XOXE É VENRES E O PROFE ÁLEX COMPARTE CON NÓS DÚAS CANCIÓNS EN INGLÉS!
COMO ALGÚNS ME DICIDES QUE OS TRABALLOS QUE MÁIS VOS GUSTARON FORON OS DE XOGOS DE PENSAR... HOXE DÉIXOVOS UNS XOGOS DE MEMORIA.
NESTA PÁXINA, SE IDES AO APARTADO SUPERIOR QUE PON INFANTIL, ATOPADES TAMÉN PUZZLES, ACTIVIDADES DE UNIR, OS PUNTOS, DE BUSCAR AS DIFERENCIAS E OUTRAS PERO A MAIORÍA SON DE IMPIMIR. COMO MOITOS NON TEMOS IMPRESORA EN CASA, O XOGO QUE COMPARTO É PARA XOGAR NO ORDENADOR. OS QUE A TENDES PODEDES DESCARGAR MÁIS NO LUGAR QUE VOS INDIQUEI.
FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER
TAMÉN, COMO DURANTE A FIN DE SEMANA IMOS TER VIDEOCHAMADA, VOS QUERÍA PEDIR QUE PENSEDES ALGO QUE QUEREDES COMPARTIR, AMOSAR, CONTAR... AOS COMPAÑEIROS E PODEMOS ANOTALO NUN PAPELIÑO PARA QUE NON NOS ESQUEZA.
POR ÚLTIMO, DÉIXOVOS UN CONTO (PÁJARO AMARILLO) E A MANUALIDADE PARA FACER CON COUSAS DE CASA QUEDA PARA A VIDEOCHAMADA... ASÍ TAMÉN TEÑO ALGO QUE CONTARVOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario