COMO ESTAMOS? ESPERO QUE MOI BEN!
DESPOIS DESTES PASEOS... VÉXOVOS ESTUPENDOS!!!!!
NON SEI SE VOS ACORDAREDES... QUE DOUS DÍAS ANTES DE IRNOS PARA CASA AO CONFINAMENTO PLANTAMOS UNHAS LEITUGAS NA HORTA. DÉRONNOS MOITO TRABALLO PORQUE METÉMOLAS DENTRO DE ROLOS DE PAPEL E DESPOIS CORTAMOS BOTELLAS PARA PROTEXELAS.
O DÍA QUE FUN AO COLE A IMPRIMIR AS ACTIVIDADES PARA VÓS, PASEI A VELAS E A REGALAS E XA NON HABÍA MOITAS... PERO ALGUNHA SI. VOS DEIXO UN VÍDEO PARA QUE O POIDADES VELO POR VÓS MESM@S:
O COELLIÑO BRANCO, AO IGUAL QUE NÓS, PLANTOU NA SÚA HORTA, RECORDADES O QUE PLANTOU??? E TAMÉN TIVERA ALGÚNS PROBLEMAS CANDO VOLVEU DE RECOLLER... IMOS RECORDAR O CONTO E FACER UNHAS ACTIVIDADES QUE NOS PASOU O PROFE ESTEBAN!!!! TAMÉN LLE DAMOS AS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS😊
PARA ACCEDER AO XOGO FACEDE CLIC NA PORTADA DO CONTO.
CANDO ESTEDES NA ACTIVIDADE TEN UNHAS COLES PARA PULSAR, PERO NON FUNCIONAN. TENDES QUE DARLLE A FLECHA PARA AVANZAR OU RETROCEDER. PRIMEIRO LEENVOS O CONTO E DESPOIS TENDES MOITAS ACTIVIDADES PARA RESOLVER E XOGAR.
PARA SEGUIR COA HORTA EN CASA E OBSERVAR COMO NACEN E MEDRAN AS PLANTAS, PROPÓÑOVOS QUE PLANTEDES UNHAS LENTELLAS OU UNHAS FABAS. PRECISADES UN VASIÑO (PODEMOS RECICLAR UN DE IOGUR) E TENDES QUE POÑER ALGODÓN HÚMIDO, LENTELLAS OU FABAS E BUSCAR UN SITIO ONDE LLE DE A LUZ. DESPOIS, CO PASO DOS DÍAS IMOS OBSERVANDO E COMPARTINDO COS NOS@S COMPAÑEIROS QUE OCORRE... OBSERVADE AS FOTOS E ISTO É NO QUE SE TRANSFORMARÁN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario