÉN PARA DESPEDIRNOS LEMOS POESÍAS E AOS NOSOS OÍDOS ENCÁNTANLLES! SEMPRE QUEREMOS MÁIS...
AQUÍ VOS DEIXO UNHA QUE É COÑECIDA:

POR SE NON TENDES CERCA A UN ADULTO DÉIXOVOS O VÍDEO TAMÉN:



 A ACTIVIDADE QUE IMOS FACER É BUSCAR PALABRAS QUE RIMAN ENTRE DISTINTOS DEBUXOS. COMO SEMPRE, NON TEMOS QUE IMPRIMILA, PODEMOS VELA E FACELA EN ALTO (FAI CLIC NA IMAXE)

FOTO


TAMÉN PODEMOS ESCRIBIR (NUN FOLIO OU LIBRETA QUE TEÑAMOS EN CASA) PALABRAS QUE RIMEN COS NOMES DOS NOSOS COMPAÑEIR@S.

O CONTO DE HOXE TAMÉN RIMA:




PARA REMATAR, UNHA MANUALIDADE FÁCIL, PARA OS QUE SAIMOS A APLAUDIR AO BALCÓN ÁS 20:00!

MOI BO DÍA CURUXAS!

BÓTOVOS MOITO DE MENOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario