miércoles, 29 de abril de 2020

SEGUIMOS EN CONTACTO COA NATUREZA!

MOI BOS DÍAS CURUXAS!!!

QUE GANAS TIÑAMOS DE SAÍR... ONTE TIVEMOS NOVO ENVÍO DE LUCAS PASEANDO EN BICI (QUE XA MANDARA DEBUXO, ESTÁ NO VÍDEO DOS PASEOS)


ALBA E SABELA, DESPOIS DE VER O VIDEO DA NOSA HORTA, ENVIARON AS CABAZAS QUE PLANTARON NA SÚA CASA! ENCANTÁRONNOS!


POR ÚLTIMO, ÁNGEL E CANDELA FORON DE PASEO TAMÉN , BUSCARON INSECTOS E QUIXERON AMOSÁRNOLOS. PIDEN AXUDA POIS NON ESTÁN SEGUROS DE CAL É O INSECTO QUE TEÑEN NO BOTE... SE ESTIVERAMOS NO COLE VISITARIAMOS A PROFE AMPARO QUE O SABE TODO SOBRE ELES!!!!! SEGURO QUE NOS LE E NOS PODE AXUDAR...😊

 

CANDO VIN AS FOTOS DE ÁNGEL E CANDELA ACORDEIME DE TODAS AS PREGUNTAS QUE FACEMOS EN CLASE SOBRE OS INSECTOS, CANDO LLE PREGUNTAMOS A GOOGLE SOBRE AS ABELLAS QUE TANTO LLE INTERESAN A BRAIS OU SOBRE TODOS OS BECHOS QUE ATOPA ROI NA SÚA PISCINA. TAMÉN DOS BECHOS QUE ATOPAMOS POLO PATIO E OS VERMES DE SEDA QUE TIVEMOS EN CLASE E QUE ESTE CURSO NON PODEMOS VER MEDRAR. 






POR ISTO, PROPÓÑOVOS PARA HOXE VER ESTE VÍDEO NO QUE NOS CONTAN MOITÍSIMAS COUSAS DOS INSECTOS:




E TAMÉN LER ESTE CONTO: A CASA DA MOSCA CHOSCA (FAI CLIC ENRIBA DO CONTO PARA DESCARGALO EN PDF)
 
https://drive.google.com/file/d/1IliyXIIy6eT6FQP4CUC3lh95I0CGZV2I/view?usp=sharing

POR ÚLTIMO, DECIRVOS QUE NOS TRABALLIÑOS QUE TEMOS NA CASA, HAI DÚAS LETRAS QUE FALAN DE DOUS BECHOS... A M E A S! SE VOS APETECE TAMÉN OS PODEDES LER E FACER AS LETRAS.

 QUE TEÑADES MOI BO DÍA CURUXAS! UN BICO ENORME!

No hay comentarios:

Publicar un comentario